Orde do 19 de abril de 2004 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de catro bolsas para a incorporación de titulados superiores ao Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán no marco do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria.

Diario Oficial de Galicia, 27-04-2004, Núm. 80, Páx. 5920
Orde do 19 de abril de 2004 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de catro bolsas para a incorporación de titulados superiores ao Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán no marco do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria. Como complemento das accións relativas ao programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, e co fin de contribuír á formación de persoal titulado superior de Galicia nas materias de ambiente e, ao mesmo tempo, apoiar a actividade investigadora do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, a Dirección Xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible considera oportuna a convocatoria de bolsas para colaborar nas actividades de investigación que se están a desenvolver no dito centro. Por todo isto, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e pola Lei 12/1989, do 4 de outubro DISPOÑO: Artigo 1º.-Obxecto. Convócanse catro bolsas dirixidas a titulados superiores para colaborar nas actividades de investigación no Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. As bolsas desenvolveranse nos seguintes campos de investigación: * Protección ambiental. * Produción forestal. * Ecoloxía. As titulacións que poden presentarse a esta convocatoria son as seguintes: -Enxeñeiro/a de montes. -Licenciado/a en bioloxía. Artigo 2º.-Financiamento. Para a concesión das bolsas convocadas nesta orde, a Consellería de Medio Ambiente destinará ata un máximo de 27.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 15.05.432A.480.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2004. Artigo 3º.-Duración e dotación económica das bolsas. A duración destas bolsas será de 6 meses contados a partir da data que se indique na publicación da resolución desta convocatoria no DOG. As bolsas poderán ser prorrogables, se procede, por un máximo de tres anos, sempre que exista crédito axeitado e suficiente. O importe das bolsas incluirá: 3.1. Unha asignación mensual bruta de 1.100 euros. No caso de prórroga, a dotación mensual definitiva poderá incrementarse, en función das dispoñibilidades orzamentarias, co fin de homologalas con outras bolsas de ámbito nacional. 3.2. Seguro de asistencia sanitaria e seguro de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas. Artigo 4º.-Natureza xurídica da relación. A condición de bolseiro non xerará ningún tipo de relación laboral ou administrativa coa Xunta de Galicia nin a súa inclusión na Seguridade Social. Artigo 5º.-Requisitos dos participantes. Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea. b) Ter obtido o título de licenciado, preferentemente, nunha universidade do sistema universitario de Galicia. c) O solicitante da bolsa deberá ter acadada a titulación correspondente no curso 1999-2000 ou posteriores. d) Ter aprobadas todas as disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado en bioloxía ou enxeñeiro de montes (incluído o proxecto). Artigo 6º.-Formalización das solicitudes. As solicitudes, no modelo oficial que se publica como anexo I a esta orde, e que están á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible e na Internet nos enderezos http: www.xunta.es/conselle/cma/index.htm,, http://www.dxid.org , presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación: 6.1. Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante. 6.2. No caso de estudos validados deberá presentarse, así mesmo, certificación académica de idénticas características para os estudos de orixe. Os que acceden ao 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para os efectos de determinar a media do expediente académico deberán xuntar, ademais da certificación correspondente ao curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou aos estudios de 1º ciclo realizados. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados antes da data de finalización do prazo de presentación das solicitudes. A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente ao proxecto de fin de carreira e indicará expresamente o título deste. 6.3. Currículo vitae do solicitante cos documentos acreditativos dos méritos alegados. Utilizarase o modelo oficial de currículo da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento dispoñible nos mesmos puntos que o modelo oficial de solicitude. 6.4. Entre a documentación que acompañe a solicitude, necesariamente figurará unha declaración xurada das axudas de bolsas solicitadas ou concedidas polas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, segundo o artigo 8.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, indicando o período de desfrute destas. A solicitude da bolsa implica o coñecemento e a aceptación das presentes bases. Artigo 7º.-Prazo de presentación de solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Artigo 8º.-Tramitación. Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, coa advertencia de que, de non o facer, se terá por desistido da súa petición, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada. Artigo 9º.-Selección de candidatos. 9.1. Comisión de selección. A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible de entre os investigadores do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo director xeral de Investigación e Desenvolvemento. 9.2. Criterios xerais de selección. A selección de bolseiros farase fundamentalmente en función dos méritos acreditados conforme o seguinte baremo: -Expediente académico: ata 4 puntos. -Adecuación do currículo vitae do solicitante aos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigacións de Lourizán: ata 1 punto. Unha vez fixada a valoración dos méritos, os candidatos que obtivesen un mínimo de 2 puntos poderán ser entrevistados pola comisión de selección. Esta entrevista será utilizada como elemento adicional de valoración, cualificándose ata un máximo de 2 puntos e tendo en conta para a mesma a motivación e iniciativa do entrevistado, así como os seus coñecementos relacionados coas materias obxecto das bolsas. Poderán declararse deserta/s a/s bolsa/s no caso de que os solicitantes non acaden unha puntuación mínima ao xuízo da comisión de selección e poderase incorporar a outra titulación a vacante deserta. Artigo 10º.-Resolución. A competencia para resolver esta orde de acordo co disposto nos artigos 72.4º e 78.3º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, é obxecto de delegación por parte do conselleiro de Medio Ambiente no director xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible. Nas resolucións que se diten en virtude desta delegación farase constar explicitamente esta. A comisión de selección elevará a proposta de resolución ao director xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible que a resolverá por delegación do conselleiro. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia. Para os efectos do establecido nos artigos 42.1º, 42.2º e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o prazo máximo para resolver as solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de seis meses contados a partir do día seguinte ao da data de publicación no DOG da presente convocatoria. No caso de non recaer resolución dentro do mencionado prazo entenderanse desestimadas as solicitudes formuladas por silencio administrativo, sen prexuízo da obriga de resolver expresamente. Artigo 11º.-Réxime xurídico e de recursos. 11.1. A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. 11.2. As resolucións expresas ou desestimacións presuntas recaídas en aplicación desta orde esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interporse potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, se é expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, segundo os casos, consonte co disposto polo artigo 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; ou ben poderán ser impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses de ser resolución expresa ou no de seis contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, de acordo co previsto polos artigos 10, 14 e 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Artigo 12º.-Condicións de desfrute. Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto). Artigo 13º.-Aceptación da bolsa. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir todas as condicións recollidas nestas bases. Os aspirantes seleccionados incorporaranse, logo da aceptación da bolsa, no prazo de tres días naturais seguintes ao da notificación do outorgamento. No caso de producirse a renuncia dalgún dos beneficiarios destas bolsas procederase a adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese, que elabore a comisión de selección. Artigo 14º.-Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda. Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas da actividade de investigación na que se integren, debendo axustarse ás normas propias do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, con dedicación exclusiva á súa función. Teñen a obrigación de someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade e as de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas axudas concedidas e as previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas. Non obstante o disposto no artigo 8.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes. Artigo 15º.-Reintegro. En virtude do disposto no artigo 78.9º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, os beneficiarios deberán proceder ao reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento e no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, nos seguintes casos: a) Incumprimento da obriga de xustificación. b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos esixidos para a súa concesión. c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención. d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza. Disposición derradeira Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 19 de abril de 2004. José Manuel Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente   Para calquera aclaración chame ó número: 986 805 004  
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
INVESTIGACIÓN AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Bolsas_es.pdf Castellano
Bolsas.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles