Diario Oficial de Galicia, 25-01-2005, Núm. 16, Páx. 1292
Orde do 13 de xaneiro de 2005 pola que se amplía o período hábil de caza para o xabaril, establecido na Orde do 21 de xuño de 2004, pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2004-2005.
O título V da Orde do 21 de xuño de 2004, pola que se establecen as épocas hábiles de caza durante a tempada 2004-2005 (Diario Oficial de Galicia nº 128, do 5 de xullo), regula as peculiariades propias dos réximes especiais en función das distintas especies. Con respecto ao xabaril, o artigo 18.2º f) da mesma establece, entre outras particularidades, o período e días hábiles para a súa caza.
En consideración á grave problemática que está a causar en moitos puntos da xeografía galega a proliferación das poboacións de xabaril, oídos os Comités Provinciais de Caza das catro provincias galegas e en evitación dos danos que produce esta especie; consonte as atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concordante,
RESOLVO:
Artigo 1º.- Ampliación.
1. Amplíase o período hábil de caza do xabaril ata o 27 de febreiro de 2005.
2. Para tal efecto os tecores interesados deberán de cursar petición previa ao delegado provincial correspondente.
Artigo 2º.- Autorizacións.
As autorizacións que se concedan para este período cinexético, non se acumularán ás incluídas no plan de aproveitamento anual desta tempada de caza.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2005.
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO