Diario Oficial de Galicia, 10-02-2005, Núm. 28, Páx. 2309
Orde do 1 de febreiro de 2005 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións dos programas sectoriais de recursos naturais, tecnoloxías para a innovación e servizos ao cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria para o ano 2005.
A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece, como obxectivo xeral, o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 14 de marzo de 2002 aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005). Este plan ten como obxectivos principais articular, desenvolver e fortalecer o Sistema Galego de Innovación, actuando sobre os seus puntos débiles e tratando de optimizar os recursos dispoñibles, así como favorecer o desenvolvemento dos sectores económicos e sociais de interese para Galicia, fomentando o incremento das actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (I+D+I).
O plan consta dun programa de promoción xeral da investigación e trece programas sectoriais agrupados en tres bloques: recursos naturais, tecnoloxías para a innovación e servizos ao cidadán. Estes programas sectoriais perseguen como obxectivos potenciar a investigación aplicada no sistema público de I+D, aumentar as actividades de I+D+I nas empresas e impulsar a innovación tecnolóxica e a competitividade nos sectores económicos e sociais de interese para Galicia.
O bloque de programas de recursos naturais serve de apoio a I+D+I relacionada cos sectores primarios de Galicia, é dicir, recursos agropecuarios, recursos mariños, biodiversidade e recursos forestais e recursos enerxéticos e mineiros. Con este grupo de programas preténdese identificar os principais recursos naturais de Galicia, establecer e mellorar as súas características, racionalizar a súa explotación e mellorar a súa comercialización.
O bloque de programas de tecnoloxías para a innovación serve de apoio á I+D+I que ten relación coas áreas científico-tecnolóxicas que se consideran máis relevantes para o desenvolvemento dos sectores produtivos de Galicia. O devandito bloque está formado polos seguintes programas: biotecnoloxía e tecnoloxías farmacéutica e de ciencias da saúde, tecnoloxías da alimentación, tecnoloxías ambientais, tecnoloxías dos materiais, tecnoloxías da construción e conservación do patrimonio, tecnoloxías da información e as comunicacións, e tecnoloxías de deseño e produción industrial que perseguen como obxectivo avanzar nas tecnoloxías necesarias para o desenvolvemento dos sectores produtivos máis importantes de Galicia, así como aplicar os avances á innovación tecnolóxica das empresas.
O bloque de servizos ao cidadán está formado por dous programas, ciencias sociais e sociedade da información, que serven de complemento a todas as actividades de I+D+I que teñen lugar en Galicia dado que contribúen á aproximación da investigación e os seus resultados aos cidadáns, así como á consideración dos aspectos sociais da I+D+I. Son principais obxectivos do bloque de programas de servizos ao cidadán contribuír ao desenvolvemento do sector servizos en Galicia, desenvolver solucións innovadoras e impulsar a penetración das novas tecnoloxías nos servizos e no conxunto da sociedade.
Co fin de pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas, esta orde aproba as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ao grupo de programas sectoriais e procede á convocatoria do ano 2005.
Polo que antecede esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.- Modalidades de axuda.
Convocar en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva as axudas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios dos programas sectoriais:
1. Proxectos de investigación aplicada a realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Proxectos de investigación industrial de empresas privadas ou agrupacións de empresas de carácter privado.
4. Proxectos de innovación tecnolóxica, desenvolvemento precompetitivo ou proxectos de demostración de empresas privadas ou agrupacións de empresas de carácter privado.
5. Dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas privadas ou agrupacións de empresas de carácter privado.
As axudas dos puntos 3, 4 e 5, anteriormente citados, enmárcanse no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.
Como anexos I, II, III, IV, V, VI, VII, VIII, IX, X, XI, XII e XIII a esta orde recóllense as prioridades dos trece programas que integran os tres bloques dos programas sectoriais:
Programa Sectorial de Recursos Naturais:
- I. Recursos agropecuarios.
- II. Recursos mariños.
- III. Biodiversidade e recursos forestais.
- IV. Recursos enerxéticos e mineiros.
Programa Sectorial de Tecnoloxías para a Innovación:
- V. Biotecnoloxía e tecnoloxías farmacéutica e de ciencias da saúde.
- VI. Tecnoloxías da alimentación.
- VII. Tecnoloxías ambientais.
- VIII. Tecnoloxías dos materiais.
- IX. Tecnoloxías da construción e conservación do patrimonio.
- X. Tecnoloxías da información e das comunicacións.
- XI. Tecnoloxías de deseño e produción industrial.
Programa Sectorial de Servizos ao Cidadán:
- XII. Ciencias sociais.
- XIII. Sociedade da información.
Estas axudas concédense para a realización de proxectos que se inicien no ano da convocatoria e que teñan unha duración máxima de tres anos, contados desde a data de concesión. Admitiranse custos do proxecto incorridos desde o 1 de xaneiro do ano de concesión da axuda.
Segundo.- Requisitos dos beneficiarios.
Os posibles beneficiarios das axudas citadas no punto primeiro deberán reunir os requisitos que a continuación se indican para cada caso.
A) Grupos de investigación.
Grupos/equipos de investigación consolidados e de excelencia de universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos dos conceptos de grupo consolidado e de excelencia son de aplicación todas as definicións e criterios recollidos na Orde do 21 de xaneiro de 2005 (DOG do 1 de febreiro) pola que se convocan as axudas do Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica para o ano 2005.
Excepcionalmente e con carácter transitorio, no caso dos centros públicos de investigación de carácter sectorial non universitarios admitiranse as seguintes situacións particulares como alternativa posible ao establecido na orde antes citada:
- Para grupos/equipos consolidados:
a) O grupo/equipo terá un mínimo de tres membros vinculados ao centro.
b) O investigador principal poderá ser un titulado superior cunha experiencia mínima de catro anos como investigador, acreditada con publicacións e vinculación estable.
c) O segundo investigador poderá ser un titulado superior vinculado ao centro con dous anos acreditados de experiencia investigadora ou un titulado de grao medio vinculado ao centro con catro anos de experiencia investigadora.
d) Os restantes investigadores poderán ser titulados superiores vinculados ao centro. No seu defecto e con carácter excepcional, o equipo poderá completarse con técnicos de grao medio vinculados ao centro e con dous anos de experiencia.
- Para grupos/equipos de excelencia:
a) O grupo/equipo terá un mínimo de catro membros vinculados ao centro.
b) O investigador principal poderá ser un titulado superior con experiencia mínima de oito anos e vinculación estable.
c) O segundo membro poderá ser substituído por un titulado superior con experiencia mínima de seis anos e vinculación estable.
d) O terceiro membro poderá ser substituído por un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo.
e) Excepcionalmente os restantes membros do equipo (mínimo un) poderán ser técnicos de grao medio con dous anos de experiencia investigadora.
Así mesmo, para estes centros e polo que respecta aos criterios de calidade, o conxunto dos seus membros deberá reunir polo menos catro dos seguintes:
a) Catro sexenios recoñecidos.
b) Dúas teses de doutoramento dirixidas ou codirixidas e lidas.
c) Oito publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución científica real.
d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.
e) Dirección de seis proxectos de investigación obtidos en convocatorias competitivas de ámbito nacional ou internacional.
f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.
g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.
h) Dirección de tres proxectos de I+D financiados por empresas dun importe superior a 12.100 euros cada un deles.
Os investigadores que constitúan un equipo consolidado ou de excelencia deberán ter en conta as seguintes limitacións relativas ao número máximo de proxectos nos que poden participar computando o proxecto solicitado:
a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos e acreditan produción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ao correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.
b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos e acreditan produción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ao correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.
c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos e acreditan produción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ao correspondente organismo, e nun se é a tempo parcial.
Os restantes membros do equipo, non incluídos nalgún dos tres puntos anteriores, só poderán participar no proxecto que se solicita.
Para os casos excepcionais antes descritos, relativos aos centros públicos de investigación de carácter sectorial, a antigüidade como doutor entenderase como experiencia investigadora acreditada.
Ningún grupo, e polo tanto cada un dos seus membros poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ao Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego, pero si poderá simultanear un proxecto do Programa de Promoción Xeral de Investigación con proxectos doutros programas do plan, sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente para cada un dos membros do equipo.
Exclúense do cómputo de proxectos vixentes todos os proxectos do programa marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional e do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico que rematen o mesmo ano no que se solicita o proxecto, e os subproxectos dos proxectos coordinados liderados por centros tecnolóxicos da comunidade autónoma.
Co fin de favorecer a cooperación entre grupos distintos pertencentes a organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores, a saber:
O responsable de cada subproxecto deberá cumprir os requisitos exixidos para os investigadores principais dos grupos consolidados. Un deles será o coordinador do proxecto.
Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ao correspondente organismo.
Así mesmo, deberá terse en conta que no caso de que o equipo investigador ou algún dos seus membros teña algún proxecto vixente, para poder solicitar axuda para un proxecto, o tamaño mínimo do equipo deberá incrementarse, incorporando polomenos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ao mesmo organismo que o investigador principal.
B) Empresas privadas ou agrupacións de empresas de carácter privado.
Deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar participada na súa maior parte por capital privado.
b) Ter o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.
d) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
e) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.
f) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvención pública ou para contratar co Estado, as comunidades autónomas e outros entes públicos.
g) Os demais exixibles en virtude de normas de dereito preciso.
Co fin de favorecer a cooperación entre empresas da Comunidade Autónoma de Galicia, poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de empresas con capacidades complementarias con relación ao proxecto. Neste caso unha das empresas terá a consideración de líder do proxecto, pero cada unha das empresas participantes deberá cubrir o seu impreso de solicitude indicando que forma parte dun proxecto coordinado e cal será a súa contribución a este. Non obstante, o proxecto será avaliado no seu conxunto aínda que cada empresa deberá tamén achegar a súa xustificación de forma separada e recibirá directamente a axuda que corresponde á súa parte do proxecto. O incumprimento dun dos socios considerarase incumprimento do total do proxecto.
C) Centros tecnolóxicos.
Poderán concorrer equipos de investigación dos seguintes centros tecnolóxicos:
- Centro de Innovación e Servizos-CIS Tecnoloxía e Deseño.
- Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira).
- Centro Tecnolóxico Armando Priegue (AIMEN).
- Centro Tecnolóxico Nacional de Conservación de Produtos de Pesca (ANFACO-CECOPESCA).
- Instituto de Cerámica.
- Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
- Centro Tecnolóxico do Mar.
- Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia.
- Centro Tecnolóxico de Acuicultura.
- Instituto de Electrónica Aplicada Pedro Barrié de la Maza.
Co fin de favorecer a cooperación entre os distintos centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia, con organismos públicos de investigación ou con empresas, poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de centros, organismos ou empresas con capacidades complementarias con relación ao proxecto. Neste caso o centro tecnolóxico terá a consideración de líder do proxecto, pero cada unha das entidades participantes deberá cubrir o seu impreso de solicitude indicando que forma parte dun proxecto coordinado e cál será a súa contribución a este. Non obstante, o proxecto será avaliado no seu conxunto aínda que cada entidade deberá tamén achegar a súa xustificación de forma separada e recibirá directamente a axuda que corresponde á súa parte do proxecto. O incumprimento dun dos socios considerarase incumprimento do total do proxecto.
Nestes proxectos admitirase que o centro tecnolóxico exerza unicamente funcións de coordinación, se ben neste caso, a subvención do centro non poderá ser superior ao 10% do custo total do proxecto.
Terceiro.- Contía das axudas e conceptos subvencionables.
A) Grupos de investigación.
Para os proxectos de investigación a realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia a contía máxima da axuda ascenderá a 100.000 euros e 170.000 euros, respectivamente. En xeral, as axudas solicitadas deberán referirse a algún dos conceptos seguintes que en ningún caso serán considerados como subcontratación:
1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.
Excepcionalmente e unicamente para o caso de estranxeiros que non teñan homologado polo Ministerio de Educación y Ciencia o correspondente título superior, admitirase, durante un período máximo de dous anos, a substitución do contrato por unha bolsa.
O importe máximo por este concepto será de 60.000 euros para proxectos de tres anos, 40.000 euros para proxectos de dous anos e 20.000 euros para proxectos dun ano.
2. Material inventariable indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificado. O material inventariable adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ao que pertence o investigador responsable do proxecto.
3. Material funxible debidamente xustificado.
4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.
5. Outros gastos (especificaranse no modelo de solicitude).
6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarcir o correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

B.1) Proxectos (todas as modalidades).
Para que a solicitude poida ser considerada, será necesario que o importe do custo total solicitado do proxecto sexa como mínimo de 50.000 euros, agás nos proxectos de demostración para os que non se establece custo mínimo. A contía das axudas terá as seguintes limitacións:
1. Proxectos de investigación industrial: ata un 70% do custo do proxecto.
Enténdese por investigación industrial a investigación planificada ou os estudos críticos que teñan por obxecto a adquisición de novos coñecementos que poidan resultar de utilidade para a creación de novos produtos, procesos ou servizos ou contribuír a mellorar considerablemente os produtos, procesos ou servizos existentes.
2. Proxectos de desenvolvemento precompetitivo: ata un 50% do custo do proxecto.
Enténdese por actividade de desenvolvemento precompetitivo a materialización dos resultados da investigación industrial nun plano, bosquexo ou deseño para produtos, procesos ou servizos novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abarcar tamén a formulación conceptual e o deseño doutros produtos, procesos ou servizos.
3. Proxectos de innovación tecnolóxica: ata un 50% do custo do proxecto.
Enténdese por proxectos de innovación aquelas actividades que teñen por obxecto a obtención (produción) directa de novos produtos ou procesos ou melloras substanciais coñecidas nos xa existentes.
4. Proxectos de demostración: ata o 40% do custo do proxecto.
Son proxectos destinados ao desenvolvemento de experiencias piloto ou demostracións para aplicacións industriais ou para a súa explotación comercial.
Os proxectos de demostración deberán estar apoiados por un proxecto de I+D anterior rematado antes do 31 de decembro de 2005, que fose obxecto de axudas públicas e sexan precisos para a aplicación futura e próxima do resultado do proxecto.
As solicitudes destes proxectos poden incluír os conceptos seguintes que, agás os do punto 8 (colaboracións externas) non teñen a consideración de subcontratación:
1. Custo de persoal técnico da empresa preciso para a realización do proxecto. O devandito persoal e a súa vinculación ao proxecto deberán quedar definidos na proposta. O seu custo non poderá superar o 60% do custo total do proxecto.
2. Custo do persoal adicional técnico-científico que contrate a empresa para a realización do proxecto e que no momento da contratación non teña vinculación laboral coa empresa nin a tivese nos dous últimos anos. Na solicitude deberá figurar o perfil requirido para a persoa que se contrate. O custo desta contratación non se acumulará á porcentaxe mencionada no punto anterior.
Nos conceptos sinalados nos puntos 1 e 2, non se admiten custos de persoal financiados con fondos europeos.
3. Custo de adquisición (non se admitirán custos de utilización nin amortizacións) de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto, na medida na que se dediquen ao proxecto en cuestión, e que estean debidamente xustificados. Admitiranse os alugamentos de equipamentos só en casos específicos e debidamente razoados. O seu custo non poderá superar o 60% do custo total do proxecto.
4. Custo de servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, debidamente xustificados.
Entenderase por servizo tecnolóxico aquela actividade de tipo técnico, diferente á investigación, que deba ser puntualmente prestada por unha entidade externa para que o proxecto obxecto da axuda poida ser desenvolvido.
5. Gastos de adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.
6. Gastos de viaxes relacionados coa execución do proxecto. Será preciso explicar a necesidade da viaxe para a correcta execución do proxecto. Este concepto non poderá superar o 10% do custo total do proxecto.
7. Gastos de protección dos resultados do proxecto.
8. Custo de colaboracións externas con universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos, ou outras empresas, precisas para o proxecto e específicas para o seu desenvolvemento, debidamente pormenorizadas e xustificadas. A devandita colaboración externa deberá estar recollida nun contrato. O custo da colaboración poderá incluír calquera dos conceptos sinalados nos puntos anteriores, tendo en conta as limitacións porcentuais establecidas para cada un deles. Neste caso, as limitacións referiranse ao custo total da colaboración externa, que en casos excepcionais debidamente xustificados, poderán ser superadas.
Co fin de incentivar a colaboración entre os distintos axentes do sistema de innovación galego o custo total das colaboracións externas poderá acadar o 70 % do custo total do proxecto.
B.2) Dotación de laboratorios e departamentos de I+D.
Estas axudas poderán alcanzar como máximo o 70% do custo total do investimento que se vai realizar. As axudas poderán referirse a:
1. Custo de adquisición de equipos para investigación, sempre que non supoñan duplicidade inxustificada de equipamento existente no sistema galego de innovación. Xuntaranse ás solicitudes tres orzamentos dos equipamentos correspondentes.
2. Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos.
3. Custo de consumibles relacionados coa posta en marcha do laboratorio ou departamento de I+D sempre que non superen o 5% do investimento que se vai realizar.
Para este tipo de axudas será imprescindible que a empresa ou agrupación de empresas teña recursos humanos dedicados a I+D e deberá xustificar qué actividades e proxectos se van levar a cabo. Terán prioridade aquelas empresas ou agrupacións de empresas que teñan realizado proxectos de I+D+I con anterioridade.
C) Centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
As solicitudes destes proxectos poden incluír os conceptos seguintes:
1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación nos centros tecnolóxicos públicos realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.
Excepcionalmente e unicamente para o caso de estranxeiros que non teñan homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia o correspondente título superior, admitirase, durante un período máximo de dous anos, a substitución do contrato por unha bolsa.

2. Custo do persoal técnico do centro, que non estea financiado con fondos públicos e que deberá ser especificado no proxecto. A contía máxima será de ata o 60% do custo total do proxecto.
3. Material inventariable indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificado. O material inventariable adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ao que pertence o investigador responsable do proxecto.
4. Material funxible debidamente xustificado.
5. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.
6. Outros gastos (especificaranse no modelo de solicitude).
7. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarcir ao correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.
Cuarto.- Formalización e presentación de solicitudes.
Os formularios de solicitude das axudas seguirán os formatos normalizados dos que, a título exclusivamente informativo, figuran como anexos as respectivas follas iniciais (do XIV ao LXII), e que se deberán obter e cubrir necesariamente a través da aplicación informática establecida nos enderezos da internet http://www.dxid.org http://www.xunta.es/servicios ou http://www.xunta.es/conselle/in. Para a correcta formalización dos formularios de solicitude, nos citados enderezos da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas polos solicitantes.
Rexeitarase calquera solicitude que non se formalice segundo o indicado no parágrafo anterior.
No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, a través do teléfono 981 54 10 71, do número de fax 981 54 10 93, ou do enderezo electrónico dxid.informatica*xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.
As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ao disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).
Poderanse cubrir e obter os formularios ata as 24 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
A solicitude constará dos seguintes documentos:
A) Grupos de investigación.
a) Formularios normalizados de solicitude obtidos a través da aplicación informática sinalada anteriormente, impresos sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscadelas no seu formato orixinal. Estes formularios deberán de ser asinados polo investigador principal do proxecto e presentaranse co visto e prace do representante legal do organismo correspondente.
b) Currículum vitae de todos os membros do equipo investigador serán obtidos pola Dirección Xeral de I+D do Rexistro de Investigadores de Galicia (RIGA), polo que non será preciso incluílo coa documentación.
c) Os solicitantes dalgunha das axudas que se convocan nesta orde que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, achegando con este fin, a autorización para o libramento dos ditos fondos que será emitida polo responsable do organismo de que depende o dito hospital.
B) Empresas ou agrupacións de empresas de carácter privado.
a) Formularios normalizados de solicitude obtidos a través da aplicación informática sinalada anteriormente, impresos sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscadelas no seu formato orixinal. Estes formularios deberán de ser asinados polo representante legal da entidade.
b) Currículum vitae de todos os membros do equipo investigador en formato normalizado da Dirección Xeral de I+D que se poderá obter na páxina web http://www.dxid.org, ou na propia aplicación no apartado doutros. Este documento deberá ser engadido tamén na propia aplicación como documento en formato Word a través do mecanismo habilitado para tal efecto.
c) Copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual, xustificante de alta na Seguridade Social.
d) Copia compulsada do poder bastante de representación co que actúe o solicitante.
e) Copia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal da entidade.
f) Copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, se é o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.
g) Documento asinado de autorización para os efectos de que a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento poida solicitar por vía informática os certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias estatais, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social.
Ou ben:
g.1. Certificación acreditativa de encontrarse ao día das obrigas tributarias coa facenda estatal expedida pola Axencia Tributaria.
g.2. Certificación acreditativa de encontrarse ao día das obrigas tributarias coa facenda autonómica expedida pola Consellería de Economía e Facenda.
g.3. Certificación de encontrarse ao día no pagamento das cotas da Seguridade Social.
h) No caso de proxectos con colaboración externa achegarase copia do contrato de colaboración, asinado polos representantes legais das partes contratantes ou, no seu defecto, unha carta de intencións asinada polo responsable do proxecto na empresa ou agrupación de empresas, e o investigador principal do equipo de investigación da entidade que realizará ou colaborará no proxecto.
C) Centros tecnolóxicos.
a) Formularios normalizados de solicitude obtidos a través da aplicación informática sinalada anteriormente, impresos sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou rascaduras no seu formato orixinal. Estes formularios deberán de ser asinados polo investigador principal do proxecto e presentaranse co visto e prace do representante legal do organismo correspondente.

Ademais, os centros tecnolóxicos de carácter privado presentarán a documentación especificada para empresas nas letras c), d), e), f) e g) do punto anterior.
Quinto.- Tramitación.
A instrución do procedemento de concesión destas axudas corresponde á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.
Se a documentación achegada estivese incompleta, por parte da Dirección Xeral de I+D requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias con advertencia de que de non facelo será considerado desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.
Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación ou falsificación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.
Das solicitudes presentadas por equipos consolidados e de excelencia excluiranse aqueles investigadores que non cumpran os requisitos correspondentes e se o grupo de investigación resultante non cumpre os requisitos mínimos requiridos, a solicitude será desestimada.
Cando a temática do proxecto o aconselle, despois do informe do xestor do programa e audiencia ao solicitante, o Director Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá determinar o transvasamento de solicitudes presentadas entre diferentes programas do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.
Sexto.- Avaliación e selección.
A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados polo director xeral de I+D. A selección das solicitudes e a determinación da contía da axuda será realizada por:
A) Grupos de investigación.
A selección será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, e nomeada polas ordes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo), e do 21 de abril de 2004 (DOG do 27 de abril).

A selección será realizada por unha comisión de selección constituída polos seguintes membros:
Presidente: o Director Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou persoa en que delegue.
Secretario: un funcionario da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.
Vogais: 3 vogais designados polo Director Xeral de Investigación e Desenvolvemento dos que dous, de ser o caso, representarán as direccións xerais con competencias no ámbito sectorial ao que se refiran as axudas.
C) Centros tecnolóxicos.
A selección será realizada pola comisión indicada para as solicitudes de empresas. (Letra B, deste mesmo punto).
Para a selección dos beneficiarios das axudas de investigación, teranse en conta os seguintes criterios:
A) Grupos de investigación.
* A valoración científico-técnica realizada polos expertos externos na que se terán en conta os seguintes aspectos (máximo 70 puntos):
- Calidade do proxecto.
- Metodoloxía.
- Plan de traballo.
- Capacidade de I+D do equipo de investigación.
- Interese innovador do proxecto e potenciais beneficios.
- Adecuación do orzamento.
* A valoración realizada pola comisión de selección na que se terán en conta os seguintes aspectos (máximo 30 puntos):
- A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.
- O interese, relevancia e oportunidade dos obxectivos do proxecto para a resolución de problemas do sector.
- A incidencia que na transferencia de tecnoloxía poidan ter os resultados do proxecto proposto a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.
- A valoración dos resultados obtidos polos investigadores que forman o equipo en proxectos financiados anteriormente.
A comisión valorará especialmente as solicitudes relativas a proxectos coordinados.

B.1) Proxectos.

- Adecuación do presuposto.

- A valoración dos resultados obtidos pola empresa en proxectos financiados anteriormente.
- A capacidade da empresa para desenvolver os proxectos solicitados.
A comisión primará as solicitudes relativas a proxectos coordinados e a aqueles proxectos que se realicen en colaboración con organismos públicos de investigación ou con centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, a comisión, poderalles dar prioridade a aqueles proxectos que pola súa envergadura posúan un grande impacto económico e social e poidan ser considerados de interese estratéxico para o correspondente sector e fixar o número máximo de proxectos que poden financiarse a unha mesma empresa ou grupo empresarial.

* A valoración científico-técnica realizada polos expertos externos en que se terán en conta os seguintes aspectos (máximo 70 puntos):
- Técnicas metodolóxicas desenvolvidas.
- Capacidade científico-técnica do persoal responsable do equipamento.
- Adecuación do orzamento.
* A valoración realizada pola comisión de selección en que se terán en conta os seguintes aspectos (máximo 30 puntos):
- A capacidade da empresa para rendibilizar o investimento na dotación do laboratorio.
- Necesidade da dotación do laboratorio para o desenvolvemento de proxectos aprobados.
- A valoración realizada polos xestores en proxectos de I+D anteriormente financiados.
C) Centros tecnolóxicos.
Os criterios de selección serán os mesmos que os descritos para grupos de investigación (letra A, deste mesmo punto).
A comisión primará as solicitudes relativas a proxectos coordinados.
Así mesmo, a comisión, poderalle dar prioridade a aqueles proxectos que pola súa envergadura posúan un grande impacto económico e social e poidan ser considerados de interese estratéxico para o correspondente sector e fixar o número máximo de proxectos que poden financiarse a un mesmo beneficiario.
Sétimo.- Resolución.
As comisións de selección elevarán para a súa resolución a súa proposta, a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ao conselleiro de Innovación, Industria e Comercio. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.
O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro da correspondente convocatoria, será de 6 meses, contados dende a apertura do prazo de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no devandito prazo as solicitudes deberán entenderse desestimadas.
Contra as resolucións expresas ou presuntas que poñen fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
De non estimar a presentación deste recurso poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Oitavo.- Libramento da subvención.
A) Grupos de investigación.
A subvención será librada a través do organismo ou centro ao que pertenza o equipo investigador, conforme ao plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.
Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade, organismo ou centro correspondente expida, na data límite do 30 de setembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a certificación expresiva dos gastos correspondentes á subvención outorgada.
Os beneficiarios das axudas poderán ser convocados, se fose preciso, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.
Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Para poder percibir as axudas correspondentes, será preciso presentar, na data límite do 30 de setembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:
a) Un resumo da execución da subvención no que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por conceptos de gastos.
b) Documentación acreditativa de realización do investimento ou gasto, que consistirá en orixinal e unha copia das facturas e dos seus correspondentes xustificantes de pagamento. En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento posteriores ao 31 de decembro do exercicio correspondente.
c) No caso dos custos de persoal, tanto técnico propio como adicional técnico-científico contratado, con destino específico ao proxecto, deberá achegarse:
- Certificación emitida polo responsable de persoal co visto e prace do xerente ou director da empresa ou agrupación de empresas, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ao proxecto que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na empresa, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á empresa, data de pagamento da S.S. e custo total imputado ao proxecto (retribucións + S.S.) segundo a dedicación de cada traballador a este.
Poderanse requirir xustificantes de pagamento relativos aos datos que figuran na devandita certificación.
- Un parte de traballo en que figure a dedicación de cada persoa ao proxecto, que deberá recoller as horas de dedicación mensual ao proxecto e as sinaturas dos traballadores co visto e prace do investigador principal do proxecto e do responsable de persoal da empresa ou agrupación de empresas.
- Copia compulsada do contrato de traballo, no caso do persoal adicional técnico-científico contratado, con destino específico ao proxecto.
d) No caso de colaboracións con universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos ou outras empresas deberá achegarse:
- Copia compulsada do contrato no que se estableza a devandita colaboración, asinado polos representantes legais das partes contratantes, se non fose sido presentado coa solicitude.

