ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F).

Diario Oficial de Galicia, 23-01-2026, Núm. 15, Páx. 6727
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros, cooperativas do mar, e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras. As entidades serán sen ánimo de lucro, e terán ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Cando as actividades de recollida de residuos e de arribazóns de algas que poidan afectar os bancos marisqueiros sexan realizadas no ámbito territorial dun plan de xestión de marisqueo, só poderán ser beneficiarios das subvencións as entidades de interese colectivo do sector que sexan titulares do plan de xestión.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, no mar e nas praias, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).
Prazo
Un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Or 30-12-2025_gl.pdf galego
Ex Or 30-12-2025_gl.pdf galego
Or 30-12-2025_es.pdf castelán
Ex Or 30-12-2025_es.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles