Orde do 24 de marzo de 2004 de fomento da silvicultura e da ordenación de montes arborizados.

Diario Oficial de Galicia, 01-04-2003, Núm. 64, Páx. 4600
Orde do 24 de marzo de 2004 de fomento da silvicultura e da ordenación de montes arborizados. A Lei 8/1999, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que regula a concesión de axudas e subvencións que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. O Regulamento comunitario 1257/1999, sobre axudas ao desenvolvemento, establece no seu artigo 30 que a axuda á silvicultura se destinará, entre outras accións, aos investimentos efectuados en bosques que teñan por obxecto un aumento significativo do valor económico, ecolóxico ou social. A Xunta de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 27.10º e 27.30º do Estatuto de autonomía ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais, así como para ditar as normas adicionais sobre protección do ambiente e da paisaxe. A Consellería de Medio Ambiente, polo Decreto 14/2002, modificado polo Decreto 366/2003, é o organismo competente para a xestión destas axudas que teñen como obxectivos os seguintes: a) Ordenar os montes arborizados garantindo a súa persistencia e optimizando a súa produción mediante un aproveitamento sustentable. b) Mellorar silvicolamente as masas forestais existentes con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas autóctonas. c) Obter montes arborizados con producións elevadas e de calidade que posibiliten o desenvolvemento da industria de transformación da madeira e a consolidación de aproveitamentos complementarios. Para a aplicación do regulamento comunitario citado e tras elaborarse o correspondente programa operativo integrado de Galicia en que a silvicultura figura no eixe 3.9, é necesario publicar esta orde. O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. En consecuencia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concorrente, DISPOÑO: Artigo 1º.- Obxecto. Constitúe o obxecto desta orde o fomento da silvicultura e da ordenación de montes arborizados. Artigo 2º.- Ámbito de aplicación. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio forestal da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de: - Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade das administracións centrais ou autonómicas. - Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa. - Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50% do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas. Artigo 3º.- Actuacións obxecto de axuda e importes de subvención. Os importes de subvención indicados a continuación correspóndense, como máximo, co 75 % do total do importe do investimento. 1. Ordenacións. 1.1. Proxectos de ordenación de montes arborizados ou revisións de proxectos de ordenación. I = importe máximo subvencionable en euros. S = hectárea arborizada a ordenar. I = 180.3*S. 1.2. Plans técnicos de montes arborizados ou revisións de plans técnicos de montes arborizados. I = importe máximo subvencionable en euros. S = hectárea arborizada a ordenar. I= 90.15*S. 1.3. Realización da adaptación e complementación dos proxectos de ordenación e plans técnicos subvencionados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2000 e da Orde do 28 de maio de 2001, segundo as instruccións para a estructuración e codificación dos plans de xestión forestal: 6 A/hectárea arborizada. 2. Rareos en rexenerados naturais de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm: 2.1. Rareos en rexenerados naturais de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm: 700 A/ha. 2.2. Triturado dos restos dos rareos en rexenerados naturais de coníferas: 400 A/ha. Non se poderá solicitar a trituración dos restos no caso de que o rareo se realice de forma sistemática e mecanizada. 3. Rozas previas ás podas, e podas en masas de coníferas: 3.1. Rozas previas á realización de podas en masas de coníferas: 300 A/ha. 3.2. Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2,20 m, con diámetro normal medio comprendido entre 12 e 18 cm: 400 A/ha. 3.3. Outros tipos de podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 3,30 m, cunha densidade máxima de 1.100 pés/ha, sempre e cando se xustifique debidamente na memoria técnica: 480 A/ha. 3.4. Trituración dos restos de poda: 400 A/ha. Dentro deste punto, terá que solicitarse obrigatoriamente a poda (3.2 ou 3.3) e a trituración dos restos de poda (3.4) podéndose solicitar sobre a mesma superficie as rozas previas á realización de podas (3.1). Non se poderán solicitar na mesma superficie a poda ata 2,20 m (3.2) e a poda ata 3,30 m (3.3). 4. Tratamentos silvícolas de consolidación en masas de frondosas autóctonas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm (consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada por frondosas autóctonas): 4.1. Rozas: 480 A/ha. 4.2. Poda ata 1/3 da altura como mínimo e formación de guías: 300 A/ha. 4.3. Selección de gromos: 480 A/ha. 4.4. Rareos: 360 A/ha. Dentro deste punto, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.320 A. 5. Rexeneración de soutos de castiñeiros afectados polo lume, por enfermidades ou pragas, ou abandonados, cunha densidade mínima de 60 pés/ha: 5.1. Rozas: 480 A/ha. 5.2. Podas estruturais con tratamento funxicida: 420 A/ha. 5.3. Tratamento fitosanitario: 70 A/ha. 5.4. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta: 100 A/ha. Dentro deste punto, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.000 A. 6. Coidados culturais en mouteiras declaradas destinadas á producción de semente selecta ou en parcelas instaladas con subvención da Xunta de Galicia con fins de investigación ou experimentación de novas técnicas de repoboación e/ou tratamentos silvícolas: ata 1.000 A/ha que se xustificará na memoria técnica. 7. Cambio de especie forestal en masas de eucalipto danadas polo Gonipterus scutellatus: 1.200 A/ha que se xustificará na memoria técnica. As actuacións indicadas nos puntos 2, 3, 4, 5, 6 e 7 deste artigo non poderán solicitarse sobre unha mesma superficie. Non se poderán solicitar as mesmas actuacións sobre superficies xa subvencionadas nas convocatorias de axudas dos anos 2001, 2002 e 2003. O IVE non é subvencionable. Artigo 4º.- Beneficiarios. Poderán ser beneficiarios os titulares de terreos forestais, ben sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado, e agrupacións de titulares formadas por un mínimo de 2 membros. As persoas físicas ou xurídicas que realicen os traballos forestais como cesionarios dun acordo cos titulares de terreos forestais poderán solicitar as axudas en calidade de representantes destes últimos, debendo acreditar documentalmente, para tal efecto, a dita representación (anexo II). Artigo 5º.- Distribución do crédito e criterios de prioridade. A. Distribución do crédito. 1. Ordenacións: 1.1. Proxectos de ordenación e plans técnicos ou revisións destes: 178.000 A. 1.2. Realización da adaptación e complementación dos proxectos de ordenación e plans técnicos: 119.000 A. 2. Rareos en rexenerados naturais de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm: 608.200 A. 3. Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas: 654.000 A. 4. Tratamentos silvícolas de consolidación de masas de frondosas autóctonas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm: 595.000 A. 5. Rexeneración de soutos de castiñeiros afectados polo lume, por enfermidades ou pragas, ou abandonados: 208.000 A. 6. Coidados culturais en mouteiras declaradas destinadas á producción de semente selecta ou en parcelas instaladas con subvención da Xunta de Galicia con fins de investigación ou experimentación de novas técnicas de repoboación e/ou tratamentos silvícolas: 17.800 A. 7. Cambio de especie forestal en masas de eucalipto danadas polo Gonipterus scutellatus: 120.000 A. No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se cubra a totalidade do importe especificado nos distintos puntos, os importes sobrantes dos distintos puntos pasará aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados se é o caso. B. Criterios de prioridade. Cando as solicitudes presentadas superen as dispoñibilidades orzamentarias previstas nesta orde, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación, dentro de cada un dos puntos 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7 segundo o baremo seguinte: Punto 1.1. Proxectos de ordenación de montes arborizados e plans técnicos de montes arborizados ou revisións destes: 1 punto por hectárea de superficie arborizada a ordenar. Punto 1.2. Para a realización da adaptación e complementación dos proxectos de ordenación e plans técnicos subvencionados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2000 e da Orde do 28 de maio de 2001: 1 punto por hectárea de superficie arborizada ordenada. Punto 2. Rareos en masas de coníferas: - Masa principal de Pinus pinaster o Pinus sylvestris: 1 punto por hectárea. - Masa principal de Pinus radiata: 0,5 puntos por hectárea. - Masa principal doutras especies: 0,25 puntos por hectárea. - Densidade inicial maior de 6.000 pés/ha: 3 puntos por hectárea. - Densidade inicial entre 4.000 e 6.000 pés/ha: 2 puntos por hectárea. - Densidade inicial entre 2.500 e 4.000 pés/ha: 1 punto por hectárea. Punto 3. Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas: 3.1. Rozas previas á realización de podas: 0 puntos por hectárea. 3.2. Podas ata 2,20 m: 1 punto por hectárea. 3.3. Podas ata 3,30 m: 1 punto por hectárea. 3.4. Trituración dos restos de poda: 0 puntos por hectárea. Punto nº 4. Tratamentos silvícolas de consolidación en masas de frondosas autóctonas (consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada por frondosas autóctonas): 4.1. Rozas: 1 punto por hectárea. 4.2. Poda: 2 puntos por hectárea. 4.3. Selección de gromos: 2 puntos por hectárea. 4.4. Rareos: 1 punto por hectárea. Punto 5. Rexeneración de soutos de castiñeiros afectados polo lume, por enfermidades ou pragas, ou abandonados: 5.1. Rozas: 2 puntos por hectárea. 5.2. Podas estruturais con tratamento funxicida: 4 puntos por hectárea. 5.3. Tratamento fitosanitario: 2 puntos por hectárea. 5.4. Aumento da densidade dos soutos: 2 puntos por hectárea. Punto 6. Mouteiras selectas e parcelas de experimentación: 1 punto por hectárea. Punto 7. Cambio de especie forestal en masas de eucalipto danadas polo Gonipterus scutellatus: 1 punto por hectárea. Sumarase aos epígrafes anteriores os seguintes puntos: - No caso de agrupacións, formadas por un mínimo de 2 persoas físicas ou xurídicas, sumaranse 2 puntos, por cada persoa que se agrupe, ao global da puntuación obtida nos epígrafes anteriores. Excepto no caso de agrupacións de comunidades de montes veciñais en man común con propietarios particulares. - No caso de montes veciñais en man común, montes privados ou agrupacións de máis de 25 hectáreas sen convenio coa Administración ou en proceso de rescisión do convenio e todos eles con plan de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes ou en proceso de inclusión: 40 puntos. - No caso de montes veciñais en man común, montes privados ou agrupacións de máis de 25 hectáreas sen convenio coa Administración ou en proceso de rescisión do convenio e todos eles con plan de xestión: 35 puntos. - No caso de montes veciñais en man común con convenio coa Administración con plan de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes ou en proceso de inclusión: 30 puntos. - No caso de montes veciñais en man común con convenio coa Administración, montes privados ou agrupacións de máis de 25 hectáreas con plan de xestión: 25 puntos. Para todos os casos, de existir empate, prevalecerá o número máis baixo formado polas catro últimas cifras do DNI ou CIF do titular do terreo. C. Condicións do solicitante. No caso de actuar como solicitante da axuda unha persoa distinta do titular dos terreos, será de aplicación o seguinte: Un solicitante non poderá acumular máis do 10% do total da dispoñibilidade orzamentaria. Artigo 6º.- Superficies forestais mínimas e máximas para solicitar axudas. 1. Para proxectos de ordenación ou revisións destes a superficie mínima arborizada a ordenar, definida como aquela con fracción de cabida cuberta maior do 20%, será de 50 hectáreas. Para plans técnicos de montes arborizados ou revisións destes a super ficie mínima a ordenar será de 25 hectáreas arborizadas cunha masa que supere os cinco anos de idade. A superficie máxima a ordenar será de 250 hectáreas para plans técnicos de montes arborizados, salvo que a espesura defectiva do monte ou razóns doutra orde diminúan o valor dos produtos; e non se fixa superficie máxima para proxectos de ordenación, para as revisións dos proxectos de ordenación, nin para as revisións dos plans técnicos de montes arborizados. 2. Para cada un dos restantes epígrafes do artigo 3º, a superficie mínima continua de actuación será 3 hectáreas, excepto para rexeneración de soutos de castiñeiros afectados polo lume, por enfermidades ou pragas, ou abandonados que terán unha superficie mínima continua de 0,5 hectáreas, e excepto para mouteiras selectas e parcelas de experimentación en que non se fixa superficie mínima. Admitiranse solicitudes con máis dunha mouteira sempre que cada unha delas supere a superficie continua de 3 hectáreas. A superficie máxima será de 25 hectáreas para cada solicitude, excepto para os rareos en rexenerados naturais de coníferas que será de 50 hectáreas. 3. Non se admitirán agrupacións con máis dunha mouteira. 4. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas en terreos en que o acordo de concentración sexa firme. 5. Os terreos cun proceso de expropiación iniciado non poderán beneficiarse das presentes axudas na parte afectada. 6. Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas, se ben aqueles montes para os que se solicitase a rescisión do consorcio ou o paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde, si que poderán ser obxecto de axuda. Artigo 7º.- Condicións técnicas dos investimentos. 1. Os proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados ou as revisións destes deberán ser redactados por un enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, visados polo correspondente colexio oficial e axustarse ao establecido na Lei de montes e o regulamento para a súa aplicación, así como ás ordes ministeriais do 29 de decembro de 1970 e do 29 de xullo de 1971. Nestes documentos constará o consentimento e o compromiso da propiedade do monte para executar o disposto no seu contido. Co proxecto de ordenación ou plan técnico ou a revisión destes, entregarase un anexo onde figure o cálculo do erro da mostraxe e da posibilidade, así como o sistema empregado para a marcaxe das árbores nas parcelas de mostraxe e a súa xustificación de que é un sistema permanente e facilmente identificable. As parcelas de mostraxe levantadas no inventario deberán quedar identificadas de tal xeito que se posibilite o seu control posterior. Para tal efecto mar caranse perimetralmente, do xeito sinalado no anexo ao proxecto ou plan técnico ou revisión destes, á altura do diámetro normal as cinco árbores máis próximas ao centro da parcela. A superficie a ordenar deberá ser a totalidade da superficie do monte. No caso de proxectos de ordenación, polo menos un 25% da superficie arborizada ocupada pola especie principal ou principais, terá unha idade superior ás dúas terceiras partes da súa quenda, excepto masas de Pinus sylvestris onde terá unha idade superior a 40 anos. Nos proxectos de ordenación e plans técnicos ou nas revisións destes, no derradeiro punto do plan especial, titulado balance económico, deberanse ter presentes todos os ingresos e gastos íntegros, independentemente do financiamento, e non contar con futuras subvencións ou préstamos adiantados. De igual xeito, o estudio de viabilidade económica que o acompañará, operará co mesmo criterio no cálculo de fluxos de caixa, valor actualizado neto ou taxa interna de rendemento. As revisións dos proxectos de ordenación ou plans técnicos de montes arborizados soamente poderán solicitarse naqueles casos nos que se cumprise o plan especial ou se xustifiquen debidamente os motivos da revisión. Na realización da adaptación e complementación dos proxectos de ordenación e plans técnicos, serán reestruturados segundo as instruccións para a estruturación e codificación dos plans de xestión forestal, e recoller todos os datos, epígrafes e cartografía segundo as ditas instrucións, incluíndo aqueles que non foron recollidos na súa redacción inicial. 2. As memorias técnicas de tratamentos culturais e as de cambio de especie forestal en masas de eucalipto danadas polo Gonipterus scutellatus, deberán ser redactadas por un enxeñeiro de montes ou un enxeñeiro técnico forestal e visados polo correspondente colexio oficial. 3. Os restos que se obteñan como consecuencia da realización dos coidados culturais do voo serán triturados, excepto no caso de tratamentos silvícolas de consolidación de masas de frondosas autóctonas e rexeneración de soutos de castiñeiros afectados polo lume, por enfermidades ou pragas, ou abandonados onde os restos con diámetro en punta delgada superior a 6 cm serán triturados in situ, picados a menos de 50 cm ou ben extraídos do predio obxecto de axuda. 4. As rozas previas ás podas en masas de coníferas (3.1) soamente poderán solicitarse naqueles terreos onde a altura do mato impida a realización da poda; estas serán rozas de penetración. En ningún caso a altura das podas (3.2 e 3.3) poderá superar a metade da altura da arbore. As podas altas (3.3) realizaranse sobre un mínimo de 600 pés/ha, en masas cunha densidade máxima de 1.100 pés/ha, non sendo necesaria a poda dos restantes pés que non van chegar ao fin da súa quenda. 5. As accións mínimas que se levarán a cabo no caso de cambio de especie forestal en masas de eucalipto danadas polo Gonipterus scutellatus son as seguintes: A) Corta e extracción da masa de eucalipto existente. B) Eliminación ou tratamento dos cotos. C) Reforestación da superficie obxecto de actuación cunha especie ou especies forestais de distinto xénero que o eucalipto. Estas actuacións deberán estar xustificadas tecnicamente na memoria, así como o seu orzamento. Artigo 8º.- Solicitudes e documentación. As solicitudes das axudas deberán ser presentadas nos modelos formalizados para o efecto (anexo I) e facilitados polos órganos da Consellería de Medio Ambiente. Estas solicitudes presentaranse nas oficinas desta, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente. Os impresos, debidamente cubertos, deberán ir acompañados da seguinte documentación: 1. En xeral: a) Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do titular dos terreos e do solicitante. b) Para coidados culturais e cambio de especie forestal en masas de eucalipto danadas polo Gonipterus scutellatus, memoria técnica (entregarase tamén en formato word ou PDF), xunto co orzamento e planos sobre mapas da CPTOPV con escala preferente 1:5.000 ou no seu defecto 1:10.000, visada polo colexio oficial correspondente, máis unha copia. c) Para o caso de proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados ou revisións destes presentarase un estudo previo visado, máis unha copia, do que se deduza, de maneira orientativa a futura ordenación do monte e un orzamento. Non sendo necesario para a realización da adaptación e complementación dos proxectos e plans técnicos subvencionados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2000 e da Orde do 28 de maio de 2001. d) Nomeamento do director de obra por parte do titular dos terreos obxecto de subvención, excepto ordenacións, comunicándose nun prazo de 10 días cambios no dito nomeamento. e) Planimetría xeorreferenciada en ficheiro DXF: A planimetría do proxecto ou memoria técnica presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum de traballo, en ficheiro DXF, obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF deberá estar estruturado da seguinte maneira, excepto no caso de proxectos de ordenación ou plans técnicos que se presentarán xunto coa notificación de remate dos traballos, segundo o disposto no artigo 10º punto 8 da presente orde: Elementos do plano // Nivel ou capa // Color Límite do monte // 1 // Azul Límite de mouteiras de actuación // 2 // Vermello Pistas existentes // 3 // Verde Devasas existentes // 4 // Amarelo Puntos de auga existentes // 5 // Negro Especies existentes na mouteira (texto) // 6 // Negro f) Declaración do titular dos terreos obxecto de axuda do conxunto de todas as solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ao abeiro da presente orde, ante as administracións públicas competentes ou doutros entes públicos. g) Anexo V de referencias catastrais no caso de que os terreos obxecto de solicitude de axuda teñan máis dunha referencia catastral; no caso dunha soa, cubrirase na primeira folla. 2. Para todo tipo de titulares de terreos forestais, excepto comunidades de montes veciñais en man común: 2.1. No caso de ser propietario dos terreos: fotocopia do título de propiedade ou declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade do titular da propiedade. Nesta declaración farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome dos predios, superficie e lindeiros obxecto dos traballos e a súa localización. No suposto de que o terreo sexa propiedade de varios copropietarios, ademais presentarase documento privado en que se acredite o consentimento de todos os condóminos e a designación dun solicitante-representante. 2.2. No caso de ser arrendatario: fotocopia cotexada do documento acreditativo do arrendamento. 3. Para comunidades de montes veciñais en man común: 3.1. Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan ao solicitante a pedir axudas á Consellería de Medio Ambiente, para a execución das accións obxecto da solicitude. 4. Documentación complementaria. 4.1. Para outras entidades con personalidade xurídica (sociedade agrícola de transformación, sociedade anónima, sociedade limitada, sociedade cooperativa limitada, ...): 4.1.1. Documentación acreditativa de constitución. 4.2. Para agrupacións forestais: 4.2.1. Modelo constitutivo segundo o anexo III. 4.2.2. No caso de que o solicitante sexa a propia agrupación forestal: a agrupación deberá estar legalmente constituída e presentar o CIF acreditativo dela. 5. Documentación adicional. 5.1. No caso de haber unha persoa física ou xurídica distinta do titular dos terreos que actúa como representante deste, será necesario un acordo de cesión entre ambas as partes (anexo II), excepto no caso de agrupacións forestais onde será suficiente con cubrir o anexo III correspondente. Esta fórmula non se permite para proxectos de ordenación, plans técnicos de montes arborizados ou revisións destes e para a realización da adaptación e complementación de proxectos de ordenación e plans técnicos. 5.2. No caso de montes con proxecto de ordenación, plan técnico ou plan de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes, documento indicando o dito caso. 5.3. No caso de montes veciñais en man común sen convenio ou en proceso de rescisión, documentación indicativa del. 5.4. No caso de montes con proxecto de ordenación, plan técnico ou plan de xestión, documentación acreditativa del. 5.5. No caso de revisións de proxectos de ordenación ou plans técnicos de montes arborizados, documento acreditativo de que se cumpriu o plan especial ou documento xustificativo dos motivos da revisión. Artigo 9º.- Prazos. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no DOG desta orde e finalizará transcorridos 40 días naturais desde a dita data. Deberá empregarse un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos. Cada titular poderá pedir axuda en cada solicitude para un só punto do artigo 3º. Un titular poderá presentar un máximo dunha solicitude por concello para a realización da adaptación e complementación dos proxectos e plans técnicos subvencionados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2000 e da Orde do 28 de maio de 2001, punto 1.3 do artigo 3º. Ademais do resto dos puntos do artigo 3º un titular poderá presentar como máximo dúas solicitudes por concello e para dous epígrafes distintos do dito artigo. Os traballos obxecto de solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da aprobación da axuda. Artigo 10º.- Tramitación. 1. Unha vez presentada a solicitude revisarase a súa documentación e no caso de que conteña defectos ou omisións non esenciais, seralle requirida ao solicitante a emenda, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, con indicación de que se así non o fixer terase por desistido da súa petición arquivándose o expediente sen máis trámite cos efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. 2. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas, logo de proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, que, pola súa vez, tramitará as propostas dos servizos de Montes e Industrias Forestais. A resolución efectuarase tendo en conta a orde de prioridades desta orde e en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de concorrencia, transparencia e igualdade. 3. A Consellería de Medio Ambiente comunicará no prazo máximo de 6 meses, podéndose ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, a aprobación e contía das axudas ou a denegación razoada da solicitude. 4. No caso de non recaer resolución expresa nun prazo de seis meses a partir da data de entrada en vigor da presente orde, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. Estas resolucións serán notificadas a cada un dos solicitantes dentro do prazo de 10 días seguintes á toma do acordo. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, cabe a interposición do recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución for expresa ou seis desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999 e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Na resolución indicarase o prazo para a realización dos traballos que con carácter xeral non será inferior a dous meses. Excepcionalmente, poderá acordarse a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación mediante motivación clara das circunstancias concorrentes, e só unha vez esgotados todos os medios a disposición posibles, de conformidade co disposto no artigo 42.6º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999. 5. Realizarase unha inspección no campo por dous funcionarios da Consellería de Medio Ambiente, para verificar as superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a viabilidade dos traballos. 6. A modificación do investimento deberá ser xustificada e esixirá autorización previa da Consellería de Medio Ambiente por proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais logo de proposta dos servizos de Montes e Industrias Forestais, de conformidade co disposto no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro. 7. A axuda definitiva será a resultante da certificación final realizada por dous funcionarios da Consellería de Medio Ambiente, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo. Na certificación dos proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados ou as revisións destes, se estes non se adaptan ao disposto no artigo 7º, poderase conceder un prazo de 10 días, para adaptalos. Coa certificación poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas. Poderán admitirse certificacións parciais, a pedimento por escrito do solicitante, para importes de certificación superiores a 12.020,24 A. As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de antelación á terminación do prazo para a execución dos traballos. Terán unha duración máxima de 6 meses e serán propostas polos servizos de Montes e Industrias Forestais, ao director xeral de Montes e Industrias Forestais quen elevará proposta ao conselleiro de Medio Ambiente que resolverá. 8. Xunto coa notificación de remate dos traballos achegarase a seguinte documentación: - Xustificantes de gasto, ben facturas ou ben certificacións de obra con relación valorada asinada polo director de obra, polo importe total do investimento, de conformidade co disposto no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro. - Certificación bancaria a nome do solicitante. - Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social. - Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto. - Certificado de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto. - Declaración doutras axudas solicitadas ou percibidas para os mesmos fins. - Aval bancario no caso de pagamento parcial no caso de axudas totais aprobadas maiores de 30.050,61 A, que deberá axustarse ao regulado no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas. Ademais para proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados ou revisións destes presentarase: - Proxecto ou plan técnico. - Tres copias deste. - Consentimento expreso e o compromiso para o cumprimento do disposto no proxecto da propiedade do monte ou da asemblea xeral no caso de CMVMC. - Un anexo ao proxecto ou plan técnico, onde figure o cálculo do erro da mostraxe e da posibilidade, así como o sistema empregado para a marcaxe das árbores nas parcelas de mostraxe e a súa xustificación de que é un sistema permanente e facilmente identificable. - Entregarase en soporte informático a información dos proxectos de ordenación e plans técnicos segundo as instrucións para a estrutura e codificación dos plans de xestión forestal que se facilitarán aos seus beneficiarios na Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais. No caso de axudas para a realización da adaptación e complementación dos proxectos de ordenación e plans técnicos, unicamente, deberase entregar o documento, a base de datos e a cartografía dixital seguindo as devanditas instruccións. Todo isto por triplicado en soporte informático. Artigo 11º.- Comprobacións. 1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a entidade concedente e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto no artigo 78.4º d) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do réxime xeral e orzamentario de Galicia, e o capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución favorable á petición. Artigo 12º.- Revogacións. 1. A axuda poderá revogarse, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos: a) Execución de menos do 80% das accións previstas, sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior. b) Exceder os prazos de execución concedidos. c) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos na presente orde. d) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos aos sinalados na solicitude. e) Obtención da subvención sen reunir os requisitos esixidos para a súa concesión. Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora devengados desde o seu pagamento, sen prexuízo das responsabilidades a que houbese lugar. 2. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e orde establecida. 3. Naqueles supostos nos cales o importe das subvencións recibidas polo beneficiario excedan os custos da actividade procederase á solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade. Artigo 13º.- Financiamento. As accións previstas nesta orde financiaranse de maneira bianualizada por parte da Consellería de Medio Ambiente con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.614C.770.0, no ano 2004 cunha dotación inicial de 500.000 euros e no ano 2005 cunha dotación inicial de 2.000.000 euros, dotacións que poderán ser ampliadas con fondos propios ou comunitarios. No suposto de procederse á dita ampliación, teranse en conta as previsións contidas no artigo 12 modificación das resolucións de concesión do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 14º.- Alteración de condicións. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. Artigo 15º.- Compromisos. O titular dos terreos comprométese a manter o investimento realizado durante un mínimo de 5 anos segundo o especificado na alínea d) da disposición adicional segunda do Decreto 287/2000. Disposicións adicionais Primeira.- As axudas concedidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública e con calquera outro réxime de axudas comunitarias. Segunda.- No suposto de que as accións previstas na presente orde non precisen para ser cubertas na súa totalidade o importe total máximo consignado inicialmente para elas, os remanentes de crédito poderán ser utilizados en atender outros proxectos. Disposicións derradeiras Primeira.- Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para dictar todas as disposicións complementarias co obxecto de desenvolver esta orde. Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2004. José Manuel Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O24032004.pdf Galego
O24032004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles