Diario Oficial de Galicia, 31-10-2005, Núm. 209, Páx. 17499
Orde do 27 de outubro de 2005 pola que se amplía o prazo para a presentación da xustificación do final dos investimentos e do pagamento dos conceptos correspondentes a eles, na tramitación de axudas a entidades colaboradoras de pesca para o fomento da riqueza piscícola, recollidas na Orde do 22 de decembro de 2004.
Por orde desta consellería do 31 de agosto pasado, ampliouse o prazo para a presentación da xustificación do final dos investimentos e do pagamento dos conceptos correspondentes a eles, na tramitación das axudas ás entidades colaboradoras de pesca para o fomento da riqueza piscícola, recollidas na orde desta consellería do 22 de decembro do pasado ano (DOG nº 254, do 31 de decembro). Como queira que persisten as dificultades que xustificaron no seu día a ampliación do referido prazo, concédese unha nova ampliación que posibilite o cumprimento das ditas obrigas ás sociedades colaboradoras de pesca.
En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, de 20 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo único.- Dáselle nova redacción o artigo 19 da orde do 22 de decembro do pasado ano (DOG nº 254, do 31 de decembro), modificado pola Orde do 26 de setembro de 2005, que quedará redactado como segue:
«Artigo 19º.- Prazo de xustificación dos investimentos.
Con carácter xeral e salvo que a resolución de concesión da axuda dispoña o contrario, a xustificación do final dos investimentos e do pagamento de conceptos correspondentes a eles, deberá realizarse antes do 1 de decembro de 2005».
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2005.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
AUGAS DE GALICIA
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
CAZA, PESCA E MARISQUEO