Diario Oficial de Galicia, 12-04-2006, Núm. 72, Páx. 5810
Orde do 4 de abril de 2006 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2006 as axudas á silvicultura en bosques no medio rural.
A Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, adaptando este texto ao disposto na Lei estatal 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, a Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 aproba os orzamentos para este ano.
O regulamento comunitario 1257/99 sobre axudas ao desenvolvemento rural establece no seu artigo 30 que a axuda á silvicultura se destinará, entre outras accións, aos investimentos efectuados en bosques que teñan por obxecto un aumento significativo do seu valor económico, ecolóxico ou social.
A Xunta de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 27.10º e 27.30º do Estatuto de autonomía ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais, así como para ditar as normas adicionais sobre protección do ambiente e da paisaxe.
A Consellería do Medio Rural, segundo o establecido no Decreto 232/2005, do 11 de agosto (DOG nº 155, do 12 de agosto), polo que se fixou a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e no Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, é o organismo competente para a xestión destas axudas que teñen como obxectivos os seguintes:
a) Mellorar silvicolamente as masas forestais existentes con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas caducifolias e sobreiras.
b) Obter montes arborizados con producións elevadas e de calidade que posibiliten o desenvolvemento da industria de transformación da madeira e a consolidación de aproveitamentos complementarios.
c) Promocionar a silvicultura de xeito que contribúa como fonte de xeración de emprego das persoas que viven no medio rural.
Para a aplicación do regulamento comunitario citado e despois de elaborarse o correspondente Programa Operativo Integrado de Galicia, no cal a silvicultura figura no eixe 3.9, é necesario publicar esta orde.
O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Por outro lado, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ten por obxecto a regulación do réxime xurídico xeral das subvencións outorgadas polas administracións públicas.
En consecuencia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concorrente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Obxecto.
Constitúe o obxecto desta orde establecer as bases e convocar para o ano 2006 as axudas á silvicultura en bosques no medio rural, en réxime de concorrencia competitiva.
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación.
O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio forestal da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:
- Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
- Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
- Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50% do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
Artigo 3º.- Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios os titulares de terreos forestais, ben sexan persoas físicas ben xurídicas de dereito público ou privado, e agrupacións de titulares formadas por un mínimo de 2 membros.
Non poderán ser beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas que non sexan propietarias dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
Artigo 4º.- Actuacións obxecto de axuda e importes.
Os importes de subvención corresponderán, como máximo, no caso das comunidades de montes veciñais en man común, as agrupacións e outros co 75% do importe do investimento, e no caso de propietarios particulares co 50% do importe do investimento (ver anexo V).
Importes de investimento por actuación:
1ª epígrafe. Rareos en rexenerados de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm:
1.1. Rareos en rexenerados de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm acadando unha densidade final máxima de 1.600 pés/ha: 1.008 A/ha.
1.2. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa: 576 A/ha.
Non se poderá solicitar a trituración dos restos, a picadura, nin a extracción para o seu aproveitamento como biomasa, no caso de que o rareo se realice de forma sistemática e mecanizada, salvo que os restos que se obteñan despois do tratamento permitan o seu aproveitamento como biomasa.
2ª epígrafe. Rozas de penetración previas ás podas e podas en masas de coníferas:
2.1. Rozas de penetración previas á realización de podas en masas de coníferas: 432 A/ha.
2.2. Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m, con diámetro normal medio comprendido entre 12 e 16 cm e cunha densidade máxima de 1.600 pés/ha.: 576 A/ha.
2.3. Podas altas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 4 m e máxima de 6 m cunha densidade máxima de 1.100 pés/ha, podándose como mínimo 400 pés/ha homoxeneamente distribuídos, sempre e cando se xustifique debidamente na memoria técnica que estes pés son para a corta final con destino á serra: 691 A/ha.
2.4. Trituración dos restos de poda, picaduría ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa: 576 A/ha.
Dentro desta epígrafe, terá que solicitarse obrigatoriamente a poda (2.2 ou 2.3) podéndose solicitar sobre a mesma superficie as rozas de penetración previas á realización de podas (2.1). Non se solicitará na mesma superficie a poda ata 2 m (2.2) e a poda de 4 a 6 m (2.3).
3ª epígrafe. Tratamentos silvícolas de consolidación en masas de frondosas caducifolias e sobreiras con diámetro normal medio da masa inferior a 16 cm (consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada por frondosas caducifolias e sobreiras):
3.1. Rozas: 691 A/ha.
3.2. Formación de guías e poda ata 1/3 da altura como mínimo: 432 A/ha.
3.3. Selección de gromos: 691 A/ha.
3.4. Rareos: 518 A/ha.
Dentro desta epígrafe, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.900 A/ha.
4ª epígrafe. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés/ha:
4.1. Rozas: 691 A/ha.
4.2. Podas: 648 A/ha.
4.3. Tratamento fitosanitario: 100 A/ha.
4.4. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta: 144 A/ha.
Dentro deste número, poderanse solicitar e acumular as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.440 A/ha.
5ª epígrafe. Coidados culturais en mouteiras declaradas destinadas á produción de semente selecta, segundo a Orde do 17 de marzo de 2005 pola que se aproba a delimitación e a determinación dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución de Alnus glutinosa (L) Gaertner, Betula pubescens Ehrh, Castanea sativa Mill, Fagus sylvatica L., Fraxinus angustifolia Vahl., Pinus pinaster Ait., Pinus radiata D. Don., Prunus avium L., Quercus ilex L., Quercus pyrenaica Wild, Quercus robur L., Quercus suber L., Sorbus aucuparia L. e Ulmus glabra Huds no territorio da Comunidade de Galicia (DOG nº 62, do 1 de abril de 2005): ata 1.440 A/ha que se vai xustificar en memoria técnica, respectándose os topes establecidos nos números 2.1., 2.3., 2.4., 3.1., 3.2. e 3.4. das epígrafes anteriores.
As actuacións indicadas nas epígrafes 1ª, 2ª, 3ª, 4ª e 5ª deste artigo non poderán solicitarse para unha mesma superficie.
Non se poderán solicitar as mesmas actuacións para superficies xa subvencionadas nas convocatorias de axudas dos anos 2001, 2002, 2003 e 2004.
O IVE non é subvencionable.
Artigo 5º.- Distribución do crédito.
1. Rareos en rexenerados de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm: 1.600.000 A.
2. Rozas de penetración previas ás podas e podas en masas de coníferas: 3.200.000 A.
3. Tratamentos silvícolas de consolidación de masas de frondosas caducifolias e sobreiras con diámetro normal medio da masa inferior a 16 cm: 1.600.000 A.
4. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros: 1.200.000 A.
5. Coidados culturais en mouteiras declaradas destinadas á produción de semente: 400.000 A.
Reservaranse as seguintes porcentaxes de dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 16, segundo tipo de titular:
- 35% para comunidades de montes veciñais en man común: 2.800.000 A.
- 30% para agrupacións de propietarios particulares e outros: 2.400.000 A.
- 35% para propietarios particulares de xeito individual: 2.800.000 A.
Enténdese por «outros» as entidades con personalidade xurídica que sexan propietarias dos terreos en que solicita a axuda (entidades locais, sociedade agrícola de transformación, sociedade anónima, sociedade limitada, sociedade cooperativa limitada,...).
No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se cubra a totalidade do crédito especificado nas epígrafes, os importes sobrantes engrosarían as demais epígrafes para facer fronte aos expedientes solicitados, se é o caso.
Artigo 6º.- Superficies forestais mínimas e máximas para solicitar axudas.
1. A superficie mínima continua de actuación será de 1 hectárea para propietarios particulares e de 3 hectáreas para CMVMC e agrupacións de propietarios particulares e outros, agás para rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros, que terán unha superficie mínima continua de 0,5 hectáreas, e agás para mouteiras declaradas destinadas á produción de semente nas cales non se fixa superficie mínima.
A superficie máxima será de 3 hectáreas para cada solicitude de propietarios particulares e de 25 hectáreas para cada solicitude de CMVMC e agrupacións de propietarios particulares e outros.
Admitiranse solicitudes con máis dunha superficie de actuación, aínda que non sexa en couto redondo, sempre que cada un deles supere a superficie mínima e estean no mesmo concello, excepto agrupacións de propietarios.
2. Non se admitirán agrupacións con máis dunha mouteira.
3. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas en terreos en que o acordo de concentración sexa firme.
4. Os terreos cun proceso de expropiación iniciado non se poderán beneficiar destas axudas na parte afectada.
5. Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas, ben que aqueles montes para os cales se solicitase a rescisión do consorcio ou o paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde, si que poderán ser obxecto de axuda. Os montes que teñan un convenio ou solicitasen o paso a convenio coa Xunta de Galicia, antes de propoñerse a aprobación da axuda deberán ter un informe do Servizo Provincial de Montes e Industrias Forestais correspondente.
6. Farase constar nas memorias descritivas das actuacións se a superficie de actuación se atopa dentro da Rede Natura 2000 e solicitarase de forma interna antes da aprobación da axuda, informe ao Servizo de Conservación da Natureza, en caso de que o dito informe sexa desfavorable non se admitirá a trámite a solicitude de axuda. Non se poderán realizar solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.
Artigo 7º.- Criterios de prioridade.
Cando as solicitudes presentadas superen as dispoñibilidades orzamentarias previstas nesta orde, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación, dentro de cada unha das epígrafes 1, 2, 3, 4, e 5, en función do tipo de titular e segundo o baremo seguinte:
1. Segundo o tipo de traballo solicitado:
Epígrafe nº 1. Rareos en masas de coníferas:
- Masa principal de Pinus pinaster o Pinus sylvestris: 1 punto por hectárea.
- Masa principal de Pinus radiata: 0,5 puntos/hectárea.
- Masa principal doutras especies: 0,25 puntos/hectárea.
- Densidade inicial maior de 6.000 pés/ha: 3 puntos/ hectárea.
- Densidade inicial entre 4.000 e 6.000 pés/ha: 2 puntos/ hectárea.
- Densidade inicial menor de 4.000 pés/ha: 1 punto/ hectárea.
Epígrafe nº 2. Rozas de penetración previas ás podas e podas en masas de coníferas:
2.1. Rozas de penetración previas á realización de podas: 0 puntos/ hectárea.
2.2. Podas ata 2 m: 1 punto por hectárea.
2.3. Podas de entre 4 e 6 m: 3 puntos por hectárea.
Epígrafe nº 3. Tratamentos silvícolas de consolidación en masas de frondosas caducifolias e sobreiras (consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada por frondosas caducifolias e sobreiras):
3.1. Rozas: 1 punto por hectárea.
3.2. Poda: 2 puntos por hectárea.
3.3. Selección de gromos: 2 puntos por hectárea.
3.4. Rareos: 1 punto por hectárea.
Epígrafe nº 4. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros:
4.1. Rozas: 2 puntos por hectárea.
4.2. Podas: 4 puntos por hectárea.
4.3. Tratamento fitosanitario: 1 punto por hectárea.
4.4. Aumento da densidade dos soutos: 3 puntos por hectárea.
Epígrafe nº 5. Mouteiras declaradas destinadas á produción de semente selecta: 1 punto por hectárea.
2. Outras valoracións en función do titular dos terreos.
- Se o propietario particular é agricultor a título principal sumaranse 5 puntos.
- Agrupacións, formadas por un mínimo de 2 persoas físicas ou xurídicas, sumaranse 2 puntos por cada persoa que se agrupe ao global da puntuación obtida nas epígrafes anteriores, excepto no caso de agrupacións de comunidades de montes veciñais en man común ou destas con propietarios particulares.
- Montes veciñais en man común ou agrupacións de máis de 25 ha sen convenio coa Administración ou en proceso de rescisión do convenio e todos eles con plan de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes: 40 puntos.
- Montes veciñais en man común ou agrupacións de máis de 25 ha sen convenio coa Administración ou en proceso de rescisión do convenio e todos eles con plan de xestión: 35 puntos.
- Montes veciñais en man común con convenio coa Administración con plan de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes ou en proceso de inclusión: 30 puntos.
- Montes veciñais en man común con convenio coa Administración, montes particulares ou agrupacións de máis de 25 ha con plan de xestión: 25 puntos.
- Montes baixo sistema de certificación forestal sustentable, sen convenio: 10 puntos.
- Montes veciñais en man común que invistan, como mínimo, o 15% dos seus ingresos nos últimos 3 exercicios fiscais (2002, 2003 e 2004) en melloras do monte, aplicarase a puntuación maior das tres epígrafes seguintes:
* Investimentos dun 15% a un 30% dos seus ingresos nos últimos 3 exercicios fiscais: 10 puntos.
* Investimentos de máis dun 30% a un 50% dos seus ingresos nos últimos 3 exercicios fiscais: 15 puntos.
* Investimentos de máis dun 50% dos seus ingresos nos últimos 3 exercicios fiscais: 20 puntos.
- Montes veciñais en man común que investisen nos últimos 3 exercicios fiscais (2002, 2003 e 2004) un mínimo do 15% dos seus ingresos noutros investimentos, que non sexan no monte pero que vaian dedicadas aos veciños ou teñan un fin social: 5 puntos.
- Montes veciñais en man común que non teñan ingresos nos últimos 3 exercicios fiscais (2002, 2003 e 2004): 15 puntos.
Para todos os casos, de existir o empate, aplicarase o seguinte e pola dita orde:
1º Por data de rexistro de entrada da solicitude de axuda, terán máis prioridade as solicitudes que antes se presenten.
2º No caso de empate, prevalecerá o número máis alto formado polas catro últimas cifras do DNI ou CIF do titular do terreo.
Artigo 8º.- Condicións técnicas dos investimentos.
1. As memorias técnicas de tratamentos culturais deberán ser redactadas por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal e visados polo correspondente colexio oficial.
2. Os restos que se obteñan como consecuencia da realización dos coidados culturais do voo, con diámetro en punta grosa superior a 6 cm, serán triturados in situ, picados a menos de 50 cm ou ben extraídos do predio obxecto de axuda para o seu aproveitamento como biomasa, debéndose xustificar documentalmente o dito aproveitamento xunto coa notificación de remate dos traballos.
3. As rozas de penetración previas ás podas en masas de coníferas (2.1) soamente poderán solicitarse naqueles terreos onde a altura do mato impida a realización da poda. En ningún caso a altura das podas (2.2 e 2.3) poderá superar a metade da altura da arbore.
A poda alta (2.3) soamente poderá solicitarse en masas destinadas a obter madeira de serra de calidade, xustificándose debidamente na memoria descritiva.
4. A ferramenta que se empregará nos traballos de rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros deberá estar desinfectada ou esterilizada para evitar a propagación de enfermidades ou pragas.
5. Nas superficies de actuación os beneficiarios comprométense a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable.
6. Nas memorias descritivas presentadas xunto coa solicitude de axuda, farase constar se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
Artigo 9º.- Solicitudes.
1. As solicitudes das axudas deberán ser presentadas nos modelos formalizados para o efecto (anexo I) e facilitados polos órganos da Consellería do Medio Rural. Estas solicitudes presentaranse nas oficinas da consellería, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e irán dirixidas ao conselleiro do Medio Rural.
2. A presentación da solicitude de axuda, segundo o indicado no artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, comporta a autorización á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais para solicitar as certificacións que deben emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
3. Deberase empregar un impreso de solicitude para cada petición realizada para diferentes concellos.
4. Cada titular poderá pedir axuda en cada solicitude para unha soa epígrafe do artigo 4º.
Das epígrafes do artigo 4º un titular poderá presentar como máximo 2 solicitudes por concello e para dúas epígrafes distintas do dito artigo. Excepto no caso de agrupacións de propietarios, nas cales se admitirá máis dunha solicitude por concello e para unha mesma epígrafe do artigo 4º, sempre e cando cada solicitude sexa para un só couto redondo ou mouteira.
Artigo 10º.- Documentación.
Os impresos debidamente cubertos deberán ir acompañados da seguinte documentación:
1. En xeral:
a) Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do titular dos terreos.
b) Para coidados culturais memoria descritiva, xunto co orzamento e planos sobre planos con escala mínima 1:5.000, ou na súa falta, 1:10.000, no cal se indiquen as actuacións que se van levar a cabo. Excepto no caso de propietarios particulares que presentasen o anexo IV, documento descritivo das actuacións.
c) Declaración do titular dos terreos obxecto de axuda do conxunto de todas as solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ao abeiro desta orde, ante as administracións públicas competentes ou doutros entes públicos.
d) Anexo III de datos identificativos SIXPAC, no caso de que os terreos obxecto de solicitude de axuda teñan máis de unha referencia SIXPAC. No caso de unha soa, consignarase na primeira folla. Naqueles concellos que non teñan asignadas referencias SIXPAC presentaranse as referencias catastrais en vez das referencias SIXPAC.
2. Para todo tipo de titulares de terreos forestais, excepto comunidades de montes veciñais en man común:
2.1. No caso de ser propietario dos terreos; fotocopia do título de propiedade ou declaración xurada ou baixo a responsabilidade do titular da propiedade. Nesta declaración farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome dos predios, superficie e estremas obxecto dos traballos e localización. No suposto de que o terreo sexa propiedade de varios copropietarios, ademais presentarase documento privado en que se acredite o consentimento de todos os condóminos e a designación dun solicitante-representante, que terá que ser un deles.
2.2. No caso de ser arrendatario; fotocopia cotexada do documento acreditativo do arrendamento.
3. Para comunidades de montes veciñais en man común:
3.1. Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o presidente da comunidade ou, logo de xustificación, un membro da xunta reitora para pedir axudas á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.
4. Documentación complementaria.
4.1. Para outras entidades con personalidade xurídica que deberán ser propietarias dos terreos en que solicita a axuda (sociedade agrícola de transformación, sociedade anónima, sociedade limitada, sociedade cooperativa limitada,...):
4.1.1. Documentación acreditativa de constitución.
4.2. Para agrupacións forestais:
4.2.1. Modelo constitutivo segundo o anexo II; o representante da agrupación deberá ser un dos integrantes.
Para que o beneficiario sexa a propia agrupación forestal: a agrupación deberá estar legalmente constituída e presentar o CIF acreditativo.
4.3. Para propietarios particulares que sexan agricultores a título principal:
a) Documento xustificativo de estar de alta no réxime especial agrario.
b) Fotocopia da declaración da renda do ano 2004 en que conste que o 50% da súa renda procede da agricultura.
5. Documentación adicional.
5.1. Montes con proxecto de ordenación, plan técnico ou plan de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes, documento indicando isto.
5.2. Montes veciñais en man común sen convenio ou en proceso de rescisión, documentación acreditativa disto.
5.3. Montes con proxecto de ordenación, plan técnico ou plan de xestión, documentación acreditativa disto.
5.4. Monte baixo sistema de certificación forestal sustentable, sen convenio: documentación xustificativa.
5.5. Montes veciñais en man común que invistan como mínimo o 15% dos seus ingresos en melloras do monte ou noutros investimentos que vaian dedicados aos veciños ou teñan un fin social: facturas e modelo 347 de declaración anual de operacións de máis de 3.000 A dos últimos 3 exercicios fiscais (2002, 2003 e 2004), no caso de operacións de menos de 3.000 A cun mesmo provedor presentarase copia cotexada do maior da comunidade, dos últimos 3 exercicios fiscais (2002, 2003 e 2004) e copia do imposto de sociedades destes exercicios fiscais.
5.6. Montes veciñais en man común que non teñan ingresos: copia do imposto de sociedades dos 3 últimos exercicios fiscais (2002, 2003 e 2004).
Artigo 11º.- Prazos.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación no DOG desta orde e finalizará transcorrido un mes desde a dita data.
Os traballos obxecto de solicitude de axuda non se poderán iniciar antes da aprobación da axuda.
Artigo 12º.- Tramitación.
1. Unha vez presentada a solicitude revisarase a documentación e, no caso de que conteña defectos ou omisións non esenciais, seralle requirida ao solicitante a emenda, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, con indicación de que, se así non o fixese, terá por desistido da súa petición e se arquivará o expediente sen máis trámite cos efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.
2. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de axudas é a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais. Os servizos provinciais de Montes e Industrias Forestais proporanlle ao órgano colexiado composto polo subdirector xeral de Recursos Forestais, polo xefe do Servizo de Produción e Industrias Forestais e polo xefe de sección de Fomento Forestal que actuará como secretario, a aprobación das solicitudes presentadas que cumpran todos os requisitos desta orde. O órgano colexiado valorará as solicitudes de axuda segundo os criterios de prioridade establecidos no artigo 7 e formulará proposta de concesión ao director xeral de Montes e Industrias Forestais que, pola súa vez, a elevará ao conselleiro do Medio Rural. O conselleiro do Medio Rural resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.
3. A Consellería do Medio Rural comunicará no prazo máximo de 6 meses, podéndose ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, a aprobación e contía das axudas ou a denegación razoada da solicitude.
4. No caso de non recaer resolución expresa nun prazo de 6 meses a partir da data de entrada en vigor desta orde, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. Estas resolucións serán notificadas a cada un dos solicitantes dentro do prazo de 10 días seguintes á toma do acordo.
5. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, cabe a interposición do recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, se a resolución for expresa, ou seis desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999 e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Artigo 13º.- Execución e xustificación.
1. Na resolución indicarase o prazo para a execución dos traballos que, con carácter xeral, non será inferior a 2 meses.
2. No caso de comunidades de montes veciñais en man común, agrupacións de propietarios ou outros, nun prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución de aprobación, deberase presentar unha memoria técnica asinada por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal e visada polo correspondente colexio oficial, e unha copia desta, que terá exactamente os mesmos datos que a memoria descritiva das actuacións presentada coa solicitude de axuda, e o nomeamento dun director dos traballos, que obrigatoriamente terá que ser enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, comunicándose nun prazo de 10 días cambios no dito nomeamento.
En cumprimento do disposto no artigo 31 punto 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, dentro do devandito prazo dun mes, cando o importe do investimento supere os 30.000 A o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas a diferentes provedores e presentalas xunto coa memoria técnica. A escolla entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a escolla cando non recaia na proposta económica máis favorable.
3. A planimetría da memoria técnica presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum de traballo, en ficheiro DXF, obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF deberá estar estruturado da seguinte maneira:
Elementos do plano // Nivel ou estrato // Cor
Límite de monte // 1 // Azul
Límite de mouteiras de actuación // 2 // Vermella
Pistas existentes // 3 // Verde
Devasas existentes // 4 // Amarela
Puntos de auga existentes // 5 // Negra
Especies existentes na mouteira (texto) // 6 // Negra
4. Será realizada unha inspección no campo por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, para verificar as superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a viabilidade dos traballos. Esta inspección poderase realizar antes da resolución de aprobación.
5. A modificación do investimento deberá ser xustificada e exixirá autorización previa da Consellería do Medio Rural por proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, logo de proposta dos servizos de Montes e Industrias Forestais, de conformidade co disposto no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
6. A axuda definitiva será a resultante da certificación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.
Coa certificación poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.
Poderanse admitir certificacións parciais, por petición por escrito do solicitante, para importes de certificación superiores a 12.020,24 A.
As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de anticipación á terminación do prazo para a execución dos traballos. Terán unha duración máxima de 6 meses e serán propostas polos servizos de Montes e Industrias Forestais ao director xeral de Montes e Industrias Forestais, quen lle elevará proposta ao conselleiro do Medio Rural, o cal resolverá.
7. Xunto coa notificación de remate dos traballos presentarase a seguinte documentación:
- Facturas polo importe total do investimento máis IVE, de conformidade co disposto no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro. No caso dos propietarios particulares de xeito individual que realizaron os traballos polos seus propios medios será suficiente a presentación dunha declaración baixo a súa responsabilidade de que os traballos foron realizados deste xeito.
- Certificación bancaria a nome do titular do terreo, no caso das agrupacións nesta conta deberán ser titulares conxuntos todos os titulares que formen parte da agrupación. Excepto no caso de agrupacións legalmente constituídas.
- Declaración doutras axudas solicitadas ou percibidas para os mesmos fins.
- Aval bancario no caso de pagamento parcial no caso de axudas totais aprobadas maiores de 30.050,61 A, que deberá axustarse ao regulado no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas.
Artigo 14º.- Comprobacións.
1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a entidade concedente e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto no artigo 78.4º d) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do réxime xeral e orzamentario de Galicia, e o capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.
3. O órgano colexiado, composto polo subdirector xeral de Recursos Forestais, polo xefe do Servizo de Produción e Industrias Forestais e polo xefe da Sección de Fomento Forestal, que actuará como secretario, antes de levar a cabo a valoración das solicitudes de axuda, comprobará que os beneficiarios cumpren coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social; nas agrupacións de propietarios todos os membros cumprirán as ditas obrigas. No caso de concesión da axuda, a comprobación tamén se levará a cabo antes de cada pagamento.
Artigo 15º.- Reintegros.
1. A axuda poderase revogar total ou parcialmente se se dá algún dos seguintes supostos:
a) Execución de menos do 80% das accións previstas, sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.
b) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.
c) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.
d) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos aos sinalados na solicitude.
e) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.
f) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigas por parte do beneficiario.
g) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.
h) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da subvención ou axuda pública.
i) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 7/2005.
j) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e a regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade remitidas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
k) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.
l) Non presentar nun prazo de 1 mes contado a partir da notificación da resolución de aprobación a memoria técnica visada e o nomeamento do director de obra segundo o especificado no artigo 13º.
Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora producidos desde o seu pagamento, de acordo coa Lei de réxime financeiro e orzamentario da Xunta de Galicia. Sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.
3. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e orde establecida.
4. O réxime sancionador aplicable a esta orde é o disposto no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Artigo 16º. - Financiamento.
As accións previstas nesta orde financiaranse de maneira bianualizada por parte da Consellería do Medio Rural con cargo á aplicación orzamentaria 11.06.614C.770.0, no ano 2006 cunha dotación inicial de 3.697.914 A e no ano 2007 cunha dotación inicial de 4.302.086 A, o que fai unha dotación total de 8.000.000 de A, dotación que poderá ser ampliada con fondos propios, do Estado ou comunitarios.
Artigo 17º.- Alteración de condicións.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
Artigo 18º.- Compromisos.
O titular dos terreos comprométese a manter o investimento realizado durante un mínimo de 5 anos segundo o especificado na alínea d) da disposición adicional segunda do Decreto 287/2000 e ata a quenda da masa.
Artigo 19º.- Limitacións.
1. As actuacións indicadas nas epígrafes 1ª, 2ª, 3ª, 4ª e 5ª do artigo 4º desta orde non se poderán solicitar para unha mesma superficie.
2. Non se poderán solicitar as mesmas actuacións para superficies xa subvencionadas nas convocatorias de axudas dos anos 2001, 2002, 2003 e 2004.
3. O IVE non é subvencionable.
4. Non se admitirán agrupacións con máis dunha mouteira.
5. As rozas de penetración previas ás podas en masas de coníferas (2.1) soamente se poderán solicitar naqueles terreos onde a altura do mato impida a realización da poda. En ningún caso a altura das podas (2.2 e 2.3) poderá superar a metade da altura da árbore.
6. Cada titular poderá pedir axuda en cada solicitude para unha soa epígrafe do artigo 4º.
Das epígrafes do artigo 4º un titular poderá presentar como máximo 2 solicitudes por concello e para dúas epígrafes distintas dese artigo.

7. Os traballos obxecto de solicitude de axuda non se poderán iniciar antes da aprobación da axuda.
8. Recoméndase facer os traballos de poda de coníferas entre os meses de xuño e setembro e as podas de frondosas entre marzo e mediados de xullo.
Disposicións adicionais
Primeira.- En todo o non previsto nesta orde aplicarase o sinalado nos artigos 78 e 79 da Lei 1/1999 e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segunda.- As axudas concedidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública e con calquera outro réxime de axudas comunitarias.
Terceiro.- No suposto de que as accións previstas nesta orde non precisen para seren cubertas na súa totalidade o importe total máximo consignado inicialmente para elas, os remanentes de crédito poderán ser utilizados en atender outros proxectos.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para ditar todas as disposicións complementarias co obxecto de desenvolver esta orde.
Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2006.
Alfredo Suárez Canal
Conselleiro do Medio Rural
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN |
|---|---|
| Corrección de erros.- Orde do 4 de abril de 2006 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2006 as axudas á silvicultura en bosques no medio rural. | 21/04/2006 |