Diario Oficial de Galicia, 02-03-2006, Núm. 43, Páx. 3134
Orde do 17 de febreiro de 2006 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a pequenas e medianas empresas de Galicia para a elaboración de memorias de sustentabilidade empresarial.
A procura da sustentabilidade compete a todos os niveis da sociedade, e a actividade empresarial ten un papel fundamental neste sentido, pola súa influencia sobre o desenvolvemento económico, social e ambiental da sociedade. As empresas que exercen responsablemente a dita influencia deben responder á demanda social de transparencia e compromiso, e para iso as memorias de sustentabilidade empresarial constitúen un instrumento de comunicación para amosar o grao de responsabilidade en relación coas repercusións sociais e os impactos ambientais da súa actividade. Moitas das grandes empresas están xa a publicar sistematicamente as súas memorias, e trátase de que as pequenas e medianas empresas (en adiante Pemes) se sumen a esta demanda social dunha maior transparencia e gañen en competitividade e en coñecemento interno integrador das súas actuacións vinculadas coas tres dimensións da sustentabilidade, a ambiental, a social e a económica.
Nesta orde trátase de que as Pemes que teñan implantado un modelo de xestión que facilite a súa incorporación ao camiño da responsabilidade social corporativa, por posuír as certificacións ambientais ISO 14000 ou por estar adheridas a un sistema de xestión e auditoría ambientais (EMAS), poidan confeccionar as súas memorias de sustentabilidade.
Na súa virtude, e en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía para Galicia e o Decreto 232/2005, do 11 de agosto,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Obxecto e ámbito de aplicación.
1. Esta orde ten por obxecto a concesión de axudas para a elaboración de memorias de sustentabilidade empresarial, consonte cos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade regulados no artigo 3 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. As memorias que se elaboren deberán seguir as pautas da Guía de Elaboración de Memorias de Sustentabilidade sobre o desempeño económico, ambiental e social da empresa da Global Reporting Initiative (GRI), de xeito que poidan ser rexistradas pola dita institución (www.globalreporting.org).
3. Salvo as excepcións que expresamente se establezan nestas bases, unicamente serán subvencionables os investimentos e gastos realizados e pagados posteriormente á presentación da solicitude de axuda e con anterioridade á finalización do prazo concedido para a execución do proxecto. Este período denomínase prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que estableza a resolución individual de concesión da axuda.
Artigo 2º.- Beneficiarios.
Poderán acollerse a estas axudas as empresas con características que permitan definilas como microempresas, pequenas e medianas empresas segundo os criterios da Recomendación da Comisión, do 6 de maio de 2003, publicada no DOCE nº L124, do 20 de maio, e que cumpran asemade os seguintes requisitos:
1. Ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
3. Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.
4. Posuír personalidade xurídica propia, suficiente capacidade para obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.
5. Prestar o seu consentimento para a difusión da súa memoria de sustentabilidade a través da páxina web desta consellería.
6. Posuír, polo menos, algunha las seguintes certificacións: ISO14000 ou EMAS.
Artigo 3º.- Contía.
1. A contía máxima destas axudas será de:
- Ata un máximo do 75% do custo dos traballos realizados por medianas empresas, co límite máximo de 3.000 euros.
- Ata un máximo do 90% do custo dos traballos realizados por microempresas e pequenas empresas, co límite máximo de 2.500 euros.
2. As empresas beneficiarias financiaranse de acordo coa baremación obtida da aplicación dos criterios contidos no artigo 8º ata esgotar o tope orzamentario conxunto fixado para esta orde.-
Artigo 4º- Solicitudes.
1. As solicitudes irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e deberán ser presentadas no modelo normalizado recollido para o efecto no anexo desta orde. Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as solicitudes de axuda presentaranse preferentemente na Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
2. As solicitudes deberán ser presentadas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 5º.- Documentación que hai que presentar coas solicitudes.
Coas solicitudes xuntaranse os seguintes documentos:
1. A instancia de solicitude, segundo as indicacións recollidas no artigo 4º.1. (Anexo I).
2. Acreditación da personalidade:
2.1) Persoas xurídicas:
a) Copia compulsada da certificación rexistral na que conste a súa constitución e os estatutos vixentes.
b) Copia compulsada do documento acreditativo do poder co que actúa o representante en nome da entidade, no caso de que tal poder non conste na certificación, e copia compulsada do seu documento nacional de identidade.
c) Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal.
2.2) Persoas físicas:
a) Copia compulsada do documento nacional de identidade do titular ou titulares solicitantes, así como do seu representante, se é o caso.
b) Copia compulsada da declaración censal de alta en obrigas tributarias (modelo 037) na Axencia Estatal Tributaria, referida a todos os titulares, se é o caso.
3. Certificación expedida pola entidade bancaria na que se sinale o número de conta do beneficiario onde se debe realizar o pagamento.
4. Presentarase, por duplicado, un estudo que conteña:
a) Memoria técnica especificando as actividades que se van desenvolver e o seu alcance, e o correspondente cronograma da elaboración da memoria de sustentabilidade.
b) Orzamento detallado dos traballos que hai que realizar para a elaboración da memoria de sustentabilidade, así como polo menos unha factura pro forma dos conceptos orzamentarios.
c) No caso de realizar a memoria de sustentabilidade con medios propios, presentarase un orzamento do gasto imputable que deberá ser aprobado pola Administración para que este gasto poida ser considerado subvencionable.
5. Xustificante acreditativo de posuír a certificación ambiental ISO 14.000 ou a EMAS.
Artigo 6º.- Límitación de carácter xeral.
Esta orde de subvencións acóllese ao Regulamento (CE) nº 69/2001 da Comisión do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DO C L nº 10, do 13 de xaneiro), onde a axuda total de minimis concedida a calquera empresa non deberá exceder os 100.000 euros nun período de 3 anos.
Artigo 7º.- Gastos non subvencionables.
Non se considerarán subvencionables os seguintes conceptos:
1. Calquera imposto pagado pola entidade, salvo o IVE soportado en servizos.
2. Gastos financeiros derivados do investimento.
3. Gastos de persoal, tanto propio como externo, salvo os previstos no orzamento presentado.
4. Gastos que non estean definidos ou non teñan por finalidade o obxecto da subvención, así coma os gastos non imputables directamente ao proxecto.
Artigo 8º.- Criterios de valoración.
1. A comisión de avaliación creada polo artigo 9º desta orde estudará as solicitudes presentadas, analizando a documentación requirida polo artigo 5º, e avaliará a memoria técnica e orzamentaria mencionada no punto 4 do dito artigo, outorgándolle unha puntuación de 0 a 10 puntos, de acordo cos seguintes criterios:
a) Indicadores e aspectos cualitativos que recollerá a memoria de sustentabilidade= 3 puntos.
b) Grao de cumprimento dos principios para a súa elaboración= 2 puntos.
c) Coherencia entre as actividades propostas e o orzamento presentado= 3 puntos.
d) Coherencia entre as actividades propostas e o cronograma= 2 puntos.
2. As solicitudes que non obteñan unha puntuación mínima de 5 puntos serán desestimadas.
Artigo 9º.- Comisión de avaliación.
1. Presentada a solicitude xunto á documentación correspondente, procederase á súa valoración por unha comisión de avaliación de proxectos constituída polo director xeral de Desenvolvemento Sostible, o subdirector xeral de Fomento do Desenvolvemento Sostible, o subdirector xeral de Avaliación Ambiental o xefe de Servizo de Promoción do Desenvolvemento Sostible e o xefe de Servizo de Xestión e Intervención Ambiental. No caso de carencias ou defectos de forma, requirirase o interesado para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Se non se fixese deste xeito, terase por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.
2. Esta comisión de avaliación formulará, a través do órgano instrutor, unha proposta de concesión das axudas para a súa resolución polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
3. Esta proposta de concesión expresará a persoa ou relación de persoas solicitantes para as que se propón a concesión da subvención e a súa contía de xeito individualizado, especificándose a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as que se propoña a súa denegación relacionaranse conservando a indicación da causa desta.
Artigo 10º.- Resolución.
1. A resolución da concesión será ditada polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible nun prazo de catro meses a partir da publicación da convocatoria no DOG. Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que o interesado recibise comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, conforme o disposto no artigo 2 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. O outorgamento da axuda debe ser aceptado polo beneficiario no prazo de 15 días, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que o beneficiario non comunique a súa aceptación no prazo indicado, a subvención outorgada considerarase desestimada.
3. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
4. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario aos que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Artigo 11º.- Control e seguimento.
Constitúese unha comisión de seguimento integrada polos mesmos membros da comisión de avaliación, que se encargará do control da execución da actividade obxecto da axuda.
Artigo 12º.- Acreditación de traballos realizados.
Para proceder ao cobramento das axudas será indispensable a presentación, antes do 30 de novembro de 2006, da seguinte documentación:
a) Orixinal ou copia compulsada das facturas, xustificantes bancarios dos pagamentos realizados ou outros xustificantes do investimento solicitado que deberán estar debidamente acreditados ante a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, que outorgará a súa conformidade.
b) Memoria de sustentabilidade empresarial elaborada.
c) Xustificante acreditativo da presentación no Global Reporting Initiative (GRI) da memoria de sustentabilidade elaborada.
d) Autorización formal, asinada polo titular ou representante da entidade beneficiaria, para a difusión da memoria de sustentabilidade na páxina web da Xunta de Galicia (engadida na solicitude desta axuda).
e) No momento da xustificación da execución do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para un mesmo proxecto, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, de acordo coa Resolución do 30 de novembro de 1999 do consello da Xunta de novembro de 1999, no que se establece o mecanismo de seguimento e control de concorrencia e acumulación das axudas públicas (anexo II).
Artigo 13º.- Pagamento.
1. Para os efectos do disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 28 de novembro, permitirase a subcontratación ate o 100% da actividade obxecto da subvención, agás cando, aumentando o custo da actividade subvencionada, non achegue valor engadido ao contido da mesma.
2. Previamente á elaboración da proposta de resolución da concesión, así como do pagamento, o beneficiario deberá estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e non ter débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da comunidade autónoma.
3. De conformidade co disposto no artigo 18.4º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, os beneficiarios deberán dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvencións concedidas.
Artigo 14º.- Redución do pagamento.
No suposto de que o investimento ou a actividade realizada tivese un custo inferior ao inicialmente previsto, a axuda concedida verase diminuída na cantidade necesaria para manter a porcentaxe de axuda sobre o investimento estipulada.
Artigo 15º.- Aplicación orzamentaria.
Para a concesión das axudas convocadas nesta orde destinaranse ata un máximo de 50.000 euros que se imputarán na aplicación orzamentaria 15.04.342A.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2006. A dita contía poderá incrementarse logo da tramitación da modificación orzamentaria pertinente.
Artigo 16º.- Compatibilidade de axudas.
A axuda contida nesta orde é compatible con outras subvencións de calquera Administración pública con diferente finalidade, dentro dos límites establecidos no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, no que se sinala que o importe das axudas non poderá en ningún caso, illada ou conxuntamente con outras, superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario.
Artigo 17º.- Reintegro.
Procederá o reintegro total ou parcial das axudas reguladas nesta orde e dos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.
Artigo 18º.- Obriga de facilitar información.
Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poidan exixir os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polos órganos dependentes do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lle sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.
Artigo 19º.- Recursos.
A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo.
Disposición adicional
Única.- Aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, así como as previsións contidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o citado decreto lexislativo.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Facúltase o director xeral de Desenvolvemento Sostible para ditar cantas disposicións complementarias sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.- Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS