Diario Oficial de Galicia, 05-09-2006, Núm. 171, Páx. 13627
Orde do 29 de agosto de 2006 pola que se modifica a do 1 de agosto pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril, e se convocan para o ano 2006.
Pola Orde do 1 de agosto deste ano, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, establecéronse as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril, ao mesmo tempo que se convocaron para este exercicio.
No anexo I da devandita disposición recóllese o baremo para o pagamento das axudas para paliar os danos ocasionados nos cultivos, anexo en que non aparecen algunhas das plantas de cultivo máis estendido en Galicia, polo que resulta necesaria a modificación do antedito anexo.
Así mesmo, para evitar que en diante se volva dar esta circunstancia, modifícase a disposición derradeira primeira, facultando expresamente o director xeral de Conservación da Natureza para que introduza novos cultivos dentro do baremo establecido no anexo I da antedita orde.
Xa que logo, con base no anteriormente exposto, e consonte o disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente
DISPOÑO:
Artigo único.
1. Modifícanse a disposición derradeira primeira e o anexo I da orde da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, que quedan redactados do seguinte xeito:
«Disposición derradeira primeira.
1. Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para que, por resolución, introduza novas especies cultivadas no anexo I a esta orde.
2. Así mesmo, queda facultado o director xeral de Conservación da Natureza para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións precisas para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde».
ANEXO I - Baremo utilizado para o pagamento de axudas para paliar os danos producidos polo xabaril en cultivos
Tipo de cultivo: Cod./Descrición // Importe por m
MIG: Millo gran // 0,13 A/m
MIF: Millo forraxeiro // 0,12 A/m
TRI: Trigo // 0,10 A/m
Tipo de cultivo: Cod./ Descrición // Importe por m
CEN: Centeo // 0,10 A/m
PRA: Pradaría // 0,10 A/m
PAT: Pataca // 0,40 A/m
HO1: Hortalizas 1 (cenoria, repolo, nabo e similares) // 0,60 A/m
HO2: Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón, leituga, pemento, porro e similares) // 1,60 A/m
VID: Uva // 0,52 A/m
Disposición adicional
Entrada en vigor.- Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS