Orde do 23 de marzo de 2005 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas e organizacións para a súa adhesión a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (Emas) e para a implantación por fases do devandito sistema para as pequenas e medianas empresas (Pemes).

Diario Oficial de Galicia, 01-04-2005, Núm. 62, Páx. 5415
Orde do 23 de marzo de 2005 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas e organizacións para a súa adhesión a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (Emas) e para a implantación por fases do devandito sistema para as pequenas e medianas empresas (Pemes). A sustentabilidade converteuse na base sobre a que debemos desenvolver calquera iniciativa que se pretenda levar a cabo. Se somos capaces de apoiar e potenciar o desenvolvemento dun mercado máis ecolóxico, as empresas responderán con innovacións tecnolóxicas e de xestión que estimularán o crecemento, a competitividade, a rendibilidade e a creación de emprego. A Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia; o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o Regulamento 761/2001, do Parlamento Europeo e o Consello, polo que se permite que as organizacións se adhiran a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (Emas), constitúen a lexislación aplicable para tal efecto na Comunidade Autónoma de Galicia, e incide na importancia de incentivar os sistemas de ecoxestión e ecoauditoría voluntarios das empresas. Neste mesmo sentido cómpre sinalar que a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, pola que se regula o réxime xurídico xeral de subvencións outorgadas polas administracións públicas, establece uns preceptos básicos nesta materia, e motivou a adaptación do réxime xeral de axudas e subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia ao contido básico desta lei a través da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, que procede, nos seus artigos 12 e 13, á modificación da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, no que respecta ao réxime xeral de axudas e subvencións e infraccións, sancións e réxime de responsabilidades. En virtude, e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía para Galicia e o Decreto 106/2004, do 27 de maio, DISPOÑO: Capítulo I - Cuestións xerais Artigo 1º.- Obxecto e ámbito de aplicación. 1. Esta orde ten por obxecto a concesión de axudas para a implantación dun sistema de xestión ambiental, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación, regulados no artigo 3 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e polo artigo 8 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, do 17 de novembro, polos que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e do Estado, e segundo o disposto no Regulamento (CE) nº 761/2001, do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de marzo, polo que se permite que as organizacións se adhiran con carácter voluntario a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (Emas). Coa implantación deste sistema de xestión ambiental minimizaranse gradualmente os impactos producidos polas organizacións sobre o medio receptor. 2. Estas axudas concederanse para apoiar o proceso de implantación dun sistema de xestión ambiental e a súa posterior adhesión ao sistema comunitario Emas. 3. As actuacións obxecto desta orde non se iniciarán antes do 1 de decembro de 2004, e deben estar finalizadas antes do 31 de outubro de 2005. Non obstante, as empresas que iniciaron os traballos de implantación de Emas con anterioridade a esta data e non acadasen a devandita implantación antes do 1 de decembro de 2004 poderán solicitar estas axudas. Artigo 2º.- Contía. Para as empresas que implanten e se rexistren directamente no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais Emas, ata un máximo do 90% do custo da implantación e verificación (custo total); ata un máximo de 6.000 A do custo da verificación se se fai a partir de ISO 14001; e ata un 75% do custo dos traballos realizados para a implantación dun sistema de xestión ambiental conforme os requisitos que exixe o Regulamento Emas, non chegando a realizar a verificación da declaración ambiental e a inscrición no rexistro Emas. Artigo 3º.- Beneficiarios. Poderán acollerse a estas axudas as empresas e outras organizacións que cumpran os seguintes requisitos: 1. Ter o seu enderezo social ou algún dos seus centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia e materializar o proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia. 2. Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3. Non ter contraídas débedas coa Xunta de Galicia. 4. Posuír personalidade xurídica propia, suficiente capacidade para obrar e non estar inhabilitadas para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos. 5. Quedan excluídas as empresas e organizacións sen ánimo de lucro. 6. Quedan excluídas tamén todas as empresas e organizacións que non poidan obter a condición de beneficiario segundo o artigo 13, puntos 2º e 3º, da Lei 38/2003, xeral de subvencións. Artigo 4º.- Solicitudes. 1. As solicitudes irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente e deberán ser presentadas no modelo normalizado recollido para o efecto no anexo desta orde. Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as solicitudes de axuda presentaranse preferentemente na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente. 2. As solicitudes deberán ser presentadas no prazo de 40 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Artigo 5º.- Documentación que hai que presentar coas solicitudes. Coas solicitudes xuntaranse os seguintes documentos: 1. A instancia de solicitude, segundo as indicacións recollidas no artigo 4º.1 (modelo do anexo desta orde). 2. Acreditación da personalidade: 2.1) Persoas xurídicas. a) Copia compulsada da certificación rexistral na cal conste a súa constitución e os estatutos vixentes. b) Copia compulsada do documento acreditativo do poder co que actúa o representante en nome da entidade, no caso de que tal poder non conste na certificación, e copia compulsada do seu documento nacional de identidade. c) Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal. 2.2) Persoas físicas. a) Copia compulsada do documento nacional de identidade do titular ou titulares solicitantes, así como do seu representante, de ser o caso. b) Copia compulsada da declaración censual de alta en obrigas tributarias (modelo 037) na Axencia Estatal Tributaria, referida a todos os titulares, de ser o caso. 3. Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes e das axudas de minimis dos 3 últimos anos. 4. Presentarase, por duplicado, un estudo que non supere as 20 páxinas de extensión, que conteña: a) Memoria técnica. a.1. Memoria explicativa do alcance das actuacións que se van realizar na implantación do Sistema de Xestión Ambiental que inclúa, como mínimo: - A avaliación ambiental da instalación. - A política ambiental que se vai seguir (compromiso de mellora continua, prevención da contaminación e conformidade regulamentaria ...). - Cronograma de implantación do Sistema de Xestión Ambiental. a.2. Para a implantación e rexistro no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais Emas, unha memoria técnica explicativa da acción que se vai desenvolver. Esta memoria técnica incluirá, como mínimo, os seguintes puntos: - Avaliación ambiental da instalación. - Política ambiental que se vai seguir (compromiso de mellora continua, prevención da contaminación e conformidade regulamentaria...). - Cronograma en referencia ao establecemento dos pasos para acadar o rexistro en Emas. b) Memoria valorada e orzamentos desagregados dos traballos que se van realizar para os obxectivos establecidos no artigo 1º.2, así como, polo menos unha factura pro forma de cada un dos conceptos orzamentarios. No caso de que o importe do gasto subvencionable supere os 12.000 euros no suposto de prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da axuda (segundo o artigo 78 do TRLRFG que se axustará ao disposto no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións). No caso de realizar a implantación do sistema de xestión con medios propios, presentarase un orzamento do gasto que deberá ser aprobado pola Administración para que este gasto poida ser considerado subvencionable. En ningún caso serán subvencionables os gastos de persoal, tanto propio como externo. c) Beneficios ambientais esperados. d) Para os solicitantes que realicen durante 2005 a implantación do sistema de xestión sen acadar o rexistro Emas, incluídos na alínea a.1 anterior, declaración xurada de realizar a súa inscrición no rexistro de Emas antes do 31 de decembro de 2006. 5. A documentación presentada, na convocatoria de axudas reguladas pola Orde do 12 de marzo de 2004 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polas empresas que non acadaron a súa inscrición no rexistro Emas no período indicado na citada convocatoria, non terá que ser presentada de novo no caso de que estas empresas soliciten as axudas reguladas por esta orde. Artigo 6º.- Gastos non subvencionables. Non se considerarán subvencionables os seguintes conceptos: 1. Calquera imposto pagado pola entidade. 2. Gastos financeiros derivados do investimento. 3. Gastos de persoal, tanto propio como externo. 4. Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. 5. E todos aqueles que figuran na Lei 38/2003, xeral de subvencións. Artigo 7º.- Criterios de valoración. 1. As solicitudes avaliaranse en réxime de concorrencia competitiva e para avaliar a prioridade entre elas teranse en conta os seguintes criterios enumerados por orde decrecente de importancia: a) Empresas que como resultado da axuda recibida poidan obter a súa inscrición no rexistro do sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais Emas. b) Empresas que como resultado da axuda recibida poidan obter a súa inscrición no rexistro do sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais Emas a partir da certificación internacional pola norma ISO 14.001. c) Empresas que como resultado da axuda recibida poidan acreditar a implantación dun sistema de xestión ambiental (SXM), segundo os criterios do Regulamento de Emas 761/2001, do 19 de marzo. 2. Considerando os anteriores criterios, a comisión de avaliación creada polo artigo 8º desta orde estudará e avaliará as solicitudes presentadas e avaliará estas tendo en conta as alíneas a.1), a.2), b) e c) do punto 5 da documentación a que se refire o artigo 5º, puntuando da seguinte forma: Alínea a.1): ata un máximo de 5 puntos. Alínea a.2): ata un máximo de 5 puntos. Alínea b): ata un máximo de 2 puntos. Alínea c): ata un máximo de 3 puntos. As solicitudes que non obtivesen unha puntuación mínima de 5 puntos entenderanse desestimadas. Capítulo II - Tramitación, resolución, xustificación e pagamento Artigo 8º.- Comisión de avaliación. 1. Presentada a solicitude xunto á documentación correspondente, procederase á súa valoración por un órgano colexiado. O devandito órgano colexiado será unha comisión de avaliación de proxectos constituída polo director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e o subdirector xeral de Avaliación Ambiental e, no caso de carencias ou defectos de forma, requirirase o interesado para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou proporcione os documentos preceptivos. Se non se fixexe deste xeito, terase por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. 2. Esta comisión de avaliación formularalle ao órgano instrutor a proposta de concesión de axudas para a súa resolución polo conselleiro de Medio Ambiente. Artigo 9º.- Resolución. 1. As resolucións de concesión ou desestimación serán ditadas polo conselleiro de Medio Ambiente ou polo director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, e estas comunicaranse nun prazo de catro meses a partir da publicación da convocatoria no DOG. Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que o interesado tivese recibido comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións polo silencio administrativo, conforme o disposto no artigo 2 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Antes de ditarse a proposta de resolución de concesión, o órgano concedente solicitaralle ao beneficiario a acreditación de estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, segundo o artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo. 2. O órgano administrativo concedente publicará no DOG, e nos termos que se fixen regulamentariamente, as subvencións concedidas expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario ao cal se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención. Non será necesaria a publicación no DOG da concesión das subvencións nos supostos indicados no artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo. 3. O outorgamento da axuda debe ser aceptado polo beneficiario no prazo de 15 días, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que o beneficiario non comunique a súa aceptación no prazo indicado, a subvención outorgada considerarase desestimada. 4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión. Artigo 10º.- Control e seguimento. Constitúese unha comisión de seguimento integrada polos mesmos membros da comisión de avaliación, que se encargará do control da execución da actividade obxecto da axuda. Artigo 11º.- Acreditación de traballos realizados. Para proceder ao cobramento das axudas será indispensable a presentación, antes do 31 de outubro de 2005, da seguinte documentación: a) Orixinal ou copia compulsada das facturas, xustificantes bancarios dos pagamentos realizados ou outros xustificantes que acrediten o pagamento do devandito investimento. b) Declaración ambiental validada polo verificador ambiental no caso de estar incluído na alínea a.2 do punto 5, artigo 5º. c) Declaración xurada de ter acadado a implantación dun SXM no caso de estar incluído na alínea a.1 punto 5 do artigo 5º. d) Certificación expedida pola entidade bancaria na cal se sinale o número de conta do beneficiario onde se debe realizar o pagamento. e) No momento da xustificación da execución do proxecto e, en calquera caso, antes do pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo proxecto, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (Resolución do 30 de novembro de 1999, acordo do Consello de novembro de 1999 en que se establece o mecanismo de seguimento e control de concorrencia e acumulación das axudas públicas). f) Declaración xurada de ter cumprido co orzamento de implantación do sistema de xestión con medios propios aprobado pola Administración para a realización deste proxecto, de ser o caso. Poderase levar a cabo visita de comprobación por parte da Administración para verificar o seu cumprimento. g) O beneficiario da subvención deberá acreditar a obriga de manter o investimento de que se trate, e as responsabilidades convenientes, durante o período mínimo de 5 anos, así como non exceder as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas pola normativa europea. h) Declaración xurada, para os solicitantes incluídos na alínea a.1 do punto 5 do artigo 5º, de realizar a súa inscrición no rexistro de Emas antes do 31 de decembro de 2006. Artigo 12º.- Pagamento. O beneficiario deberá acreditar, coa excepción dos que autorizaron o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para que solicitase estes certificados segundo os anexos desta orde, previamente ao cobramento: a) Que se encontre ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social. b) Certificación de non ter pendente ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración da comunidade autónoma. Artigo 13º.- Redución do pagamento. No caso de que o investimento ou a actividade realizada tivese un custo inferior ao inicialmente previsto, a axuda concedida verase diminuída en relación cos logros obtidos para a súa adhesión a Emas. Artigo 14º.- Aplicación orzamentaria. 1. Para a concesión das axudas convocadas nesta orde destinaranse ata un máximo de 250.000 euros que se imputarán na aplicación orzamentaria 15.04.342A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2005, quedando condicionada a súa tramitación á existencia de crédito axustado e suficiente por parte da Consellería de Medio Ambiente nos referidos orzamentos. 2. Esta orde de subvencións acóllese ao Regulamento (CE) nº 69/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOCE L nº 10, do 13-1-2001), onde a axuda total de minimis concedida a calquera empresa non deberá exceder 100.000 euros nun período de 3 anos. Artigo 15º.- Compatibilidade de axudas. A axuda contida nesta orde é compatible con outras subvencións de calquera Administración pública, dentro dos límites establecidos no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, no que se sinala que o importe das axudas non poderá en ningún caso, illada ou conxuntamente con outras, superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario. Artigo 16º.- Reintegro. Procederá o reintegro total ou parcial das axudas reguladas nesta orde e dos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento, no suposto da realización das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos no artigo 78.10º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado polo artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo. Artigo 17º.- Obriga de facilitar información. Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polos órganos dependentes do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control, segundo o indicado no artigo 78.11º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado polo artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e réxime administrativo. Artigo 18º.- Recursos. A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo. Disposición adicional Única.- Aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, así como as previsións contidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o citado decreto lexislativo. Disposicións derradeiras Primeira.- Facúltase o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para ditar cantas disposicións complementarias sexan precisas para o desenvolvemento desta orde, en especial as relativas á ampliación de prazos. Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2005. José Manuel Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
ECOAUDITORÍAS/ECOETIQUETADO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
OII23032005.pdf Galego
OII23032005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles