Orde do 17 de marzo de 2005 pola que se aproba a delimitación e a determinación dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución de Alnus glutinosa (L) Gaertner, Betula pubescens Ehrh, Castanea sativa Mill, Fagus sylvatica L., Fraxinus angustifolia Vahl., Pinus Pinaster Ait., Pinus radiata D. Don., Prunus avium L., Quercus ilex L., Quercus pyrenaica Wild, Quercus robur L., Quercus suber L., Sorbus aucuparia L. e Ulmus glabra Huds no territorio da Comunidade de Galicia.

Diario Oficial de Galicia, 01-04-2005, Núm. 62, Páx. 5405
Orde do 17 de marzo de 2005 pola que se aproba a delimitación e a determinación dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución de Alnus glutinosa (L) Gaertner, Betula pubescens Ehrh, Castanea sativa Mill, Fagus sylvatica L., Fraxinus angustifolia Vahl., Pinus Pinaster Ait., Pinus radiata D. Don., Prunus avium L., Quercus ilex L., Quercus pyrenaica Wild, Quercus robur L., Quercus suber L., Sorbus aucuparia L. e Ulmus glabra Huds no territorio da Comunidade de Galicia. A publicación do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto. No punto 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establece que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización utilizaranse unicamente materiais de base autorizados. O punto 2 do mesmo artigo, dita que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se satisfán as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V do real decreto segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada unidade de admisión, que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro. Así mesmo, o punto 3 do mesmo artigo 3, indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados efectuaraa o órgano competente da respectiva Comunidade Autónoma, en Galicia a Consellería de Medio Ambiente, que comunicará ditos materiais de base á Dirección Xeral para a Biodiversidade, para o seu traslado á Dirección Xeral de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O artigo 1.5º do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, establece como competencias da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais a xestión do Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución. En consecuencia, unha vez que a Consellería de Medio Ambiente realizou os estudos técnicos pertinentes e comprobado o cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución da categoría material identificado, conforme o disposto no anexo II do Real decreto 289/2003, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e demáis normativa aplicable DISPOÑO: Artigo 1º 1. Aprobar a delimitación e a determinación dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución identificados de Alnus glutinosa (L) Gaertner, Betula pubescens Ehrh, Castanea sativa Mill, Fagus sylvatica L., Fraxinus angustifolia Vahl., Pinus Pinaster Ait., Pinus radiata D. Don., Prunus avium L., Quercus ilex L., Quercus pyrenaica Wild, Quercus robur L., Quercus suber L., Sorbus aucuparia L. e Ulmus glabra Huds no territorio da Comunidade de Galicia que aparecen relacionados no anexo II desta orde. 2. Proceder á inscrición dos devanditos materiais no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución. 3. Proceder á inscrición no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución do Material Forestal de reprodución das categorías seleccionado e cualificado publicados na Orde ministerial, do 17 de marzo de 1994, pola que se publica o catálogo nacional de materiais de base para os materiais forestais de reprodución relativo ás especies Quercus robur L. e Quercus petraea Liebl., na Orde ministerial do 18 de decembro de 1998 pola que se publica a ampliación dos catálogos nacionais de materiais de base para os materiais forestais de reproducción relativos ás especies Quercus robur L., Quercus petraea Liebl. e Quercus rubra Du Roi, e na resolución do Ministerio de Agricultura do 11 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Agricultura, pola que se publica o primeiro catálogo nacional de materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución seleccionados relativo ás especies Pinus pinaster Ait. e Quercus suber L., que aparecen relacionadas no anexo I. Disposición derradeira Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2005. José Manuel Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O17032005.pdf Galego
O17032005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles