Diario Oficial de Galicia, 01-04-2005, Núm. 62, Páx. 5410
Orde do 23 de marzo de 2005 pola que se establecen axudas para a educación ambiental para o ano 2005.
O artigo 149.1º.23 da Constitución, así como o artigo 27.30º do Estatuto de autonomía de Galicia, facultan a nosa Comunidade Autónoma para establecer normas adicionais sobre protección do medio e a paisaxe.
A Comunidade Autónoma de Galicia ten a obriga de fomentar a conciencia de que o ambiente galego é un patrimonio e un ben no que todos os estamentos sociais deben estar implicados.
O Decreto 106/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, recolle entre as súas competencias exercer o fomento da participación cidadá a través das políticas da información e da formación.
A Estratexia Galega de Educación Ambiental recomenda o apoio e o fomento das iniciativas de educación ambiental promovidas por asociacións e outras entidades de carácter social que atendan aos principios reitores nela establecidos e que son conducentes cara a unha cultura ambiental da sostibilidade.
Por todo isto, a Consellería de Medio Ambiente promove un réxime de axudas destinadas á formación dunha conciencia social para a defensa e mellora do contorno e a educación ambiental. Estas accións desenvólvense, mediante diversos plans, entre os que destaca o Programa de educación ambiental.
En virtude do anterior e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Obxecto das axudas.
Esta orde ten por obxecto a concesión de axudas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para a realización de:
a) Cursos, exposicións, conferencias, obradoiros, seminarios e xornadas relacionadas coa educación ambiental.
b) Publicacións en formato impreso, audiovisual ou multimedia de orixinais de material didáctico ou de divulgación dirixido á educación ambiental, incluíndo a súa preparación e elaboración, sempre que a súa finalidade sexa a súa distribución gratuíta.
Artigo 2º.- Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde:
a) Persoas físicas, sempre que a súa finalidade sexa a realización de publicacións segundo o recollido no artigo 1º b) desta orde.
b) Institucións sen fins de lucro (como asociacións, fundacións, entidades benéficas, etc.) que dispoñan dos medios suficientes e adecuados para levar a cabo accións de educación e divulgación ambiental. Cando os solicitantes sexan asociacións, deberán estar inscritas no Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Centros docentes públicos ou concertados que queiran promocionar a educación ambiental mediante a programación e realización de actividades que contribúan a este labor e dispoñan dos medios suficientes e adecuados.
Todos os beneficiarios deberán ter o seu domicilio social, no caso de persoas xurídicas, ou particular, no caso das persoas físicas, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Co obxecto de acadar un maior reparto das axudas só se admitirá unha solicitude por entidade.
Artigo 3º.- Porcentaxes e importe máximo das axudas.
A Consellería de Medio Ambiente subvencionará os investimentos que leven a cabo accións relacionadas no artigo primeiro cun importe máximo para cada actuación que non superará os 6.000 euros (seis mil euros), e sempre e cando non concorran outro tipo de subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, e cubrirá:
a) No recollido no artigo 1º a): gastos derivados da organización; honorarios de conferenciantes e profesorado; aluguer de equipos e material; realización de material expositivo, de divulgación do propio acto e outro material correspondente á actividade, excluído o material inventariable.
b) No recollido no artigo 1º b): gastos derivados da preparación do material (como fotografías, ilustracións e outros necesarios) para a elaboración da unidade que se propoña na memoria de solicitude, a de impresión ou publicación, excluído o material inventariable.
O importe do IVE non será subvencionable na medida recuperable da Facenda pública.
Artigo 4º.- Condicións da concesión
1. En toda a documentación pública relacionada coas actividades subvencionadas, farase constar que estas se realizan en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, empregando os logotipos de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.
2. No caso de subvencións concedidas a publicacións deberá reservarse un 10% dos exemplares editados para a súa distribución gratuíta pola Consellería de Medio Ambiente.
No caso de estudos os beneficiarios terán que presentar cinco exemplares do traballo subvencionado na Consellería de Medio Ambiente.
3. O incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión determinará a obriga de reintegro total ou parcial da axuda percibida.
4. Toda alteración das condicións tidas en conta na concesión da axuda, e en todo caso a obtención concorrente de axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación ou anulación da concesión.
Artigo 5º.- Solicitudes e documentación.
1. As solicitudes para acollerse ás axudas citadas deberán dirixirse ao conselleiro de Medio Ambiente, e conterán a documentación que se requira debidamente cuberta e asinada.
2. Todos os solicitantes presentarán a seguinte documentación:
1) Solicitude segundo o modelo do anexo I.
2) Certificación bancaria segundo anexo II.
3) Fotocopia do NIF do solicitante, se é o caso, debidamente compulsada, ou acreditación da representación do solicitante por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
4) Memoria explicativa das accións concretas que se queiran emprender, que deberá conter, polo menos, os seguintes extremos:
a) Programación, que conteña unha descrición detallada do programa de actividades, lugar, temas para tratar, relatores e títulos dos relatorios, medios materiais e humanos cos que se conta, e calquera outro aspecto que se considere de interese.
b) Persoas ás que vai dirixido e número de participantes previstos.
c) Relación dos actos celebrados no último ano pola entidade organizadora e certificado dos que foran recoñecidos de interese ambiental.
5) Orzamento detallado que se precisa.
6) Calendario de actuacións e remate previsto das actuacións, que deberá ser anterior ao día 15 de outubro de 2005.
7) Se é o caso, as autorizacións administrativas que se requiran para a realización das actuacións previstas.
8) Unha declaración xurada de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes.
9) Unha acreditación de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT e coa Seguridade Social, e de que non existe débeda pendente de pagamento coa Xunta de Galicia. Desta obriga están exceptuados os centros docentes de titularidade pública, de acordo co disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.
3. Segundo as características dos beneficiarios, terán que acompañar ademais, a seguinte documentación complementaria:
a) Os centros docentes públicos ou concertados deberán presentar o acordo do Consello Escolar para solicitar a subvención.
b) No caso de publicacións terá que presentarse un índice e borrador dela.
Artigo 6º.- Lugar e prazo de presentación.
1. A documentación deberá presentarse na Consellería de Medio Ambiente, directamente ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. O prazo para a presentación das solicitudes será de 40 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Artigo 7º.- Tramitación e concesión.
1. Unha vez recibidas as solicitudes, a Consellería de Medio Ambiente solicitará a ampliación de datos ou informes, en relación coa documentación presentada, que considere necesarios.
Se se observase algunha deficiencia, esta será notificada, concedéndosellle ao solicitante un prazo de dez días, a contar desde a recepción da notificación, para emendar as deficiencias conforme o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Transcorrido este prazo sen que se producise a emenda, o expediente terase por desistido da súa petición, logo da resolución
A seguir, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, que se encargará da tramitación das axudas efectuará as comprobacións e estudos pertinentes, formulará a correspondente proposta de resolución que conterá unha relación dos solicitantes para os que se propón a concesión de axudas e a contía, así como daqueles para os que se propón a denegación da subvención solicitada. A dita proposta elevarase ao conselleiro de Medio Ambiente, quen ditará a pertinente resolución de concesión ou denegación de axuda, tendo en conta as prioridades e limitacións contidas nesta orde.
Comunicaráselles aos solicitantes a aprobación ou denegación dela así como a contía da subvención, no prazo máximo de tres meses a partir da publicación desta convocatoria.
2. Transcorrido o prazo máximo para notificar a resolución sen que a Administración a adoptase, entenderase denegada a solicitude por silencio administrativo, sen prexuízo da obriga da Administración de resolvela expresamente en todo caso.
3. A resolución da subvención porá fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade ao disposto no artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
4. As solicitudes baremaranse conforme os seguintes criterios:
1) Relación entre a calidade técnica e o custo da actividade que se vai realizar: 0-10 puntos.
2) Alcance das accións que se van desenvolver: 0-10 puntos.
3) Medios humanos que se van utilizar: 0-5 puntos.
4) Nivel de identificación coas recomendacións contidas na Estratexia Galega de Educación Ambiental: 0-10 puntos.
5) Valorarase ademais:
a) A orixinalidade do proxecto: 0-5 puntos.
b) A gratuidade das actividades recollidas no punto a) do artigo 1: 0-5 puntos.
5. Recibida a comunicación de aprobación, o solicitante deberá notificarlle nun prazo de 10 días hábiles á Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible a aceptación das condicións da subvención. Se o solicitante fose unha asociación, centro docente ou entidade non lucrativa, presentará o acordo do órgano competente desta. Transcorrido este prazo, e de non ter recibido na Consellería de Medio Ambiente esta notificación, entederase que se rexeita a axuda concedida.
Artigo 8º.- Comisión de avaliación:
A Comisión de avaliación dos proxectos presentados estará composta por:
a) O director xeral de Desenvolvemento Sostible, ou persoa en quen delegue.
b) O subdirector xeral de Información, Formación e Prospectiva Ambiental, ou persoa en quen delegue.
c) O xefe do Servizo de Formación e Divulgación Ambiental, ou persoa en quen delegue.
Artigo 9º.- Procedemento de pagamento e xustificación.
1. Para o pagamento das axudas será preciso xustificar a execución das accións aprobadas mediante a proba documental correspondente, considerándose como medios de xustificación precedentes, sen prexuízo doutros que poidan establecerse, os que se determinan no artigo 15.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e que deberán estar debidamente acreditados ante a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, no prazo de 15 días naturais a partir da finalización das actuacións.
2. O peticionario presentará, no momento da xustificación da execución total do proxecto, e en calquera caso, antes do último pagamento, unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
3. Así mesmo, o beneficiario debe acreditar con anterioridade ao cobramento da axuda que se encontra ao día das súas obrigas tributarias estatais coa AEAT e coa Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Desta obriga están exceptuados os centros docentes de titularidade pública, segundo o exposto no artigo 5º.9.
4. A Consellería de Medio Ambiente reserva para si a facultade de realizar as comprobacións, inspeccións e controis que considere oportunos, para verificar o cumprimento da finalidade da axuda.
5. O beneficiario estará obrigado en todo caso a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, de acordo co artigo 78.8º j) da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.
Artigo 10º.- Prazo de finalización das actuacións.
1. As actuacións obxecto da subvención deberán estar terminadas e xustificadas antes do 15 de outubro de 2005.
2. O incumprimento do prazo de execución dará lugar á revogación da concesión da subvención.
Artigo 11º.- Outras condicións.
En toda a documentación publicada relacionada coas actividades obxecto da axuda farase constar a frase «Esta actividade foi realizada cunha axuda económica da Consellería de Medio Ambiente». Nos exemplares de distribución gratuíta farase constar impreso neles a frase «Exemplar gratuíto».
En relación cos orixinais que se realicen segundo o establecido no artigo 1º b), que non leven consigo directamente a súa publicación ou realización, a Consellería de Medio Ambiente reserva para si o dereito de publicación ou de realización, durante un ano, contando desde a data de entrega do orixinal.
Artigo 12º.- Reintegro.
Procederase ao reintegro total ou parcial das axudas reguladas nesta orde, e dos xuros de demora e xuros devengados desde o seu pagamento, no suposto de incumprimento das condicións establecidas na súa concesión e, se é o caso, nos supostos previstos no artigo 78.5º e 78.6º da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, que modifica o artigo 78.4º e 78.5º respectivamente do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, e nos supostos establecidos no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
Artigo 13º.- Infraccións e sancións.
Aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde aplicaráselles o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 79 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, que modifica o artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.
Artigo 14º.- Obriga de facilitar información.
Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poidan exixir aos órganos correspondentes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga, conforme o previsto no artigo 78.8º j) da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo que modifica o artigo 78.6º i) do Decreto lexislativo 1/1999, de facilitar toda a información que lles sexa requirida polos órganos dependentes do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e/ou polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lle sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.
Disposición adicional
As axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 15.05.342A780.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, cunha dotación inicial de 90.000 euros (noventa mil euros), que poderá ser incrementada a través das necesarias modificacións orzamentarias da partida.
Disposición derradeira
Facúltase o director xeral de Desenvolvemento Sostible para ditar as disposicións necesarias co obxecto de desenvolver esta orde, que entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2005.
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
EDUCACIÓN E FORMACIÓN AMBIENTAL