Orde do 13 de marzo de 2007 pola que se declara de interese galego a Fundación Jose Luis Taboada e se ordena a súa inscrición na sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego desta consellería.

Diario Oficial de Galicia, 20-03-2007, Núm. 56, Páx. 4405
Orde do 13 de marzo de 2007 pola que se declara de interese galego a Fundación Jose Luis Taboada e se ordena a súa inscrición na sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego desta consellería. O 12 de febreiro de 2007 publicouse, no Diario Oficial de Galicia nº 30, a Orde do 31 de xaneiro de 2007 pola que se clasifica de interese ambiental a Fundación Jose Luis Taboada, adscribíndose á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, que terá que exercer o protectorado plenamente sobre ela. Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 6 dos estatutos, ten por obxecto: a) Manter e conservar o primitivo Couto Xurisdicional do Señorío de Cartelos, vixente ata o século XIX, de acordo coa lexislación e normativa vixente. b) Axustar as distintas accións, plans, proxectos e decisións á normativa vixente que regula a presenza, actuación e desenvolvemento de espazos naturais protexidos. c) Conservar, manter e promover técnica e cientificamente o espazo natural é misión prioritaria da fundación conforme a normativa aplicable ás normas de bo criterio que, desde o punto de vista técnico e científico, aconsellen actuar en cada momento. d) No espazo natural protexido atópanse tamén parcelas agrícolas nas cales ao longo do tempo se veñen realizando distintos cultivos. Figuran outras áreas que non están incluídas no perímetro do espazo natural protexido, nas que se vén actuando con fins de investigación e produción que se iniciaron na primeira metade do século XX, e nas cales participaron organismos da Administración central, periférica, autonómica e provincial. e) Colaborar coa Administración provincial, autonómica, periférica, central, Unión Europea e outras en traballos que teñan como finalidade o mantemento e conservación do medio rural. f) Estes fins concretos teñen que adecuarse ás catro unidades ben diferenciadas que son: unidade forestal, unidade agrícola, unidade pecuaria e centro de estudos. Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 5 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e 32.3º a) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego. Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación, DISPOÑO: Primeiro.- Declarar de interese galego a Fundación Jose Luis Taboada, ao cumprir os seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego. Segundo.- Ordenar a inscrición da dita fundación no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego. Disposición derradeira.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2007. Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
o13032007.pdf Galego
OES13032007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles