Orde do 11 de xuño de 2004 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para a utilización de métodos de produción agraria compatibles co ambiente e se convocan para o ano 2004.

Diario Oficial de Galicia, 17-06-2004, Núm. 116, Páx. 8469
Orde do 11 de xuño de 2004 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para a utilización de métodos de produción agraria compatibles co ambiente e se convocan para o ano 2004. O Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio, sobre axudas para o desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria (FEOGA), modificado polo Regulamento (CE) 1783/2003, do Consello, do 29 de setembro de 2003, establece no seu capítulo VI, título II, e nos seus artigos 22 ao 24, un réxime de axudas para a utilización de métodos de produción agraria compatibles co ambiente, orientando, polo tanto, as explotacións agrarias cara a unha agricultura sustentable e multifuncional que pretende compatibilizar a conservación dos recursos naturais e a protección do ambiente coa produción de cantidades suficientes de alimentos de calidade contrastada para garantir o benestar das xeracións futuras. Pola súa parte, presentouse a modificación do programa, aprobado mediante a Decisión C (2001) 4739, do 20 de decembro, e aplicado, no ámbito estatal, por medio do Real decreto 708/2002, do 19 de xullo, polo que se establecen medidas complementarias do programa de desenvolvemento rural para as medidas de acompañamento da política agraria común modificado polo Real decreto 172/2004, do 30 de xaneiro. A Orde do 23 de agosto de 2002 estableceu nesta comunidade autónoma as bases reguladoras das medidas agroambientais, así como a súa convocatoria para o ano 2002. Mediante a Orde do 1 de abril de 2003 modificáronse determinados artigos da orde anterior e estableceuse a convocatoria das axudas para o ano 2003. As modificación da normativa comunitaria e estatal, así como a experiencia adquirida coa aplicación destas axudas durante as convocatorias do 2002 e 2003, fan conveniente efectuar puntuais modificacións nalgúns artigos e anexos da Orde do 23 de agosto de 2002, o que se efectúa na sección primeira desta orde. Por outra banda, tendo en conta que a dita Orde do 23 de agosto de 2002, con vixencia plurianual, cumpre os requisitos previstos para as bases reguladoras aplicables á concesión de axudas e subvencións no artigo 78.6º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, establécese na sección segunda desta orde a súa convocatoria para o ano 2004, que, pola súa vez, cumpre os requisitos exixidos no artigo 8.3º do Decreto 287/2000, do 21 do novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, e no Decreto 50/2002, do 14 de febreiro DISPOÑO: Sección primeira: Modificación da Orde do 23 de agosto de 2002 Artigo 1º Modifícanse os artigos 7.2º e 4, 11.1º, 17.1º e 2, o punto oito dos artigos 23º A, 27º A e 31º A, os artigos 32.1º, 38º e 56º e engádense o punto 7 ao artigo 7º, o punto 5 ao artigo 9º, o parágrafo segundo ao artigo 10º, e o punto 7 ao artigo 17º, da Orde do 23 de agosto de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a utilización de métodos de produción agraria compatibles co ambiente en Galicia, coas modificacións introducidas pola Orde do 1 de abril de 2003, conforme o seguinte: Un.- O artigo 7.2º queda redactado do seguinte xeito: «Os beneficiarios deberán presentar unha solicitude inicial de participación no réxime e as sucesivas solicitudes anuais de pagamento que correspondan, conforme os compromisos asumidos. O prazo de presentación das solicitudes será o previsto na respectiva orde de convocatoria. Non obstante, de acordo co previsto no Regulamento (CE) 2419/2001, as solicitudes que teñan entrada dentro dos vinte e cinco días naturais seguintes á finalización do prazo establecido serán aceptadas, pero o importe das axudas será reducido nun 1 por 100 por cada día hábil de atraso, salvo que o atraso na presentación se producise por causa de forza maior. As solicitudes presentadas con posterioridade aos vinte e cinco días naturais seguintes á data de finalización do prazo de presentación consideraranse como non presentadas, non podendo dar lugar á concesión de ningunha axuda.». Dous.- No artigo 7.4º j) suprímese o texto «Copia cotexada do documento acreditativo da cualificación sanitaria da explotación en vigor sempre e cando exista para esa especie animal», nos casos de gandaría ecolóxica, mantemento de razas autóctonas e redución dos efectivos gandeiros. Tres.- Engádese o punto 7 ao artigo 7º, coa seguinte redacción: «5. A declaración de superficies para a campaña 2004 deberá de facerse de acordo coas referencias identificativas e superficies correspondentes co catastro vixente na data de publicación do padrón do ano 2003, aínda no caso de que o catastro fose renovado con posterioridade, agás no caso dos termos municipais de Frades e Zas, na provincia da Coruña, en que se utilizarán as referencias do catastro renovado recentemente. Naqueles termos municipais, ou parte deles, onde se estea executando a concentración parcelaria ou procedese á reordenación da propiedade e para os que non se dispoña dun catastro renovado, poderanse admitir as novas referencias identificativas alfanuméricas contidas nos plans oficiais de concentración parcelaria mentres non se dispoña dos novos datos de catastro. Estas zonas indícanse no anexo XVII que se xunta». Catro.- Engádense o punto 5 ao artigo 9º, relativo a criterios de prioridade, coa seguinte redacción: «5. Unha vez aplicados os criterios de prioridade fixados nos puntos anteriores, e no caso de igualdade na puntuación entre dous ou máis beneficiarios, terán prioridade os titulares de explotacións agrarias que soliciten por maior superficie para a execución de compromisos agroambientais e dentro destes os solicitantes de menor idade». Cinco.- Engádese no artigo 10º, relativo a resolución das solicitudes, o parágrafo seguinte: «Non serán aprobadas as solicitudes en que o importe calculado da axuda sexa igual ou inferior a 50 A». Seis.- O artigo 11.1º, parágrafo primeiro, terá a seguinte redacción: «1. Os beneficiarios deberán de comunicar antes do 15 de setembro de cada ano a realización do programa agroambiental do que se trate, ata esa data, ao servizo provincial de Explotacións Agrarias, funcionalmente dependente da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria, achegando a seguinte documentación:». Sete.- Modifícase o artigo 17.1º que queda redactado do seguinte xeito: «1. No suposto do incumprimento das condicións establecidas para a concesión da axuda, existirá obriga de reintegro total ou parcial de subvención. No caso de pagamentos indebidos, o beneficiario quedará obrigado a reintegrar o importe indebidamente percibido máis os xuros calculados en función do tempo transcorrido entre a notificación da obriga de reembolso ao produtor e o reembolso ou a dedución. O tipo de xuro aplicable sería o establecido anualmente nos orzamentos xerais do Estado para cada exercicio para o xuro de demora. A obriga de reembolso non se aplicará se o pagamento é froito dun erro da administración xestora ou doutra autoridade e non podía ser razoablemente detectado polo produtor. Sen embargo, cando o erro estea relacionado con elementos actuais pertinentes para o cálculo do pagamento correspondente, só se aplicará se a decisión de recuperación non se comunicou nun prazo de 12 meses a partir do pagamento.». Oito.- Modifícase o artigo 17.2º, que queda redactado do seguinte xeito: «2. A renuncia a continuar cos compromisos adquiridos, ou xubilación do beneficiario en anos posteriores e antes de que se cumpra o compromiso polo período de cinco anos, obriga á devolución de todas as axudas percibidas, incrementadas nos xuros correspondentes ao tempo transcorrido. No caso de xubilación, non será efectiva a devolución da prima se cumpre o establecido nos números 3 e/ou 4 deste artigo.». Nove.- Engádese o punto 7 ao artigo 17º, coa seguinte redacción: «7. A Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria poderá renunciar á recuperación dos importes iguais ou inferiores a 100 euros, xuros non incluídos, por produtor e por período de prima.». Dez.- O punto oito dos compromisos xerais establecidos nos artigos 23º A, 27º A e 31º A, queda redactado como segue: «Redución verificable de, cando menos, un 20% dos produtos agroquímicos utilizados na explotación. Esta redución poderá realizarse mediante a substitución do fertilizante nitroxenado de síntese polo orgánico, non permitíndose o uso de estercos frescos, engadindo 5 tm de esterco/ha cada 3 anos, realizando obrigatoriamente o primeiro fornecemento ao comezo do período de compromiso.». Once.- Modifícanse o artigo 32.1º, relativo a contía das axudas, que queda redactado como segue: «As primas máximas establécense en función do tipo e superficie mínima do cultivo de acordo coa táboa seguinte: Cultivos // Prima máxima (€/ha) // S. mínima cultivo (ha) // S. couto redondo (ha) Herbáceos de secano // 92,32 // 0.30 // 8 Herbáceos de regadío // 162,27 // 0.30 // 5 Froiteiras de secano // 119 // 0.30 // 7,6 Froiteiras de pebida // 328,15 // 0.30 // 4,5 Froiteiras de carabuña // 364,21 // 0.30 // 4,5 Oliveiral // 266,85 // 0.30 // 1 Hortícolas ao aire libre // 258,44 // 0.30 // 2,2 Hortícolas baixo plástico // 504,85 // 0.30 // 1 Cítricos // 468,79 // 0.30 // 4,5 Viñedo vinificación // 228,38 // 0.30 // 3,5 Doce.- Modifícase o artigo 38º, relativo a obxectivos, que queda redactado como segue: «O obxectivo desta medida é a protección do solo, diminuíndo de forma efectiva a carga gandeira en pradarías e pastos que sufriron un desequilibrio polo pastoreo excesivo na súa composición florística, coa subseguinte aparición de especies non desexables para o gando, fomentando sistemas de aproveitamento de pastos racionais, adaptados a cargas gandeiras que permitan explotacións gandeiras máis extensivas cunha redución efectiva da carga gandeira inicial. A carga gandeira de partida deberá de ser menor ou igual a 2 UGM/ha en cumprimento do establecido no código de boas prácticas agrarias. Poderase reducir a carga a través de sementeira ou aproveitamento de pastos para diminuír aquelas sen redución de efectivos do rabaño ampliando a superficie forraxeira. Tamén se poderá reducir por eliminación temporal da presencia de gando.». Trece.- Modifícase o artigo 56º, relativo a contía das axudas, que queda redactado como segue: «Concederase anualmente aos interesados unha axuda de 10,22 euros por hectárea.». Artigo 2º O anexo XII da Orde do 23 de agosto de 2002 substitúese polo anexo XII, que consta como anexo a esta orde. Engádese un novo anexo XVII á Orde do 23 de agosto de 2002, que consta como anexo a esta orde. Sección segunda: Convocatoria das axudas para o 2004 Artigo 3º.- Obxecto. Por medio da sección segunda desta orde establécese a convocatoria para o ano 2004, das axudas para a utilización de métodos de produción agraria compatibles co ambiente en Galicia, de acordo coas bases previstas na Orde do 23 de agosto de 2002, publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 172, do 6 de setembro, coas modificacións introducidas na sección primeira da Orde do 1 de abril de 2003 e na sección primeira desta orde. Artigo 4º.- Condicións e finalidade. Para poder acceder ás distintas liñas de axuda previstas no artigo 1º da Orde do 23 de agosto de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a utilización de métodos de produción agraria compatibles co ambiente en Galicia, os beneficiarios deberán cumprir os requisitos establecidos para cada unha das seccións, conforme o previsto nos títulos I e II da dita orde. As ditas axudas teñen por finalidade orientar as explotacións agrarias cara a unha agricultura sustentable e multifuncional que pretende compatibilizar a conservación dos recursos naturais e a protección do ambiente coa produción de cantidades suficientes de alimentos de calidade contrastada para garantir o benestar das xeracións futuras. Artigo 5º.- Prazo e presentación das solicitudes de axuda. Para a convocatoria 2004 e en cumprimento do artigo 43 da Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, as solicitudes de axuda presentaranse no prazo de 40 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e, preferentemente, nas oficinas agrarias comarcais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Os interesados presentarán a solicitude inicial de axuda ou as solicitudes anuais de pagamento, axustadas aos modelos e coa documentación establecida en cada caso, conforme se establece nas bases reguladoras establecidas na Orde do 23 de agosto de 2002. Artigo 6º.- Financiamento. Para a concesión das axudas reguladas nesta orde existe crédito adecuado e suficiente con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, na aplicación 09.03.614A 772.0, dos que 1.333.394 euros se destinarán ás novas solicitudes. Este financiamento poderá ser incrementado con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma. Disposición adicional Única.- Aplicarase a esta convocatoria o previsto na disposición adicional da Orde do 23 de agosto de 2002 canto á autorización e expedición dos certificados acreditativos de que o solicitante se atopa ao día das súas obrigas tributarias e de que non ten pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante quedan exentos de xuntaren os xustificantes do cumprimento das obrigas as que se refire o artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, as axudas especificadas no artigo 42 da Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004. Disposición transitoria As solicitudes que se presentasen con anterioridade á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia seguirán o seu trámite, sempre que se cumpran as condicións que nela se exixen, así como a normativa vixente ao respecto. De non ser así, solicitaráselles aos titulares das explotacións afectados que cubran debidamente a solicitude e que achegen os datos ou xustificantes que puidesen faltar. Disposicións derradeiras Primeira.- Facúltase o director xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde. Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2004. Juan Miguel Diz Guedes Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AGRICULTURA ECOLÓXICA
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O11062004.pdf Galego
O11062004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles