ORDE DO 31 DE XANEIRO DE 2002 POLA QUE SE FIXAN OS PERÍODOS HÁBILES DE PESCA E NORMAS RELACIONADAS CON ELA NAS AUGAS CONTINENTAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DURANTE A TEMPORADA DE 2002.

Diario Oficial de Galicia, 07-02-2002, Núm. 28
De acordo co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, nos artigos 46 e 47 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio) e na Orde do 20 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia, DISPOÑO: Artigo 1º.-Períodos hábiles e cotas totais de captura para a pesca do salmón (Salmo salar). Do 17 de marzo ata o 21 de xuño nos coutos de Abres, San Tirso e A Pontenova (río Eo). Do 5 de maio ata o 21 de xullo nos coutos de Celeiro (río Masma), Viveiro (río Landro), Betanzos (río Mandeo), Sinde (río Ulla), Couso (río Ulla) e mais. Frieira (río Miño). Nos coutos dos ríos Mandeo, Landro e Miño autorízase a captura de 5 salmóns en toda a temporada, adiantándose o peche da mesma ó completarse as ditas cotas. No couto do río Masma autorízase a captura de 10 salmóns, e nos do río Ulla 15 salmóns en toda a temporada, adiantándose o peche da mesma ó completarse as ditas cotas. No río Eo non se establece cota de capturas. Nas restantes masas de auga da Comunidade Autónoma non se autoriza a pesca do salmón. Artigo 2º.-Períodos hábiles para a pesca do reo (Salmo trutta trutta). Do 5 de maio ata ó 25 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais de cada provincia (anexos III, IV e VI da presente orde). Do 5 de maio ó 29 de setembro nos lotes 2 e 3 do couto de Celeiro (río Masma), nos lotes 2 e 3 do couto de Viveiro (río Landro), e mais nos coutos de Ribeiras (río Sor), Segade (río Sor), Xubia (río Xubia), Ombre (río Eume), Betanzos (río Mandeo), Ponte do Porto (río Grande), Noia (río Tambre), Sinde (río Ulla), Couso (río Ulla), Ponte Arnelas (río Umia) e Monteporreiro (río Lérez) . Artigo 3º.-Períodos hábiles para a pesca da troita (Salmo trutta fario). Do 17 de marzo ó 25 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais de cada provincia (anexos III, IV, V e VI da presente orde). De conformidade co disposto no artigo 1 da Orde do 20 de xaneiro de 2000, nas masas de auga habitadas por salmón ou reo e mais no último quilómetro, augas abaixo, de tódolos afluentes delas, por mor de protexe-la baixada cara ó mar destas especies migradoras, aprázase ata o 5 de maio o inicio da temporada para a troita e outras especies. Nos coutos de pesca sen morte alóngase a tempada de pesca ata o 31 de outubro. Artigo 4º.-Períodos hábiles para a pesca de especies distintas dos salmónidos. Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes pallipes). Non se autoriza a súa pesca. Cangrexo vermello americano (Procambarus clarkii). Autorízase a súa captura nas datas e lugares especificados nos réximes especiais de cada provincia (anexos III, V e VI da presente orde). As normas de pesca serán as que figuran no anexo VI da Orde do 20 de xaneiro de 2000. Prohíbese a comercialización das capturas e establécese a obriga de sacrifica-los cangrexos no lugar de pesca, quitándolle-lo apéndice central do rabo, de tal xeito que se extraia tamén parte do tubo dixestivo do animal. Reñosa (Rutilus arcasii) e espiñento (Gasterosteus aculeatus). Non se autoriza a súa pesca. Anguía (Anguilla anguilla). Do 17 de marzo ó 25 de agosto, con carácter xeral, sen perxuízo do disposto nos réximes especiais de cada provincia (anexos III, IV, V e VI da presente orde). Angula ou meixón. Do 1 de novembro ó 31 de marzo, nas zonas establecidas nos réximes especiais (anexos III e IV da presente orde) e coas normas de pesca que figuran no anexo VII da Orde do 20 de xaneiro de 2000. Lamprea (Petromizon marinus). Do 1 de xaneiro ó 30 de abril nos ríos Tea e Ulla, de conformidade co disposto nas resolucións da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra do 15 de novembro de 2001 (DOG nº 232, do 30 de novembro) e de 31 de outubro de 2001 (DOG nº 221, do 15 de novembro), quedando prohibida a captura desta especie en tódolos demais ríos galegos. Saboga e sábalo ou zamborca (Alosa spp). Do 5 de maio ó 30 de xuño, no tramo do río Ulla comprendido entre o límite superior do couto de Sinde e a desembocadura, e no tramo do río Umia comprendido entre o límite superior do couto de Ponte Arnelas e a desembocadura. Autorízase un máximo de 5 exemplares por pescador e xornada. No resto das masas de auga da Comunidade Autónoma non se autoriza a súa pesca. Outras especies. Do 17 de marzo ó 25 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais de encoros e zonas de desembocadura (Orde do 20 de xaneiro de 2000). Artigo 5º.-Prescricións especiais para engados. Salmón. Poderanse empregar tódolos engados autorizados (artigo 4 da Orde de 20 de xaneiro de 2000) ata o 31 de maio. Para estes efectos terán a consideración de masas de auga habitadas polo salmón o último quilómetro, augas abaixo, de tódolos afluentes das masas de auga salmoneiras. Do 1 de xuño ata a fin da temporada, prohíbese a culleriña. Desta prohibición exceptúase o couto da Frieira. Outras especies. Con carácter xeral prohíbese a utilización de anzois de tamaño inferior ó do número 14 para a pesca con engado natural en tódolos ríos de Galicia. Desta prohibición exclúense os encoros, nos que se poderán utilizar anzois doutros tamaños. No réxime especial de encoros permítese a ceba das augas con pensos para ciprínidos. Artigo 6º.-Excepcións nas dimensións mínimas e nas cotas de captura no caso da troita.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AUGAS CONTINENTAIS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
ORDE DO 31 DE XANEIRO DE 2002 Galego
Orden de 31 de enero de 2002 Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles