Orde do 14 de abril de 2005 pola que se convoca o Premio Galicia-Medio Ambiente 2005.

Diario Oficial de Galicia, 25-04-2005, Núm. 78, Páx. 6848
Orde do 14 de abril de 2005 pola que se convoca o Premio Galicia-Medio Ambiente 2005. A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que ten atribuídas as competencias e funcións que en materia de ambiente e conservación da natureza se establecen nos artigos 27.10º, 11º, 15º e 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación. Ademais, e de conformidade co disposto no Decreto 106/2004, do 27 de maio, en concreto, no artigo 8, punto 2º.2, realizará as funcións relativas á formación e consolidación dunha conciencia social para a protección e mellora do contorno. O Premio Galicia-Medio Ambiente, creado mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de xuño de 2003 a través do Decreto 293/2003, e regulado polo Decreto 31/2005, ten como finalidade potenciar unha cultura ambiental na comunidade autónoma, mediante o recoñecemento de empresas, concellos, universidades e centros de investigación, ademais de centros educativos non universitarios e asociacións ecoloxistas e naturalistas que traballen e destaquen na defensa dos valores ambientais en diferentes ámbitos da Comunidade Autónoma galega, así como promover a difusión de tales valores pola repercusión que estes premios teñen nos medios de comunicación e sobre a opinión pública. En virtude do anterior, en consonancia co disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, DISPOÑO: Artigo 1º.- Obxecto das axudas. Esta orde ten por obxecto premiar o traballo das empresas, concellos, universidades e centros de investigación, ademais de centros de educación non universitaria e asociacións ecoloxistas e naturalistas que desenvolvan un labor significativo no estudo, coidado e promoción do medio natural. Artigo 2º.- Categorías e destinatarios. O Premio Galicia-Medio Ambiente outorgarase nas seguintes categorías: a) Forestal e montes. b) Sustentabilidade e educación ambiental. c) Calidade ambiental. d) Conservación da natureza. e) Augas. Os destinatarios serán as empresas, concellos, universidades, centros de investigación e centros de educación non universitaria e asociacións ecoloxistas e naturalistas, que poderán presentarse simultaneamente ás diversas categorías do premio. Artigo 3º.- O premio. O premio, en todas as súas convocatorias, dará dereito a unha placa acreditativa e levará consigo unha dotación económica de 6.000 euros para cada unha das modalidades. O premio concederase con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.02.614-C.640.1, 15.05.342-A.640.1, 15.04.342-A.640.1, 15.03.342-A.640.2 e 15.50.342A-640.2. Artigo 4º.- Participación. 1. As entidades que desexen acceder a estes premios deberán enviar unha memoria, co formato estipulado no punto c) do artigo 5º desta orde, para cada unha das categorías nas que participen, na que se describan e se acrediten os traballos realizados no transcurso do ano 2004 e os logros acadados relativos ao obxecto destes premios. No caso de grupos de traballo interdisciplinares que concorran á convocatoria, obrigatoriamente terá que figurar unha persoa xurídica como representante do grupo. As materias específicas sobre as que versará o Premio Galicia-Medio Ambiente 2005, nas súas diferentes categorías serán as seguintes: - Na categoría de forestal e montes: sustentabilidade da xestión forestal. - Na categoría de sustentabilidade e educación ambiental: sustentabilidade e educación ambiental. - Na categoría de calidade ambiental: integración paisaxística no medio, de proxectos rematados ou en execución - Na categoría de conservación da natureza: conservación da natureza. - Na categoría de augas: análise dos custos asociados da auga. 2. Os traballos serán orixinais e non terán sido premiados anteriormente, nin formarán parte total ou parcial doutros proxectos xa presentados ou en vías de presentación pública, así como se rexeitarán os que xa recibiran ou estean actualmente recibindo subvencións, sexan públicas ou privadas. 3. A Consellería de Medio Ambiente poderá solicitar información adicional á presentada e verificar calquera extremo referente á documentación achegada. Artigo 5º.- Presentación e prazos. a) Os participantes enviarán a documentación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Medio Ambiente, en sobre pechado, á Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. b) O prazo de presentación será de 40 días naturais, contados a partir do día seguinte, este inclusive, da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. c) Para todas as categorías, a memoria que se presente non excederá as 40 follas tamaño A4, por unha cara a dous espazos con letra Arial de 12 puntos e marxe de 2,5 cm en todos os seus lados, que poderá ser complementada con gráficos, debuxos, fotos ou calquera material audiovisual, así como con aqueles anexos que se consideren necesarios. Artigo 6º.- Xurado e concesión dos premios. 1. O xurado terá a composición seguinte: Presidente: o conselleiro de Medio Ambiente ou persoa en quen delegue. Vogais: o director xeral de Montes e Industrias Forestais, o director xeral de Conservación da Natureza, o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, ou persoas en quen deleguen, respectivamente, e un representante dos colectivos ecoloxistas galegos. Secretario: o director xeral de Desenvolvemento Sostible ou persoa en quen delegue. 2. O xurado tomará o acordo de concesión dos premios, que porá fin á vía administrativa; ademais, poderá deixar deserta total ou parcialmente a convocatoria e outorgar os accésits que considere oportunos. 3. Os traballos premiados non lles serán devoltos aos seus autores. A Consellería de Medio Ambiente reserva para si o dereito a proceder á súa publicación en todas as linguas do Estado español coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros. Poderá publicar estes traballos sen limitación do número de exemplares nin de edicións. Os beneficiarios dos premios comprométense a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos. 4. Os traballos non premiados poderán ser recollidos polos seus autores, no prazo que se indicará despois da resolución do xurado no taboleiro de anuncios da Consellería de Medio Ambiente. Os traballos non retirados dentro do prazo establecido serán destruídos. 5. A concesión dos premios terá lugar dentro dos tres meses seguintes á data de remate do prazo de presentación das memorias, e será notificada persoalmente aos adxudicatarios polos medios previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Disposición derradeira Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 14 de abril de 2005. José Manuel Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O14042005.pdf Galego
o14042005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles