Diario Oficial de Galicia, 15-11-2006, Núm. 220, Páx. 16774
Orde do 2 de novembro de 2006 pola que se crea un ficheiro de carácter persoal sobre concursos organizados pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en colexios dirixidos a escolares en campañas de fomento de hábitos de reciclaxe e recollida selectiva.
A existencia de ficheiros de carácter persoal e os avances tecnolóxicos, singularmente os informáticos, contribúen a incrementar a eficiencia da actuación administrativa e a mellorar a súa imaxe fronte aos cidadáns. Non obstante, eses medios supoñen tamén unha intromisión nos ámbitos de privacidade e intimidade destes, e poden levar a unha limitación ou vulneración das súas facultades de acceso ás informacións que lles afectan. Para evitar este efecto indesexado, o ordenamento xurídico recoñece diversos dereitos nese campo e instaura mecanismos para a súa garantía.
Neste sentido, xa a propia Constitución no seu artigo 18 establece como fundamental o dereito á honra, á intimidade persoal e á propia imaxe, precisando no punto 4 que «a lei limitará o uso da informática para garantir a honra e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos».
De acordo con esta previsión constitucional, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), garante e protexe, polo que ao tratamento de datos persoais se refire, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, facendo especial fincapé na súa honra e intimidade persoal e familiar.
O artigo 20.1º desta lei dispón que «a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou no diario oficial correspondente».
Cumprindo esta exixencia, a presente orde regula un ficheiro de carácter persoal creado no ámbito da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relacionado coas actividades que este órgano desenvolve nos centros docentes galegos para promocionar a concienciación ambiental dos máis cativos. En efecto, os diversos concursos que con este fin convoca a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental implican o manexo dunha gran cantidade de datos persoais, polo que se fai necesario o emprego de mecanismos informáticos que faciliten a súa accesibilidade e tratamento.
É precisamente o intento de compatibilizar esa necesidade coa debida protección dos dereitos a que se refire o xa analizado artigo 18 da Constitución, o que xustifica a aprobación da presente orde.
En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Creación do ficheiro.
Créase o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal que se especifica no anexo, relativo aos concursos organizados pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental nos colexios galegos.
Artigo 2º.- Contido.
1. O ficheiro estará formado por un conxunto de datos de carácter persoal relativos aos participantes dos concursos, aos seus pais ou titores, así como aos seus profesores-organizadores.
2. Os contidos que se exixen para as disposicións de creación ou de modificación de ficheiros no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, están recollidos no anexo desta orde.
Artigo 3º.- Interesados ou afectados.
1. Consideraranse afectados ou interesados as persoas físicas titulares dos datos que sexan obxecto de tratamento de datos, entendendo estes como calquera operación e procedemento técnico de carácter automatizado ou non, que permitan a recollida, gravación, conservación, elaboración, modificación, bloqueo e cancelación, así como as cesións de datos que resulten de comunicacións, consultas, interconexións e transferencias.
2. Os interesados aos que se lle soliciten datos persoais deberán ser previamente informados de modo expreso, preciso e inequívoco:
a) Da existencia dun ficheiro ou tratamento de datos de carácter persoal, da finalidade da recollida destes e dos destinatarios da información.
b) Do carácter obrigatorio ou facultativo da súa resposta ás preguntas que lles sexan formuladas.
c) Das consecuencias da obtención dos datos ou da negativa a os subministrar.
d) Da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.
3. O tratamento dos datos de carácter persoal requirirá o consentimentos inequívoco do afectado, salvo os casos establecidos no artigo 6.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, ou naqueles outros en que unha disposición legal así o estableza.
Artigo 4º.- Dereito de acceso.
1. Os interesados terán dereito a solicitar e obter gratuitamente información dos seus datos de carácter persoal sometidos a tratamento, da súa orixe, así como as comunicacións realizadas ou que se prevexan facer destes.
2. Os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación exerceranse ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Así mesmo, segundo o disposto no artigo 17 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, non se poderá exixir ningunha contraprestación para o seu exercizo.
3. Os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación só poderán resultar denegados nos supostos previstos de forma expresa no artigo 5 da Lei 15/1999, do 13 de decembro.
Artigo 5º.- Órgano responsable do ficheiro.
Será responsable do ficheiro a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.
Artigo 6º.- Medidas de seguridade.
1. O titular do órgano responsable do ficheiro adoptará as medidas de índole técnica e organizativa que sexan precisas para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal que neles se conteñan, así como a confidencialidade dos dereitos e obrigas especificados na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.
2. Non se rexistrarán datos de carácter persoal en ficheiros que non reúnan as condicións axeitadas respecto á súa integridade e seguridade e as dos centros encargados do tratamento, equipamentos, sistemas e programas.
3. Todos os datos correspondentes a datos especialmente protexidos e os relativos á saúde das persoas rexeranse polo disposto nos artigos 7 e 8 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.
Artigo 7º.- Finalidade e uso do ficheiro.
Os datos de carácter persoal rexistrados no ficheiro que se crea ao abeiro desta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e polo persoal debidamente autorizado.
Artigo 8º.- Cesión de datos.
1. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia non dará traslado dos datos de carácter persoal recollidos neste ficheiro a ningunha outra Administración pública, salvo aqueles supostos en que esta comunicación teña por obxecto o tratamento posterior destes datos con fins históricos, estatísticos ou científicos, consonte o establecido co artigo 21 da Lei 15/1999, do 13 de decembro, ou aqueles datos de carácter persoal que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental obteña ou elabore con destino a outra.
2. Se a cesión se producise con fins estatísticos a organismos administrativos oficiais, haberá de observarse, ademais, a normativa vixente en materia de estatística.
3. Os datos de carácter persoal obxecto de tratamento só poderán ser comunicados a un terceiro para o cumprimento de fins directamente relacionados coas funcións lexítimas do cedente e do cesionario co previo consentimento do interesado, agás os casos legalmente establecidos.
Disposición derradeira.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
ANEXO - Ficheiro de nova creación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Ficheiro de concursos escolares de fomento de hábitos de reciclaxe e recollida selectiva.
Descrición: este ficheiro contén os datos dos participantes, dos seus pais ou titores, e dos profesores-coordinadores dos concursos organizados pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en colexios, dirixidos a fomentar entre os escolares hábitos de reciclaxe, recollida selectiva, etc.
Finalidade: a finalidade deste ficheiro é a xestión e o desenvolvemento dos concursos organizados pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en colexios.
Persoas ou colectivos dos cales pretende obter datos: participantes nos concursos en colexios da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, dos seus pais ou titores, e dos profesores-coordinadores dos concursos.
Procedencia dos datos: os datos deste ficheiro serán facilitados polos propios interesados ou polos seus representantes legais.
Procedemento de recollida dos datos: formularios ou cupóns.
Estrutura básica do ficheiro: o ficheiro inclúe respecto aos escolares datos de carácter identificativo (nome e apelidos, enderezo, teléfono, imaxe e grupo a que pertence), de carácter persoal (idade) e académicos (colexio e curso); respecto aos pais ou titores, datos de carácter identificativo (nome e apelidos, enderezo, teléfono e relación co escolar autorizado); e respecto aos profesores-coordinadores, datos de carácter identificativo (nome e apelidos), datos académicos e profesionais (número de identificación profesional, colexio e curso a que pertence o grupo que se coordinará) e datos de detalle do emprego (posto de traballo e lugar de traballo).
Cesións e transferencias internacionais de datos previstas: o contido deste ficheiro pode ser parcialmente comunicado a través de medios de comunicación social no caso dos gañadores ou premiados, ademais daquelas cesións de obrigado cumprimento que veñan establecidas nunha norma con rango de lei. Non se prevén transferencias internacionais.
Órgano responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Servizo ou unidade ante o que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, sita en c/ San Lázaro, s/n. 15781. Santiago de Compostela.
Medidas de seguridade: nivel básico.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
Derogada por
CONSULTAR_RELACIONADAS