Diario Oficial de Galicia, 16-02-2021, Núm. 31, Páx. 9863
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as Sofor, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que as persoas titulares de montes veciñais en man común (MVMC), as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (Sofor) poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva.
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
