Orde do 17 de setembro de 2007 pola que se modifica e amplía o prazo establecido na Orde do 31 de xullo de 2006 que regula o réxime de axudas ás corporacións locais para a adquisición de vehículos contra incendios e salvamento en concellos de menos de 20.000 habitantes.

Diario Oficial de Galicia, 21-09-2007, Núm. 184, Páx. 15567
Orde do 17 de setembro de 2007 pola que se modifica e amplía o prazo establecido na Orde do 31 de xullo de 2006 que regula o réxime de axudas ás corporacións locais para a adquisición de vehículos contra incendios e salvamento en concellos de menos de 20.000 habitantes. A Orde de 31 de xullo de 2006, que regula o réxime de axudas ás corporacións locais para a adquisición de vehículos contra incendios e salvamento en concellos de menos de 20.000 habitantes, estableceu as bases que rexen a concesión das devanditas axudas, fixando no artigo 10.1º que para proceder ao pagamento da subvención o concello debe remitirlle á delegación provincial correspondente a documentación xustificativa da adquisición dos vehículos non máis tarde do 1-12-2007. Debido a que estes vehículos deben cumprir coas especificacións técnicas dispostas no anexo á Orde do 31 de xullo de 2006, que ademais poden ser completadas con outras que os propios concellos engadan, cada un deles fabrícase especialmente para cada concello que o licita. Por este motivo, o prazo de entrega destes vehículos pode ser superior ao considerado inicialmente. Por tanto, considérase necesario prorrogar o prazo establecido no parágrafo segundo do artigo 10.1º da devandita orde, tendo en conta que os pagamentos con cargo ao programa operativo 2000-2006 expiran a finais do ano 2008, polo que esta prórroga non supón un problema no referido á financiación comunitaria das axudas. Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron concedidas, DISPOÑO: Artigo 1º Establécese un novo prazo ao abeiro desta convocatoria e modifícase o último punto do parágrafo segundo do artigo 10.1º da Orde do 31 de xullo de 2006, que queda redactado como segue: «En todo caso os concellos remitirán toda a documentación xustificativa da adquisición dos vehículos non máis tarde do 15-5-2008». Artigo 2º Durante este novo prazo de remisión de documentación terán plena vixencia os requisitos e condicións establecidos nas bases aprobadas pola Orde do 31 de xullo de 2006, publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 164, do día 25 de agosto e modificada pola Orde do 19 de decembro de 2006. e publicada no DOG nº 243, de 20 de decembro. Disposicións derradeiras Primeira.-Facúltase a directora xeral de Protección Civil para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde. Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2007. José Luis Méndez Romeu Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Clasificación
LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O17092007.pdf Galego
O17092007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles