Orde do 22 de xaneiro de 2004 pola que se abre o prazo para a presentación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos.

Diario Oficial de Galicia, 28-01-2004, Núm. 18, Páx. 1225
Orde do 22 de xaneiro de 2004 pola que se abre o prazo para a presentación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos. O Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 15.1º que a consellería competente en materia de enerxía convocará anualmente, mediante orde, a presentación de solicitudes para a instalación de parques eólicos, co obxecto de selecciona-los admitidos a tramitación, de acordo cos criterios establecidos no artigo 17 da mesma norma, que ademais establece entre eles a posibilidade, no seu parágrafo 2, punto h) de aplicar outros factores a establecer de maneira particular en cada orde anual. Tendo en conta que nos encontramos ante a primeira convocatoria en que é aplicable de forma exclusiva o Decreto 302/2001, trala realización das dúas convocatorias transitorias previstas na disposición transitoria segunda do dito decreto, parece razoable englobar xa a partir de agora tódalas solicitudes de calquera tipo de parques eólicos (plans eólicos e individuais) nuns mesmos parámetros. Sempre tomando como base e punto de partida que a planificación ten como figura angular, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, a existencia de plans eólicos estratéxicos ou empresariais, que nestes momentos se atopan en pleno desenvolvemento. Por outra parte a periodificación da planificación ata o 2010 xa quedou esbozada na proposta de desenvolvemento da rede de transporte eléctrico presentada pola Xunta de Galicia ó Ministerio de Economía dentro do procedemento de planificación e desenvolvemento da rede que se elaborou en colaboración cos promotores eólicos. Así facíase unha previsión dunha potencia instalada no ano 2005 de 2.500 MW eólicos, que tal e como se está desenvolvendo a implantación destas infraestructuras non parece conveniente modificar. Ademais e cumprindo co preceptuado na Orde do 29 de outubro de 2002 pola que se determinan os requisitos para a autorización de parques eólicos singulares, aprovéitase a presente orde para abri-la convocatoria deste tipo de parques. Así mesmo, o xa mencionado artigo 15.1º fai unha última precisión, establecendo a necesidade de determinar na orde de convocatoria a potencia en megavatios para conceder no ano, así como a previsión de potencia para adxudicar no bienio seguinte, cos efectos de garantir unha adecuada e suficiente planificación ós promotores eólicos intervenientes. Na súa virtude, DISPOÑO: Artigo 1º.- Obxecto. Mediante a presente orde convócanse tódolos promotores interesados na instalación de parques eólicos na Comunidade Autónoma de Galicia para a presentación de solicitudes de autorización deles. Así mesmo convócanse os promotores interesados para a presentación de solicitudes de autorización de parques eólicos singulares. Artigo 2º.- Presentación de solicitudes. a) Prazo. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte á publicación desta orde. b) Requisitos. As solicitudes deberán reuni-los requisitos recollidos no artigo 16.2º do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de parques eólicos singulares deberase presenta-la documentación establecida no artigo 6 da Orde do 29 de outubro de 2002 pola que se determinan os requisitos para a autorización de parques eólicos singulares. No suposto de que un promotor solicite máis dunha autorización, deberá incluír todas elas nunha única relación, especificando de maior a menor a súa preferencia nos distintos proxectos. De non ser realizada esta enumeración entenderase que o promotor dá preferencia ó proxecto enumerado en primeiro lugar e así sucesivamente. Artigo 3º.- Criterios de valoración. 1. Ademais dos criterios de valoración recollidos no artigo 17 do citado Decreto 302/2001, terase en conta como criterio de adxudicación con respecto a solicitudes de parques eólicos presentadas en execución de plans eólicos o seguinte: a) Solicitudes de parques nos que a evacuación da enerxía producida estea recollida en actuacións comúns de infraestructuras de evacuación e transporte e nos que o punto de conexión estea concretamente identificado e sexa viable no momento no que se producise a autorización. 2. No que se refire ás solicitudes de parques eólicos que non deriven da execución de plans eólicos, considerarase como criterio para ter en conta: a) Que a súa instalación non supoña incremento real da enerxía vertida á rede, ó fundamentarse a solicitude na substitución de potencia por cambio no sistema de xeración. As solicitudes que se inclúan na relación de admitidos ó amparo deste criterio non computarán a súa potencia dentro da global recollida no artigo 4º desta orde. 3. Os criterios expostos, para un adecuado cumprimento da planificación nestes momentos en vigor consideraranse prioritarios para efectos de valoración das solicitudes presentadas, xunto ós seguintes recollidos no punto 2 do citado artigo 17. a) Desenvolvemento e execución efectiva dos plans tecnolóxicos e industriais asociados a plans eólicos estratéxicos e/ou actividades relacionadas coa enerxía eólica. b) Influencia no desenvolvemento da rede eléctrica de distribución ou transporte. c) Efectos ambientais. 4. En canto ós parques eólicos singulares rexerá o establecido no artigo 7 da Orde do 29 de outubro de 2002. Non obstante, terán preferencia aquelas solicitudes onde a potencia do parque se considere integrada nun plan eólico en vigor. Artigo 4º.- Potencia para tramitar no ano 2004. Na resolución que derive da presente convocatoria admitiranse a tramitación, tendo en conta as limitacións existentes na capacidade de evacuación na rede de transporte de enerxía eléctrica, solicitudes que non excedan na potencia global solicitada de 525 megavatios. Por motivos de planificación e capacidade da rede a potencia máxima que poderá outorgarse a parques que non sexan desenvolvemento dun plan eólico empresarial será de 15 megavatios. Para os efectos de garantir unha distribución equitativa da potencia entre os distintos plans eólicos empresariais non se poderá adxudicar a cada un individualmente considerado máis de 70 megavatios. No referente a parques eólicos singulares os megavatios para ofertar serán 25. Artigo 5º.- Previsión de potencia para o bienio 2005-2006. Establécese unha previsión de potencia para tramitar para o bienio 2005-2006 de 500 megavatios. Disposición adicional No que se refire a parques eólicos singulares, cando a documentación esixida ó promotor xa estivese en poder da Administración actuante o solicitante poderá acollerse ó establecido no parágrafo f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que faga constar a data e o órgano ou dependencia no que foron presentados. Nos supostos de imposibilidade material de obte-la documentación, debidamente xustificada no expediente, o órgano competente poderá requirir do solicitante a súa presentación, ou no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento. Disposición derradeira Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación. Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2004. Juan Rodríguez Yuste Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O22012004.pdf Galego
O22012004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles