Diario Oficial de Galicia, 15-06-2007, Núm. 115, Páx. 10315
Orde do 14 de xuño de 2007 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.
O artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece que, en consideración cos antecedentes históricos sobre o risco de incendios forestais de Galicia e sobre a incidencia das variables forestais do comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo que condicionarán a intensidade das medidas que se adoptarán para a defensa do territorio de Galicia.
O Consello da Xunta, na sesión do 24 de maio de 2007, aprobou, de acordo co artigo 14 da devandita lei, o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Xa que logo, cómpre determinar as épocas de perigo alto de incendios forestais para 2007, sen prexuízo da posterior determinación das restantes épocas de perigo, e é competencia da Consellería do Medio Rural en virtude do establecido no Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da devandita consellería.
Con base no exposto, e ao abeiro do establecido na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único.-Época de perigo alto de incendios.
Declárase como época de perigo alto de incendios forestais durante 2007 a comprendida entre o 15 de xuño e o 15 de outubro.
Disposicións derradeiras
Primera.-Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para ditar cantas disposicións sexan precisas para a aplicación do disposto nesta orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2007.
Alfredo Suárez Canal
Conselleiro do Medio Rural
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS