Orde do 23 de decembro de 2005 pola que se regula o contido básico dos estudos de minimización da produción de residuos non perigosos que deben presentar os produtores autorizados de residuos.

Diario Oficial de Galicia, 10-01-2006, Núm. 6, Páx. 559
Orde do 23 de decembro de 2005 pola que se regula o contido básico dos estudos de minimización da produción de residuos non perigosos que deben presentar os produtores autorizados de residuos. O artigo 20, punto 2.b, do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o rexistro xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, establece a obrigatoriedade para os produtores de residuos que xeren unha cantidade igual ou superior a 1.000 toneladas ao ano de residuos non perigosos de presentaren un estudo de minimización deses residuos. Mediante estes estudos as empresas terán que comprometerse a reducir a súa produción de residuos non perigosos, ao tempo que constituirán a base documental sobre a que realizar o control sobre a redución efectiva dos residuos xerados. O concepto de residuo non perigoso aparece definido no artigo 3 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, considerándose aqueles residuos que se xeran no proceso de fabricación, transformación, utilización, consumo, limpeza ou mantemento dunha instalación ou actividade industrial, sanitaria ou gandeira, e non teñen a consideración de residuos perigosos, urbanos ou municipais; por produtor entenderase calquera persoa física ou xurídica cando a súa actividade, excluída a derivada do consumo doméstico, produza residuos ou efectúe operacións de tratamento previo, de mestura, ou doutro tipo que ocasionen un cambio de natureza ou de composición de residuos. Terá tamén a consideración de produtor o importador de residuos ou adquirente en calquera estado membro da Unión Europea. Polo tanto, no uso das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, de acordo coas competencias atribuídas a esta Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no Decreto 106/2004, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, DISPOÑO: Artigo 1º.- Obxecto. Esta orde ten por obxecto regular o contido do estudo de minimización que os produtores que xeren unha cantidade igual ou superior a 1.000 toneladas ao ano de residuos non perigosos están obrigados a elaborar, segundo o establecido no artigo 20, apartado 2.b, do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o rexistro xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. Artigo 2º.- Contido do estudo. O contido do dito estudo axustarase ao establecido no anexo desta orde e presentarase na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no prazo de un ano a partir da entrada en vigor da presente orde, e posteriormente cunha periodicidade de catro anos. Disposición derradeira. Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2005. Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
RESIDUOS AGRARIOS
RESIDUOS NON PERIGOSOS
RESIDUOS SANITARIOS
Derogada por
CONSULTAR_RELACIONADAS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O23122005.pdf Galego
O23122005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles