Diario Oficial de Galicia, 10-04-2006, Núm. 70, Páx. 5681
Orde do 27 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro polo desenvolvemento de actividades relacionadas co ambiente, así como a súa convocatoria para 2006.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, segundo o establecido no artigo 11 do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, amais do Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é o órgano da Xunta de Galicia ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións que, en materia de ambiente e conservación da natureza, se establecen nos artigos 27.10º, 15º e 30º, así como no artigo 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia, e demais normativa de aplicación, en especial na normativa sobre protección ambiental de Galicia.
Dentro das accións administrativas de fomento, tamén cómpre, ademais de facer os investimentos necesarios para a mellora das condicións ambientais do medio, desenvolver actividades que promovan a difusión das distintas políticas e programas de mellora e protección ambiental, a concienciación, en definitiva, da importancia que para o desenvolvemento económico e social ten, hoxe en día, o respecto do ambiente, variable coa que sempre hai que contar para pór en marcha calquera actividade económica; pois a do ambiente é unha política transversal, que ha de integrarse coas demais políticas sectoriais de modo que sirva de principio inspirador que as oriente.
Respecto do ámbito subxectivo, poderá acollerse a estas axudas calquera entidade sen ánimo de lucro que non dependa, directa ou indirectamente dunha AdministraciónpPública, dado que o que se pretende é promover a iniciativa social de carácter privado. Ademais, polo afán proteccionista e de conservación que informa este programa de axudas, tamén se exclúen as entidades nas que, entre o seu obxecto social ou finalidade, estea a caza ou a pesca, que xa contan con outros programas específicos de axudas.
E esta transversalidade maniféstase tamén, para algunhas medidas de promoción de actividades, a nivel interno, dentro da consellería, por poderen afectar ás competencias de distintos centros directivos as desenvolvidas por entidades sen ánimo de lucro no eido ambiental, razón pola que se dotaron senllas aplicacións orzamentarias, para transferencias correntes e de capital, nos orzamentos de 2006, na Secretaría Xeral, órgano de coordinación e de competencia horizontal dentro da súa estrutura.
O réxime xeral das axudas e subvencións nestas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 38/2006, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na redacción dada a estes pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e réxime administrativo. A nivel regulamentario a normativa principal constitúea o Decreto 287/2000, do 21 de novembro. Esta orde cumpre coas exixencias da precitada normativa.
De acordo co anterior, nesta orde establécense as bases dun programa de fomento das entidades sen ánimo de lucro para o financiamento das súas actividades que estean relacionadas co ambiente, así como para a realización dos investimentos necesarios na materia.
Segundo a antedita normativa de subvencións, este programa de axudas sométese ao réxime de concorrencia competitiva, sendo competente para resolver, por delegación específica do titular da consellería, o secretario xeral dela, por proposta dunha comisión de avaliación para o efecto creada.
Nos vindeiros exercicios, estas axudas financiaranse con cargo ás consignacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente, de acordo co contido da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para cada exercicio. Para este ano o devandito importe recóllese na disposición adicional primeira.
En virtude do anterior, en consonancia co disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Finalidade, obxecto e beneficiarios.
1. A través desta orde regúlanse as bases e convócanse, para 2006, axudas a entidades sen ánimo de lucro en materia de ambiente.
2. Para tal efecto, establécense dous programas:
* Axuda para gastos ordinarios de funcionamento e para realización de actividades de promoción e divulgación ambiental, en cuestións relacionadas coas competencias da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
* Investimentos realizados polas ditas entidades que posibiliten a súa participación no eido ambiental.
3. Consideraranse entidades sen ánimo de lucro e, polo tanto, poderán solicitar as axudas establecidas nesta disposición, as entidades con personalidade xurídica e sen ánimo de lucro, tales como fundacións e asociacións, inscritas no correspondente rexistro público.
Non obstante, non poderán acollerse ás axudas desta orde as entidades que dependan, directa ou indirectamente, dunha Administración pública, así como as que, entre a súa finalidade ou obxecto social, teñan a caza ou a pesca.
4. As ditas entidades poderán concorrer individual ou conxuntamente, caso no que deberán indicar expresamente na solicitude as accións que se van desenvolver ou o investimento que hai que realizar por cada unha delas e o importe da axuda correspondente a cada unha.
5. En ningún caso poderán ter a consideración de beneficiarios as entidades incursas nalgún dos supostos previstos no artigo 13.2º e 3º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 2º.- Réxime e principios de aplicación.
1. As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
2. Dentro do programa establecido no parágrafo primeiro do artigo 1º.2 desta orde, o importe destinado a subvencionar os devanditos gastos poderá ratearse entre todas as solicitudes presentadas que cumpran os requisitos exixidos.
Artigo 3º.- Ámbito territorial.
1. Con carácter xeral, as actividades deberanse levar a cabo dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Excepcionalmente, serán atendibles as solicitudes de axuda para a realización de actividades fóra do devandito ámbito territorial cando aquelas redunden en beneficio da difusión das políticas e programas ambientais desta Administración autonómica.
2. As axudas para os investimentos en materia ambiental deberanse realizar dentro da Comunidade autónoma de Galicia.
Artigo 4º.- Ámbito material e importe.
1. Gastos ordinarios de funcionamento e promoción de actividades:
- Serán subvencionables os gastos ordinarios de funcionamento, como alugamentos, mantemento e reparación de instalacións, maquinaria e utensilios, persoal e outros semellantes, realizados neste ano e ata o 30 de novembro, cando o obxecto e finalidade da entidade estea relacionado con cuestións ambientais.
- Así mesmo, tamén se poderá subvencionar a realización específica de xornadas, cursos, conferencias, congresos, edición de publicacións e outras accións semellantes que versen sobre cuestións ambientais.
En ambos os dous supostos, poderase conceder ata o 100% do seu custo, cun importe máximo de 18.000 A, en función do ámbito territorial da actividade, ou da entidade, segundo os casos, autonómico ou supraautonómico, provincial ou local.
2. Investimentos:
a) Serán subvencionables os seguintes:
* Equipamento de oficina inventariable, como material informático e mobiliario.
* Acondicionamento de predios ou locais que teñan a consideración de investimento.
* Material de transporte.
* Realización de estudos que teñan a consideración de investimentos inmateriais.
b) Poderase conceder ata o 100% do custo cun máximo de 30.000 euros.
c) Dada a natureza dos investimentos subvencionables, estes han de manterse afectos ao fin para a que se lle concedeu a subvención, como mínimo durante dous anos.
Artigo 5º.- Criterios de valoración.
As axudas concederanse ás solicitudes presentadas con base nos criterios que de seguido se indican, en función de se son actividades ou gastos de funcionamento (A) ou investimentos (I), a razón dun máximo de 10 puntos por cada un deles:
- Promoción de actividades de interese ambiental fóra de Galicia: A.
- Carácter innovador da actividade ou investimento: A/I.
- Difusión dos programas ambientais da consellería: A.
- Programa para desenvolver conxuntamente por varias entidades: A/I.
- Integración das actividades subvencionables con outras políticas sectoriais da Administración autonómica: A.
- Actuación en zonas de especial interese ambiental: A/I.
- Dinamización de zonas desfavorecidas desde unha perspectiva ambiental, económica ou demográfica: A/I.
- Ámbito territorial de actuación: autonómico, provincial ou local: A/I.
- Realización de actividades cos seus propios medios, sen acudir á subcontratación: A.
- Porcentaxe de autofinanciamento con recursos propios da actividade ou investimento: A/I.
Artigo 6º.- Solicitudes, presentación, documentación e prazo.
1. As entidades deberán solicitar as axudas no modelo que se xunta como anexo I á esta orde, modelo que estará ao dispor dos interesados nas delegacións provinciais da consellería, así como na secretaría xeral desta, en Santiago de Compostela. Así mesmo, tamén se poderán acadar na páxina web desta consellería:
http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp
Co fin de facilitar que se cubran as ditas solicitudes poderán cubrirse directamente nos formularios publicados na páxina web, imprimíndoos ulteriormente para os efectos da súa presentación. Así mesmo, tamén poderán cubrirse á máquina ou á man, pero, neste último caso, con caracteres lexibles.
2. As solicitudes, que se dirixirán á Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, presentaranse no seu rexistro xeral, en Santiago de Compostela, ou no das respectivas delegacións provinciais daquela; así como en calquera outro lugar de acordo co establecido no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. O prazo de presentación das solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde, con independencia do disposto na disposición adicional terceira.
4. Xunto coa solicitude, en orixinal ou debidamente compulsada, deberase presentar a seguinte documentación:
a) Para todo tipo de axudas:
- Estatutos da entidade.
- Acreditación da representación da persoa que actúa en nome desta.
- Tarxeta de identificación fiscal (CIF).
- Memoria explicativa da acción ou adquisición que se vai realizar para a que se solicita axuda (anexo II).
- Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou percibidas para a mesma finalidade de calquera Administración pública ou entidade delas dependentes, no modelo que se xunta como anexo III.
b) Para promoción de actividades e gastos ordinarios de funcionamento, segundo os casos:
* Orzamento da actividade e indicación do lugar e data de celebración, así como o seu ámbito territorial, número de asistentes e/ou beneficiarios.
* Orzamento dos gastos ordinarios de funcionamento da entidade no exercicio para o que se solicita a axuda, con indicación do seu tipo de gasto e contía previsible do mesmo.
c) Para investimentos, segundo os casos:
- Orzamento do estudo que se vai que realizar e prazo de realización del.
- Orzamento da obra de acondicionamento e prazo de execución.
- Factura proforma da adquisición, nos restantes supostos.
5. Ao abeiro do establecido no artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, a presentación da solicitude polo interesado comportará a autorización á Secretaría Xeral da consellería para solicitar as certificacións de non ter débedas coa Administración pública da comunidade autónoma, así como de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, para as solicitudes de axudas para investimentos por importe superior aos 1.500 A; requisitos que, de ser o caso, haberán de acreditarse antes de efectuar a proposta de resolución, así como da tramitación do pagamento, ao abeiro do disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, punto 4 c) e 8-derradeiro parágrafo, respectivamente.
Artigo 7º.- Tramitación.
1. O Servizo de Xestión Orzamentaria da Secretaría Xeral revisará as solicitudes recibidas e a documentación achegada. No caso de estar incompleta, conter erros ou non se achegar toda a documentación requirida, requirirase o solicitante para que, no prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos precisos, advertíndoo de que, en caso contrario, se arquivará, sen máis trámite, a súa solicitude, ao considerarse que desiste dela, ao abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo resolución que para o efecto se dite ao abeiro do establecido no artigo 42 desta disposición.
2. Completados os expedientes, poranse ao dispor da comisión de avaliación para o seu informe, ao abeiro dos criterios de valoración fixados no artigo 5º desta orde, do que elevarán a correspondente proposta de resolución ao secretario xeral, órgano competente para resolver.
3. A devandita comisión de valoración estará constituída polo vicesecretario xeral, que a presidirá, actuando como vogais o xefe do Servizo de Xestión Orzamentaria, e un funcionario adscrito á Vicesecretaría Xeral, que actuará, ademais, como secretario.
Se algún dos seus membros non puidese participar nunha sesión dela, por calquera causa, será substituído por un funcionario da Secretaría Xeral para o efecto designado polo seu titular.
Artigo 8º.- Resolución e recursos.
1. Realizados os trámites procedementais oportunos de instrución do procedemento, segundo o disposto no artigo anterior e na normativa procedemental de xeral aplicación, en especial a relativa ás subvencións públicas, tras a fiscalización do gasto, o secretario xeral ditará, de xeito motivado, a resolución que en dereito proceda, concedendo ou denegando esta.
2. O prazo para resolver será de cinco meses desde a entrada en vigor desta orde.
3. A resolución ditada segundo o disposto no punto 1 deste artigo, pon fin á vía administrativa e contra esta cabe interpor, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, recurso contencioso-administrativo, segundo o establecido na devandita disposición, no prazo de dous meses desde a recepción da notificación da resolución ditada. Non obstante, tamén caberá a interposición de recurso administrativo de reposición, perante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no prazo dun mes desde a recepción da notificación da resolución contra a que se recorreu, consonte prevén os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
4. Transcorridos os ditos prazos sen que se lle notifique resolución expresa, os solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude, ao abeiro do disposto no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xaneiro, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime administrativo das administracións públicas e do procedemento común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de novembro.
Neste caso, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses desde que rematase o prazo para resolver e notificar.
Ademais, tamén caberá a interposición en vía administrativa, de recurso potestativo de reposición, nos tres meses seguintes ao remate do prazo para resolver.
Artigo 9º.- Aceptación.
O beneficiario, dentro dos dez días seguintes á notificación da resolución de concesión, deberalle notificar, pola súa vez, á Secretaría Xeral, a aceptación da subvención concedida. Se así non o fixera no indicado prazo entenderase que renuncia a esta.
Artigo 10º.- Publicidade.
1. A Secretaría Xeral publicará no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da consellería relación que conteña os extremos indicados no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999. Ademais, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas que, individualmente consideradas, superen os 3.000 euros.
2. O beneficiario terá a obriga de publicitar a axuda concedida en toda actividade subvencionada durante a realización desta, así como nos anuncios e programas previos, de ser o caso, á súa realización e, de ser o caso, nas publicacións.
Tamén deberá pór un cartel, en lugar ben visible, preferentemente no acceso ao recinto, no caso das subvencións concedidas para investimentos materiais.
Artigo 11º.- Modificación da resolución de concesión.
Calquera alteración das condicións que motivaron a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras concedidas polas demais administracións públicas ou entes dependentes delas, así como por entes privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
Artigo 12º.- Compatibilidade.
1. As axudas establecidas nesta orde serán compatibles con outras que, para a mesma finalidade, concedan outras administracións públicas ou entes destas dependentes; así como por entidades privadas.
Non obstante, serán incompatibles con calquera outra con cargo ao orzamento da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
2. En todo caso, a obtención de axudas concorrentes non poderá superar o custo total da actividade ou investimento. En caso de que se superase este, o importe da axuda minorarase o necesario para non superar este límite.
Artigo 13º.- Xustificación e aboamento.
1. Unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade, o beneficiario deberá solicitar o aboamento do importe da axuda (anexo V) logo da xustificación, en documentación orixinal ou copia compulsada, segundo os casos:
- Facturas.
- Estudo realizado, de ser o caso.
- Contrato de traballo, nóminas e documentos de cotización á Seguridade Social.
- Extracto das contas en entidades financeiras, ordes de transferencias ou certificacións daquelas que xustifiquen o efectivo pagamento dos gastos subvencionables; así como o importe dos fondos propios aplicados ao obxecto subvencionable.
En todo caso, deberá xuntarse ficha de transferencia bancaria, no modelo que se xunta como anexo IV.
2. Ademais, haberán de presentar declaración adicional do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para esta finalidade, para os efectos do establecido nos dous artigos precedentes.
3. A data máxima para a xustificación será o 15 de novembro para investimentos e realización de actividades e do 5 de decembro para os gastos de funcionamento.
4. Para os efectos do disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 28 de novembro, permitirase a subcontratación total da actividade obxecto da subvención, agás cando, aumentando o custo da actividade subvencionada, non achegue valor engadido ao contido desta.
5. Se o custo xustificado da actividade ou investimento fose inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe.
Artigo 14º.- Información e control.
1. Os solicitantes e beneficiarios quedan sometidos ás actuacións de comprobación e control efectuadas polo órgano competente para resolver, así como ás de control financeiro desenvolvidas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ou polo Consello de Contas segundo a súa normativa.
2. Ademais, deberanlle facilitar á Secretaría Xeral da consellería toda a información e documentación complementaria que esta estime precisa para a concesión ou aboamento do importe da subvención.
3. Os beneficiarios deberán conservar, para os efectos de comprobación e control, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos polo menos durante cinco anos desde o derradeiro pagamento.
Artigo 15º.- Revogación.
O incumprimento total ou parcial das obrigas asumidas polo beneficiario, levará consigo o reintegro, total ou parcial, do importe percibido, xunto cos xuros de demora, ao abeiro do establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Artigo 16º.- Réxime sancionador.
O programa de axudas desta orde queda suxeito ao réxime de infraccións e sancións establecido no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con independencia da obriga de reintegro das contías percibidas.
Disposicións adicionais
Primeira.- Financiamento.
1. Para o ano 2006, as axudas establecidas na seguinte orde financiaranse con cargo ás partidas que de seguido se indican, nas que existe crédito (fondos propios libres) axeitado e de abondo para o efecto:
- 15.01.342 A 480.0: 216.000 A.
- 15.01.342 A 780.0: 900.000 A.
2. Os devanditos importes iniciais poderanse incrementar con achegas adicionais tras a oportuna tramitación orzamentaria.
Segunda.- Delegación de funcións.
Apróbase a delegación de funcións do titular da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no secretario xeral, para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde, contida seu no artigo 8º.1.
Terceira.- Convocatorias sucesivas.
No caso de que, atendidas as solicitudes presentadas nesta convocatoria, houbese un remanente de crédito, poderase reabrir o prazo, tantas veces como se estime oportuno, ata esgotar a consignación orzamentaria, por orde publicada no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de novas solicitudes.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Desenvolvemento.
Facúltase o secretario xeral para que ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde.
Segunda.- Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN |
|---|---|
| Corrección de erros.-Orde do 27 de marzo de 2006 pola que se establecen as normas para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola. | 18/04/2006 |