- Orixinal e unha copia das facturas emitidas pola entidade colaboradora en que figure o título do proxecto financiado, acompañadas dos seus correspondentes xustificantes de pagamento.
e) Certificación expedida pola entidade bancaria en que se sinale o número de conta do beneficiario onde se deba realizar o pagamento.
f) Documento asinado de autorización para os efectos de que a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento poida solicitar por vía informática os certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias estatais, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social, se non fose presentado coa solicitude.
Ou ben:
- Certificación acreditativa de encontrarse ao día das obrigas tributarias coa facenda estatal expedida pola Axencia Tributaria.
- Certificación acreditativa de encontrarse ao día das obrigas tributarias coa facenda autonómica expedida pola Consellería de Economía e Facenda.
- Certificación de encontrarse ao día no pagamento das cotas da Seguridade Social.
g) No caso de proxectos plurianuais con importe superior a 30.050,61 euros, xustificante de depósito de aval bancario ou de entidade aseguradora depositado na Caixa de Depósitos da Xunta de Galicia, que deberá cubrir o importe da correspondente anualidade xunto cos xuros deste calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro, vixente no momento da concesión e polo prazo que medie entre a data da solicitude e como mínimo aquela en que se cumpran dous meses da do remate do prazo de xustificación previsto.
h) Un resumo, en formato normalizado facilitado pola dirección xeral, no que se reflectirán de forma sucinta os datos de execución do proxecto.
i) Unha memoria, en formato libre, en que se detallará de forma máis extensa o desenvolvemento científico-técnico do proxecto así como os resultados parciais obtidos.
Todos os datos incluídos nos dous documentos anteriores, excepto cando explicitamente se indique que formarán parte dunha base de datos, serán confidenciais e non se poderá facer uso deles salvo autorización expresa dos seus propietarios.
j) Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.
Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.
Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.
C) Centros tecnolóxicos.
C.1) Os centros tecnolóxicos de carácter público presentarán a mesma documentación que a indicada para grupos de investigación (letra A deste mesmo punto).
C.2) Os centros tecnolóxicos de carácter privado presentarán a documentación especificada para empresas nas letras a), b), c), e), f), g), h) i) e j) do punto anterior.
Noveno.- Modificación da resolución de concesión de axudas.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión de axuda, que será ditada pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio, tal e como se especifica no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nos seguintes supostos:
1. Cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, e sempre que esta minoración non supoña unha realización deficiente do proxecto.
2. Pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
3. Cando se modifiquen as circunstancias que alteran a solicitude presentada inicialmente, o beneficiario deberá solicitar a devandita modificación, mediante instancia dirixida ao conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, en que se indiquen as devanditas circunstancias, con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación do investimento.
As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das que poida conceder esta consellería para o mesmo proxecto.
Polo demais estas axudas serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto. Non obstante, nos casos das empresas, o conxunto das axudas acadadas non poderán exceder, en termos de subvención neta equivalente, á porcentaxe do 40% sobre o investimento subvencionable, agás nos casos das Pemes, en que poderá acadarse ata o 50%. Enténdese por pequena e mediana empresa a que cumpre cos seguintes requisitos: que ocupa menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede 50 millóns de euros ou o seu balance anual non excede 43 millóns de euros. Para o cálculo dos efectivos e os importes financeiros mencionados seguirase o disposto na recomendación da comisión do 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, de 20 de maio de 2003).
Décimo.- Reintegro da axuda.
Os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e os xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime orzamentario de Galicia na súa vixente redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.
Décimo primeiro.- Renuncia das axudas.
No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o establecido no artigo anterior.
Décimo segundo.- Seguimento dos proxectos.
A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utilizar os procedementos que considere precisos para coñecer o desenvolvemento da acción financiada e o investimento das cantidades achegadas. En calquera caso, e para proxectos, solicitaranse informes parciais ou finais, de ser o caso, que acrediten o proceso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento e ademais, no caso de proxectos empresariais, poderanse realizar visitas á propia empresa coa mesma finalidade.
O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, poderá coñecer a marcha das actuacións financiadas e propoñer a suspensión da axuda se da análise se derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos previstos.
Nas axudas de dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, antes de que transcorra un ano desde a adquisición do equipo, enviaráselles ás empresas beneficiarias unha enquisa que deberán remitir no prazo máximo dun mes, destinada a coñecer a utilización dos equipamentos adquiridos.
Décimo terceiro.- Dotacións orzamentarias.
As axudas imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican no seguinte cadro, en que existe crédito axeitado e suficiente no orzamento da comunidade autónoma para o ano 2005.
As aplicacións sinaladas cun asterisco (*) están cofinanciadas nun 75% con fondos Feder.
Décimo cuarto.- As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos se deriven da súa aplicación, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de marzo.
PROGRAMAS:
1. RECURSOS AGROPECUARIOS
a) Tipo de axuda: Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia.
- Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.740.0
Crédito:
* 2005: 86.000 €
* 2006: 146.000 €
* 2007: 115.000 €
* 2008: 56.000 €
- Aplicación orzamentaria: 08.05.432B.740.0
Crédito:
* 2005: 186.000 €
* 2006: 507.000 €
* 2007: 338.000 €
* 2008: 169.000 €
b) Proxectos de empresas e dotación de laboratorios de empresas:
- Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0
- CRÉDITO:
* 2005: 310.000 €
* 2006: 193.000 €
* 2007: 211.000 €
* 2008: 211.000 €
2. RECURSOS MARIÑOS:
a) Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia:

- Créditos:
* 2005: 64.000 €
* 2006: 107.000 €
* 2007: 86.000 €
* 2008: 43.000 €

- Crédito:
* 2005: 124.000 €
* 2006: 338.000 €
* 2007: 225.000 €
* 2008: 113.000 €
b) Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos.
- Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.781.0
- Crédito:
* 2005: --
* 2006: --
* 2007: 13.000 €
* 2008: 6.000 €
- Aplicación orzamentaria: 08.05.432V.780.0
- Crédito:
* 2005: 81.000 €
* 2006: 50.000 €
* 2007: --
* 2008: --
c) Proxectos de empresas e dotación de laboratorios de empresas:
- Aplicación orzamentaria: *08.05.432A.770.0
- Crédito:
* 2005: 139.000 €
* 2006: 86.000 €
* 2007: 95.000 €
* 2008: 95.000 €
3. BIODIVERSIDADE E RECURSOS FORESTAIS.

* 2005: 43.000 €
* 2006: 71.000 €
* 2007: 57.000 €
* 2008: 29.000 €

* 2005: 85.000 €
* 2006: 232.000 €
* 2007: 155.000 €
* 2008: 78.000 €

* 2007: 4.000 €
* 2008: 2.000 €

* 2005: 27.000 €
* 2006: 17.000 €

* 2005: 67.000 €
* 2006: 42.000 €
* 2007: 46.000 €
* 2008: 45.000 €
4. RECURSOS ENERXÉTICOS E MINEIROS.

* 2005: 31.000 €
* 2006: 84.000 €
* 2007: 56.000 €

* 2005: 208.000 €
* 2006: 129.000 €
* 2007: 142.000 €
* 2008: 141.000 €
5. BIOTECNOLOXÍA E TECNOLOXÍAS FARMACÉUTICA E DE CIENCIAS DA SAÚDE

* 2005: 28.000 €
* 2006: 47.000 €
* 2007: 37.000 €
* 2008: 18.000 €

* 2007: 17.000 €
* 2008: 8.000 €
- Aplicación orzamentaria: 08.05.432V.781.0
- Crédito:
* 2005: 108.000 €
* 2006: 6750.000 €

* 2005: 117.000 €
* 2006: 73.000 €
* 2007: 80.000 €
* 2008: 80.000 €
6. TECNOLOXÍAS DA ALIMENTACIÓN

* 2005: 13.000 €
* 2006: 21.000 €
* 2007: 17.000 €
* 2008: 9.000 €

* 2005: 53.000 €
* 2006: 144.000 €
* 2007: 96.000 €
* 2008: 47.000 €

* 2007: 25.000 €
* 2008: 13.000 €

* 2005: 161.000 €
* 2006: 101.000 €

* 2005: 335.000 €
* 2006: 208.000 €
* 2007: 228.000 €
* 2008: 229.000 €
7. TECNOLOXÍAS AMBIENTAIS

* 2007: 34.000 €
* 2008: 17.000 €

* 2005: 215.000 €
* 2006: 134.000 €

* 2005: 474.000 €
* 2006: 294.000 €
* 2007: 323.000 €
* 2008: 324.000 €
8. TECNOLOXÍAS DOS MATERIAIS

* 2005: 62.000 €
* 2006: 175.000 €
* 2007: 113.000 €
* 2008: 50.000 €

* 2007: 83.000 €
* 2008: 42.000 €

* 2005: 538.000 €
* 2006: 337.000 €

* 2005: 216.000 €
* 2006: 134.000 €
* 2007: 147.000 €
* 2008: 148.000 €
9. TECNOLOXÍAS DA CONSTRUCIÓN E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO

* 2005: 12.000 €
* 2006: 21.000 €
* 2007: 17.000 €
* 2008: 10.000 €

* 2005: 16.000 €
* 2006: 42.000 €
* 2007: 28.000 €
* 2008: 14.000 €
c) Proxectos de empresas e dotación de laboratorios de empresas

* 2005: 60.000 €
* 2006: 37.000 €
* 2007: 41.000 €
* 2008: 42.000 €
10. TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS

* 2005: 102.000 €
* 2006: 274.000 €
* 2007: 185.000 €
* 2008: 99.000 €

* 2007: 5.000 €
* 2008: 3.000 €

* 2005: 32.000 €
* 2006: 20.000 €

* 2005: 1.023.000 €
* 2006: 635.000 €
* 2007: 698.000 €
* 2008: 694.000 €
11. TECNOLOXÍAS DE DESEÑO EPRODUCIÓN

* 2005: 46.000 €
* 2006: 127.000 €
* 2007: 86.000 €
* 2008: 41.000 €

* 2005: 900.000 €
* 2006: 600.000 €
* 2007: 189.000 €

* 2005: 314.000 €
* 2006: 157.000 €

* 2005: 2.034.000 €
* 2006: 261.000 €
* 2007: 1.932.000 €
* 2008: 1.933.000 €
- Aplicación orzamentaria: *08.05.432V.770.0
- Crédito:
* 2005: 800.000 €
* 2006: 1.500.000 €
* 2007: --
* 2008: --
12. CIENCIAS SOCIAIS

* 2006: 22.000 €

* 2006: 67.000 €

* 2005: 201.000 €
* 2006: 125.000 €
* 2007: 137.000 €
* 2008: 137.000 €
13. SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

, ,
- Créditos:
* 2005: 39.000 €
* 2006: 106.000 €
* 2007: 70.000 €
* 2008: 35.000 €

* 2005: 616.000 €
* 2006: 383.000 €
* 2007: 420.000 €
* 2008: 421.000 €
Porén, todas as cantidades antes citadas poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.
Disposición derradeira
A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2005.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio
ANEXO I
*Recursos agropecuarios (RAG).
Este programa ten como finalidade potenciar as actividades de I+D+I nos sectores agrario e gandeiro. Neste sentido son de interese aqueles proxectos que persigan a diversificación e a mellora da produción nos sectores agrario e gandeiro, mediante a incorporación de novas especies atendendo á demanda de novos produtos, ou mellorando a calidade de especies que xa se producen. Estas melloras poden derivar da utilización de técnicas de produción máis avanzadas, de novos inputs (por exemplo fertilizantes, forraxes), dos avances na xenética das especies e da mellora das condicións sanitarias da produción animal e agraria (por exemplo, novos métodos de diagnóstico e tratamento de patoloxías). Pode tamén orientarse a proxectos de I+D+I relacionados co control do impacto ambiental o coa mellora da organización produtiva, e da comercialización, todo isto sen perder as características do medio rural galego e a seguridade alimentaria en procesos e produtos.
ANEXO II
*Recursos mariños (RMA)
Este programa persegue a utilización óptima dos recursos mariños, o estudo e modelizado dos procesos biolóxicos e medioambientais con repercusión sobre os recursos mariños renovables, incluíndo a determinación das bases técnicas da xestión, actuando sobre dúas áreas fundamentais, a pesca e a acuicultura. En canto á pesca, son de interese aqueles proxectos relacionados coa mellora da productividade pesqueira, sobre todo o coñecemento do medio mariño (por exemplo, estudo de caladoiros ou dos fondos mariños), os procesos de captura (por exemplo tecnoloxías de detección, novos aparellos, sistemas de pesca selectiva, sistemas de seguridade a bordo), así como os procesos de conservación (por exemplo, procesos de elaboración, optimización do despezamento, aumento de valor engadido). En canto á acuicultura son de interese os proxectos relacionados co coñecemento das especies mariñas, (procesos de reprodución, cría e engorde, cultivo de novas especies ou mellora das actuais), coa caracterización do medio e a adaptación de novas especies ao medio galego coa finalidade de diversificar a produción, así como todos aqueles proxectos relacionados coa xenómica e proteómica de especies mariñas.
ANEXO III
* Biodiversidade e recursos forestais (RFO).
A finalidade deste programa é, por un lado, potenciar os aspectos relacionados coa conservación da biodiversidade dun xeito xenérico mediante traballos de restauración, con especial interese sobre as especies raras existentes en Galicia en perigo de extinción, proxectos de investigación relacionados coa análise da riqueza biolóxica dos espazos naturais galegos, en especial os incluídos na Rede Natura 2000 e proxectos de investigación sobre as actividades humanas e invasións na biodiversidade.
Este programa tamén ten como finalidade potenciar os recursos forestais de Galicia e a súa mellor utilización. Son de interese os proxectos de mellora da sanidade forestal (por exemplo, investigación sobre pragas e enfermidades, modelos de loita contra pragas, técnicas preventivas de danos, material vexetal de reprodución resistente a enfermidades e pragas) e de técnicas de xestión forestal (por exemplo, modelos de crecemento e táboas de produción de especies galegas, tratamentos culturais máis axeitados ás especies galegas, rexeneración de bosques autóctonos). Tamén teñen interese os proxectos de investigación orientados á diversificación da produción para evitar a excesiva dependencia de certas especies (por exemplo, mellora xenética de especies autóctonas e de especies autóctonas utilizadas para a repoboación, mellora das técnicas de produción de plantas forestais en viveiro e de repoboación). Ademais son de interese os proxectos relacionados coas producións complementarias do monte (produción micolóxica, froitos de árbores forestais, plantas medicinais e aromáticas, pastos, etc.) e incendios forestais (por exemplo, investigación sobre devasas, especies pirófitas e ignífugas, retardantes da ignición, efectos ecolóxicos dos incendios).
Así mesmo, contemplaranse proxectos relacionados cos efectos e impactos do cambio climático sobre os recursos naturais
ANEXO IV
* Recursos enerxéticos e mineiros (REM).
A finalidade deste programa é potenciar a mellora na utilización dos recursos enerxéticos e mineiros. No tocante aos recursos enerxéticos, son de interese os proxectos relativos á produción de enerxías fósiles mediante sistemas máis limpos e eficientes. Teñen grande importancia os proxectos relacionados coa avaliación de recursos de enerxías renovables, investigación e desenvolvemento de bioenerxías, mellora de compoñentes e sistemas fotovoltaicos, mellora dos sistemas de xeración de enerxía eólica. En relación cos recursos mineiros o interese céntrase en proxectos relacionados coa mellora nos procesos de localización, extracción e elaboración de materias primas, fundamentalmente granito e lousa.
ANEXO V
* Biotecnoloxía e tecnoloxías farmacéutica e de ciencias da saúde (BTF).
Este programa ten por finalidade apoiar actuacións arredor da biotecnoloxía para favorecer a súa aplicación tanto nos sectores primarios (agricultura, gandería, recursos mariños) como en sectores industriais (alimentación, medio natural, farmacia). Son de interese os proxectos de investigación baseados na utilización da xenómica e a proteómica para a resolución de problemas noutros sectores. Como exemplo cabe citar a mellora xenética de especies acuícolas así como o desenvolvemento de técnicas moleculares para diagnóstico de enfermidades e a produción de vacinas útiles para a acuicultura. En relación coa saúde humana e animal son de interese os proxectos de farmacoxenómica e biotecnoloxía da reprodución e diagnóstico xenético. A aplicación a especies vexetais concrétase en proxectos de mellora xenética de plantas de interese agrario ou forestal. En relación coa tecnoloxía dos alimentos e do medio, son interesantes os proxectos de mellora xenética de bacterias ácido-lácticas e de microorganismos para a obtención de ingredientes, aditivos e moléculas bioactivas, novas técnicas de análise de calidade e seguridade alimentaria así como a aplicación da biotecnoloxía a procesos de biodegradación e biorremediación. Este programa apoia tamén actuacións relacionadas coa tecnoloxía farmacéutica, mesmo aquelas que non están directamente ligadas á biotecnoloxía. En relación coas ciencias da saúde, son de interese aqueles proxectos de investigación en tecnoloxías sanitarias, seguridade alimentaria e outros relacionados con problemas asociados á poboación galega tales como envellecemento ou nutrición, así como as investigacións relacionadas coas enfermidades de maior morbimortalidade (cardiovasculares, cancro, enfermidades neurodexenerativas, neuropsiquiátricas, enfermidades crónicas, enfermidades infecciosas, etc.) e outras enfermidades e procesos de interese como as encefalopatías, enfermidades raras, etc. Os proxectos relacionados coa incorporación de novas tecnoloxías á sanidade incluiranse no programa de sociedade da información e os relativos a estudos sociosanitarios terán cabida no programa de ciencias sociais.
ANEXO VI
* Tecnoloxías da alimentación (TAL).
O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento do sector da alimentación en xeral, utilizando a I+D+I como vía para mellorar a calidade e a variedade da súa oferta. Con carácter xeral, son de interese os proxectos que teñan por finalidade a diversificación e diferenciación na oferta, novas formas de presentación así como a mellora da calidade, salubridade e conservación dos alimentos. Merecen especial atención os proxectos relacionados con produtos de especial presenza en Galicia como o leite e os seus derivados, o viño, a carne e as conservas. Para estes subsectores son de especial interese, como exemplo, os proxectos orientados ao desenvolvemento de novos produtos, a caracterización de produtos tradicionais e de materias primas, o aproveitamento de subprodutos, a optimización de procesos de conservación, a avaliación da calidade microbiolóxica do produto final, a automatización e robotización de procesos de produción.
ANEXO VII
*Tecnoloxías ambientais (TAM).
Este programa ten por finalidade favorecer a incorporación a todos os sectores produtivos de procesos máis limpos e respectuosos co medio. Por iso, son de interese proxectos de investigación e desenvolvemento relacionados coa incorporación de tecnoloxías limpas ao proceso produtivo (por exemplo, uso eficiente da enerxía, alternativas ao uso de substancias químicas disolventes, desenvolvemento de plásticos e envoltorios biodegradables, monitorizar o uso de enerxía e a produción de residuos). Tamén son de interese os proxectos relacionados co tratamento de residuos (por exemplo, afondar no coñecemento dos procesos para o tratamento de residuos, eliminación de substancias contaminantes nas augas de uso industrial, tratamento e valorización de residuos orgánicos urbanos e industriais, novos métodos para recuperar augas e solos, uso das TIC para caracterizar residuos) e coa redución de emisións atmosféricas (por exemplo, reducir e eliminar emisións de diversos gases, de partículas e de olores, investigación sobre a contaminación electromagnética, acústica e lumínica).
Este ano serán tamén de interese todos os proxectos que investigación e desenvolvento relacionados co cambio climático, máis en particular aqueles que versen sobre a modelización, escenarios e proxección de clima futuro e os que incidan na minimización dos efectos do cambio climático nos sistemas naturais ou nos sistemas sociais e económicos (forestal, agricultura, gandaría e pesca).
ANEXO VIII
*Tecnoloxías dos materiais (TMT).
A finalidade deste programa é potenciar a investigación en relación cos novos materiais, co obxectivo último de atender as necesidades doutros sectores produtivos nos que estas tecnoloxías teñen gran relevancia. Os proxectos de interese para este programa refírense á mellora e desenvolvemento de materiais cerámicos (por exemplo, desenvolvemento de cerámicas funcionais, recubrimentos cerámicos, novos tipos de tellas e tellados, biomateriais cerámicos e cementos para cirurxía reconstrutiva); proxectos de desenvolvemento e mellora de polímeros e materiais compostos (por exemplo, desenvolvemento de materiais compostos para estruturas reforzadas, novas fibras poliméricas, illantes térmicos, acústicos e ignífugos), proxectos relacionados cos materiais metálicos no tocante á súa resistencia e vida útil e outras propiedades que lle confiren maior valor engadido (por exemplo avances cara á purificación de metais e no desenvolvemento de aliaxes especiais, técnicas contra a corrosión de metais, aliaxes lixeiras, etc.) e proxectos de investigación en nanomateriais.
ANEXO IX
*Tecnoloxías da construción e conservación do patrimonio (CCP).
Este programa ten un dobre obxectivo, por un lado pretende dotar o sector da construción de novas solucións baseadas no uso de tecnoloxías avanzadas. Por outro lado trátase de mellorar a conservación do patrimonio mediante o desenvolvemento de técnicas e ferramentas de traballo que supoñan unha mellora significativa respecto das utilizadas na actualidade.
En canto á construción, considéranse prioritarias as solicitudes enfocadas nas seguintes áreas:
- Proxectos orientados a minimizar o consumo enerxético das construcións, optimizar a calidade da construción e maximizar a súa vida útil.
- Uso de novos materiais e novos tipos de construción, métodos para a avaliación do estado das estruturas e sistemas construtivos que faciliten o mantemento e a substitución.
En canto á conservación, consideraranse prioritarias as solicitudes enfocadas nas seguintes áreas:
- Proxectos que melloren as tecnoloxías de restauración.
- Deseño de metodoloxías que xeren novos produtos ou servizos, relacionados coa conservación do patrimonio cultural.
- Definición e deseño de estándares en materia de conservación e protección do patrimonio cultural.
- Estudos de elementos históricos, artísticos e arqueolóxicos.
- Proxectos de busca de novas formas para rendibilizar de modo sustentable o patrimonio cultural.
ANEXO X
* Tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).
Este programa ten como finalidade potenciar o avance no sector das tecnoloxías da información e as comunicacións, pero tamén favorecer a incorporación de solucións innovadoras xeradas polo devandito sector aos demais sectores da economía galega. Son de interese para este programa os proxectos relacionados co desenvolvemento de novos equipamentos baseados nas tecnoloxías da información e as comunicacións para a súa aplicación nos sectores empresariais, sociais ou para o uso cotián (pesca, transporte, automoción, audiovisual, teleensino, telemedicina, etc), ou ben aqueles proxectos que se orienten a introducir melloras como a automatización na produción e miniaturización de compoñentes, aumento das posibilidades de interconexión entre equipamentos, aumento do tempo de autonomía de aparatos portátiles, novas posibilidades da intelixencia artificial, etc. Acóllense tamén a este programa os proxectos relacionados coa mellora das comunicacións (equipamentos, sinais, transmisións, novos protocolos para redes, etc.).
Daráselles prioridade este ano a todos aqueles proxectos coordinados que pola súa envergadura permitan ás empresas beneficiarias, posicionarse a nivel nacional neste sector.
Non son obxecto deste programa os proxectos que teñan por finalidade desenvolver aplicacións informáticas ou contidos para a internet ou audiovisuais, xa que os devanditos proxectos teñen cabida no programa de sociedade da información.
ANEXO XI
* Tecnoloxías de deseño e produción industrial (DPI).
Este programa está dirixido a un número limitado de sectores de tipo industrial que, pola súa natureza, precisan das tecnoloxías procedentes de moi diversas áreas científicas e tecnolóxicas. Estes sectores son: madeira e moble, téxtil e confección, automoción, construción naval, bens de equipamento e maquinaria (incluíndo a maquinaria para os sectores enerxético e mineiro), artes gráficas e química, e outros sectores asimilables. Os proxectos de interese para este programa son os que teñen por finalidade a mellora dos procesos produtivos ou de deseño, non mediante a adquisición de equipos senón definindo procesos novos ou mellorados, desenvolvendo novos equipos para os incorporar aos devanditos procesos ou adaptando outros xa existentes. Tamén son de interese os proxectos que perseguen a definición de novos compoñentes ou materiais para a incorporación a un proceso produtivo concreto, ou aproveitamento de subprodutos, as melloras significativas do produto ou a definición de novos produtos.
ANEXO XII
*Ciencias sociais (CSO).
Este programa destínase á investigación, ao desenvolvemento e á innovación no ámbito das ciencias sociais e en relación aos temas que, a seguir, se sinalan:
- Educación, é dicir, proxectos relacionados coa innovación e a investigación educativa.
- Saúde pública, é dicir, proxectos relacionados co envellecemento da poboación e co estilo de vida (sedentarismo, nutrición, consumo de tabaco, alcol e outras drogas, accidentes de tráfico, etc), así como estudos relacionados coa promoción da saúde e prevención das enfermidades, servizos de saúde e investigación epidemiolóxica. Tamén terán cabida os proxectos de investigación relativos á seguridade e hixiene no traballo.
- Turismo, ocio e deporte, é dicir, proxectos relacionados co estudo da demanda turística e de motivación do ocio, relación entre o turismo e a conservación da paisaxe e do patrimonio, saturación de centros turísticos, diversificación da oferta turística, etc.
Son de interese os proxectos de I+D no ámbito das ciencias sociais, relacionados coa mellora da calidade dos destinos turísticos en Galicia ou que afecten a algún sector determinado (turismo de saúde, náutico, cultural e ecoturismo), así como os orientados á prospección e análise de necesidades de formación neste sector.
- Dereito, economía e empresa, é dicir, investigación relacionada con materias xurídicas, económicas e de xestión empresarial que afecten a calquera dos sectores económicos e sociais relevantes na Comunidade Autónoma galega.
ANEXO XIII
*Sociedade da información (SIN).
A finalidade deste programa é atender proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica relacionados coa extensión da sociedade da información en Galicia, fundamentalmente en tres áreas:
- Relacións coa Administración, é dicir, proxectos de I+D+I destinados á creación de contidos dixitais ou audiovisuais e aplicacións informáticas relacionados coa Administración pública e en particular ás relacións entre os cidadáns e a Administración.
- Calidade de vida, é dicir, proxectos de I+D+I destinados á creación de contidos dixitais ou audiovisuais e aplicacións informáticas en áreas tales como a sanidade, a educación, o turismo, o lecer ou os deportes, co obxectivo último de mellorar a calidade de vida da comunidade.
Son proxectos de interese os relacionados coa creación de contidos vinculados ao patrimonio cultural ou natural, así como o tratamento e xestión de datos (recursos e servizos turísticos), incluíndo o desenvolvemento de software e comercio electrónico para venda de servizos turísticos.
- Aplicacións a sectores económicos, é dicir, proxectos de I+D+I destinados á creación de contidos dixitais ou audiovisuais e aplicacións informáticas, relacionados con todos os sectores económicos da Comunidade Autónoma e, en particular, con aqueles en que poidan contribuír en maior medida ao seu desenvolvemento, tales como transportes, pesca, comercio, audiovisual, etc.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
INVESTIGACIÓN AMBIENTAL
AXUDAS E SUBVENCIÓNS