Diario Oficial de Galicia, 20-09-2004, Núm. 183, Páx. 1292
Orde do 14 de setembro de 2004 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos ás estacións de transferencia de residuos ou plantas de selección.
A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que corresponde o exercicio das competencias e funcións que en materia de ambiente e conservación da natureza se establece no artigo 27, puntos 10º, 11º, 15º, 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación; neste sentido correspóndelle a autorización, vixilancia, inspección e sanción das actividades de produción e xestión de residuos no marco dos plans autonómicos de residuos, tal como se preceptúa no artigo 4.2º da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.
Pola súa banda, os concellos son competentes para a xestión dos residuos, nos termos establecidos na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 10/1998, do 21 de abril, de residuos e 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, e demais normativa de aplicación, e neste sentido correspóndelles, como servizo obrigatorio, a recollida, o transporte, e, polo menos, a eliminación dos residuos; todo isto tal como se preceptúa no artigo 4.3º en relación co artigo 3 da mencionada Lei básica de residuos.
Tanto a Estratexia Galega de Xestión de Residuos, como o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia establecen como prioritario para xestionar os residuos a valorización sobre a eliminación, establecendo o último programa de valorización e recollida selectiva dos residuos orixinados polos concellos neste sentido vénse traballando desde a Consellería de Medio Ambiente.
Así, a Xunta de Galicia puxo á disposición dos concellos o Complexo Ambiental de Cerceda xestionado por Sogama e unha rede de estacións de transferencia que teñen por finalidade abaratar os custos de transporte que polos residuos teñen que sufragar os concellos.
Sucede que nestes momentos a rede de estacións de transferencias previstas non está completada e isto determina que os concellos teñan que soportar uns custos de transporte superiores ao que as súas economías lles permiten polo que a execución do Plan de Xestión de Residuos de Galicia pode sufrir atrasos.
Un dos principios que rexe a Estratexia Galega de Xestión de Residuos é o de subsidiariedade. Segundo este principio, a Xunta de Galicia actuará nos ámbitos que non sexan da súa exclusiva competencia na medida en que os obxectivos da acción pretendida non poidan ser alcanzados de maneira suficiente polos axentes directamente involucrados.
Por todo isto, en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto e destinatarios.
Esta orde ten por obxecto a concesión de axudas, consonte os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, para o transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra ata as estacións de transferencia ou plantas de selección máis próximas para os concellos, mancomunidades e outras agrupacións de municipios legalmente constituídos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 2º.-Conceptos subvencionables e requisitos para a concesión.
1. Serán obxecto da axuda os custos derivados do transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra desde os concellos ata a estación de transferencia ou planta de selección máis próxima, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a estación de transferencia ou planta de selección máis próxima estea afastada máis de 25 quilómetros da casa do concello. Para estes efectos serán subvencionables os quilómetros a partir do quilómetro 26.
No caso de mancomunidades e agrupacións de municipios legalmente constituídos, só se poderá solicitar a axuda correspondente para os concellos que cumpran tal condición.
Cando o concello pase a dispor dunha estación de transferencia ou planta de selección a unha distancia igual ou inferior á indicada no parágrafo anterior, deixará de beneficiarse das axudas dispostas nesta orde a partir do día 1 do mes seguinte á entrada en funcionamento da dita estación ou planta.
b) Ter subscrito contrato coa Sociedade Galega de Medio Ambiente ou con outro xestor final de residuos de Galicia para a xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos no concello.
c) Non ter pendentes de pagamento débedas contraídas coa Sociedade Galega de Medio Ambiente ou con outro xestor final de residuos de Galicia pola xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos no concello, a día 31 de decembro de 2003.
d) Ter subscrito convenio coa Xunta de Galicia para a implantación da recollida selectiva de envases lixeiros e vidro ou, se optou por realizar a implantación da recollida por medios propios, tela implantada.
Artigo 3º.-Solicitudes.
1. As solicitudes irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente e deberán ser presentadas no modelo de solicitude normalizada para o efecto no anexo I desta orde. Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as solicitudes de axuda poderán ser presentadas na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, nas delegacións provinciais ou nos servizos centrais.
No caso de mancomunidades ou agrupacións de municipios legalmente constituídos, as solicitudes presentaranse nunha petición única cursada polo seu representante legal ou ben pola persoa designada para o efecto como representante dela.
2. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Xunto co modelo de solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Certificado do acordo adoptado polo órgano competente da entidade local polo que se aproba a súa participación nesta convocatoria de axuda.
b) Fotocopia compulsada do contrato subscrito coa Sociedade Galega de Medio Ambiente ou con outro xestor final de residuos de Galicia para a xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos no concello.
c) Certificado de non ter pendentes de pagamento débedas contraídas coa Sociedade Galega de Medio Ambiente ou con outro xestor final de residuos de Galicia pola xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos no concello, a día 31 de decembro de 2003.
c) Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin ante outras administracións públicas competentes ou entes públicos (anexo II desta orde).
d) Certificación do secretario da entidade local, co visto e prace do presidente, na que se faga constar a poboación de dereito a 31 de decembro de 2003, segundo os datos do último padrón de habitantes da entidade local.
3. Unha vez presentada a solicitude revisarase a súa documentación e, no caso de que conteña defectos ou omisións non esenciais, seralle requirida ao solicitante a emenda, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición arquivándose o expediente sen máis trámite cos efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.
Artigo 4º.-Criterios de admisión.
Serán tidas en conta todas as solicitudes que se presenten á concesión da axuda e cumpran cos requisitos dispostos no artigo 2º desta orde.
Artigo 5º.-Resolución da convocatoria.
1. A resolución da concesión será ditada polo conselleiro de Medio Ambiente nun prazo de tres meses a partir da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Transcorrido o prazo para resolver sen que o interesado recibise comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e pola Lei 24/2001, do 27 de decembro.
2. O outorgamento da axuda debe ser aceptado polo beneficiario no prazo de 15 días, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que o beneficiario non comunique a súa aceptación no prazo indicado, entenderase que desiste da súa petición.
Xunto coa comunicación da aceptación da axuda presentarase certificación en que se faga constar que non existen outras subvencións aplicables co obxecto desta axuda, ou de existiren, que todas as subvencións aplicables non superan a totalidade do seu orzamento.
Artigo 6º.-Recursos.
A resolución da axuda porá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpor consonte dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou desde o prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo,
ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, ou de seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo.
Artigo 7º.-Período subvencionable e contía das axudas.
1. O período subvencionable abarcará os gastos de transporte do 1 de xullo de 2004 ata o 31 de outubro de 2005, ambos inclusive.
2. A contía da axuda que a Consellería de Medio Ambiente lle outorgará a cada concello calcularase en función da estimación de produción de residuos sólidos urbanos de bolsa negra por quilogramo/habitante/ano de 0,66 para os concellos rurais e 0,99 para os concellos semiurbanos e tendo en conta a poboación de cada concello.
A contía que se aboará será como máximo de 0,11 euros/tonelada/quilómetro.
En canto á compatibilidade das axudas a que se refire esta orde, debe terse en conta que o seu importe non poderá en ningún caso, illada ou conxuntamente con outras, superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario, segundo dispón o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Para tal fin, a entidade subvencionada deberá poñer en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o importe doutras axudas para igual fin outorgadas por outras administracións públicas ou entes públicos.
Artigo 8º.-Pagamentos.
O pagamento da axuda efectuarase cada mes, logo de presentación por parte da entidade local do certificado expedido pola Sociedade Galega de Medio Ambiente ou xestor final de residuos, da cantidade de residuos recibidos nas súas instalacións no referido período.
Así mesmo, para o pagamento do mes de xaneiro do ano 2005, deberá xuntarse certificación de non ter pendentes de pagamento débedas contraídas coa Sociedade Galega de Medio Ambiente ou do xestor final de residuos de Galicia pola xestión dos residuos urbanos de bolsa negra producidos no concello, a día 31 de decembro de 2004.
Artigo 9º.-Alteracións das condicións da subvención.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente doutras subvencións ou axudas concedidas por calquera outra Administración ou entes públicos, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión da axuda. Para estes efectos ditarase a oportuna resolución de liquidación, na cal se reaxustarán os impor
tes da axuda concedida, podendo supoñer, nos casos que así procedese, a devolución dos importes recibidos en exceso.
Artigo 10º.-Incumprimento e procedemento de reintegro.
No suposto de que a entidade beneficiaria non utilice a axuda concedida para o destino específico para o que foi solicitada e concedida, non realice a prestación do servizo para o que foi concedida, non xustifique a súa aplicación para os fins determinados para os que se interesou ou, en xeral, incumpra as obrigas establecidas nesta orde ou na resolución de concesión, virá obrigada a reintegrar a contía concedida e percibida, ademais dos xuros legais que resulten de aplicación, segundo o Decreto 287/2000, do 21 de novembro polo que se establece o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 11º.-Obriga de facilitar información.
Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poida ser exixida polos órganos correspondentes da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga, consonte o artigo 31 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.
Artigo 12º.-Financiamento.
Para a concesión das axudas convocadas nesta orde destinaranse ata un máximo de 80.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.342A.760.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004 e de 130.000 euros con cargo á mesma partida dos orzamentos para o ano 2005.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.-En todo o non previsto nesta orde, rexerá o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2004.
José Manuel Barreiro Fernández
Consellerio de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS