Orde conxunta do 8 de xuño de 2007, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, da Consellería de Innovación e Industria, da Consellería de Sanidade e da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se convocan premios á innovación educativa sobre a educación nos valores democráticos 2007.

Diario Oficial de Galicia, 26-06-2007, Núm. 122, Páx. 11048
Orde conxunta do 8 de xuño de 2007, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, da Consellería de Innovación e Industria, da Consellería de Sanidade e da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se convocan premios á innovación educativa sobre a educación nos valores democráticos 2007. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación fai referencia á concepción da educación como instrumento de mellora da condición humana e da vida colectiva é á necesidade de ofertarlle ao alumnado unha formación que permita dar resposta ás cambiantes necesidades e ás demandas que presentan as persoas e os grupos sociais. Unha das novidades desta lei consiste en situar a preocupación pola educación para a cidadanía nun lugar moi destacado do conxunto das actividades educativas, coa finalidade de promover a reflexión, a análise e o estudo das características principais do funcionamento dun réxime democrático, dos principios e dereitos establecidos na Constitución española e nos tratados e declaracións universais dos dereitos humanos, así como dos valores comúns que constitúen o substrato da cidadanía democrática nun contexto global. Na mesma lei establécese que, xunto coas áreas e materias do currículo, o alumnado alcance os obxectivos educativos e que consecuentemente adquira as competencias básicas, entre as que se atopa a competencia social e cidadá, a que fai posible comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural. A adquisición da competencia social e cidadá permitiralle ao alumnado reflexionar criticamente sobre os conceptos de democracia, liberdade, solidariedade, corresponsabilidade, participación e cidadanía con particular atención aos dereitos e deberes recoñecidos nas declaracións internacionais, na Constitución española, na lexislación autonómica e mostrar un comportamento coherente cos valores democráticos. Todo isto será abordado desde unha materia específica, pero tamén terá que desenvolverse como parte da educación en valores con carácter transversal a todas as actividades escolares, que deberán basearse na actividade do alumnado para o que cumprirá crear situacións que permitan que, partindo da experiencia, dos intereses e dos problemas do alumnado, se integre na súa vida cotiá, tanto no plano persoal como no social. En concordancia co exposto, esta convocatoria pretende recoñecer aquelas experiencias educativas innovadoras que propician a adquisición por parte do alumnado de habilidades para vivir en sociedade e para exercer a cidadanía democrática, que contribúan a mellorar as relacións interpersoais, que impulsen a educación afectivo-emocional, a convivencia, a igualdade, a participación, o coñecemento da diversidade e das situacións de discriminación e inxustiza, que axuden a interiorizar os valores de respecto, a cooperación e solidariedade entre os pobos, e que promovan o compromiso e a participación tanto no ámbito persoal como no social, así como a responsabilidade individual e social de protexer a saúde. Por todo isto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a Consellería de Innovación e Industria, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, facendo uso das competencias que teñen atribuídas nesta materia, establecen as bases para a convocatoria e concesión de premios á innovación educativa sobre a educación nos valores democráticos. DISPOÑEMOS: Artigo 1º.-Obxecto da convocatoria. O obxecto desta orde é a convocatoria de 20 premios á innovación educativa, dous por cada un dos seguintes temas, así como a aprobación das súas bases de concesión: -A educación para a cidadanía e os dereitos humanos. -A educación para a convivencia e a cultura de paz. -A educación para a interculturalidade. -A educación para a igualdade. -A educación viaria. -A educación para o consumo responsable. -A educación para a saúde e a calidade de vida. -A educación para a sustentabilidade. -A educación para o lecer. -A educación para a cooperación entre os pobos. Artigo 2º.-Dotación económica. En cada tema adxudícanse dous premios, un primeiro de 2.000 euros e un segundo de 1.500 euros que serán financiados polas consellerías asinantes da orde. Os premios poderán ser declarados desertos. Artigo 3º.-Persoas destinatarias. Poderá participar nesta convocatoria, a título individual ou en grupo, o profesorado que desenvolvese as experiencias que presenta no curso 2006-2007 en centros educativos sostidos con fondos públicos. Artigo 4º.-Prazo de presentación. O prazo de presentación de solicitudes para participar na convocatoria abrangue desde o día seguinte ao da súa publicación ata o día 15 de setembro de 2007. Artigo 5º.-Presentación de solicitudes e documentación. Para a participación nesta convocatoria será necesaria a presentación de: a) Instancia dirixida á directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, asinada polo autor/a ou, se é o caso, pola persoa coordinadora responsable do grupo de traballo (anexo I). b) Certificación do director/a do centro educativo en que estea destinado cada docente, que deberá incluír o DNI, acreditativa de que o/a autor/a, ou cada membro do grupo, presta os seus servizos como persoal docente no devandito centro ou de que estivo destinado neste durante a realización da experiencia (anexo II). c) Declaración xurada ou promesa de estar en posesión dos dereitos de publicación, distribución e uso da totalidade da experiencia, materiais ou produtos presentados, de que son inéditos ou, polo menos, non foron comercializados e de que non foron premiados ou se obtivo bolsa por eles con anterioridade, nin sufragados pola Xunta de Galicia ao abeiro doutros programas (anexo III). d) Cada participante debe achegar unha copia compulsada do seu DNI e unha certificación bancaria de que é titular da conta declarada na solicitude. e) Autorización, se é o caso, para o uso de imaxe de menores (anexo IV). f) No caso de que os/as autores/as non dispoñan da plena titularidade dos dereitos do traballo presentado, terán que achegar un escrito asinado polas persoas posuidoras deses dereitos declarando a aceptación das bases deste concurso. g) Memoria descritiva da experiencia. h) Material que presenta, en soporte óptico. A documentación -anexos-, así como a memoria e material presentaranse en sobre pechado no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se envíe por correo certificado, a documentación que deberá xuntarse ao traballo terá que ser datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada. De conformidade co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando non se achegue a documentación exixida, as persoas interesadas serán requiridas para a súa presentación nun prazo máximo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación efectuada. Artigo 6º.-Características da memoria descritiva. Presentaranse dúas copias: unha en soporte óptico (CD-ROM) e outra en papel, coa memoria descritiva da experiencia educativa, cunha extensión máxima de 33.000 caracteres (espazos incluídos). A súa estrutura axustarase ao seguinte esquema: a) Portada: título, centro, autoría, sinopse do traballo en 4 liñas, delimitación do campo de traballo (ciclo, cursos, áreas ou materias). b) Índice hipervinculado. c) Guía didáctica: xustificación, obxectivos, contidos, metodoloxía, temporización, organización de espazos e de tempos, actividades, plan de avaliación (indicadores e incidencia na práctica educativa). d) Mecanismos establecidos para a coordinación, no caso de participantes de varios centros. Poderanse presentar no soporte que se considere oportuno, preferiblemente en soporte óptico, ou en contorno web, outros materiais complementarios (escritos, gráficos, audiovisuais, etcétera). No caso de se presentaren materiais multimedia interactivos en contorno web que fomenten a educación en valores democráticos, a memoria deberá estar integrada no recurso, axustarase ao esquema anterior e, ademais, deberá recoller as seguintes especificacións: a) Exposición e descrición das características técnicas do software e hardware necesarios para a utilización dos programas. b) Descrición do procedemento de elaboración do recurso e dos medios utilizados. Artigo 7º.-Requisitos xerais das experiencias e dos materiais. 1. As experiencias e materiais que se presenten deberán reunir os seguintes requisitos xerais: a) Os traballos presentados individualmente ou en grupo deberán ser orixinais, non comercializados e non premiados con anterioridade. b) Os traballos deberán ser redactados e presentados en lingua galega, agás as actividades e contidos directamente dirixidos ao alumnado que versen sobre as materias de lingua castelá e literatura, que poderán estar en castelán, e lingua estranxeira, que poderán estar no idioma estranxeiro obxecto do traballo. En todo caso, a memoria descritiva deberá estar obrigatoriamente redactada en galego. c) Deberán ter sido experimentados nas aulas e supoñer innovacións curriculares, metodolóxicas ou organizativas relacionadas coa educación nos valores democráticos, así como ser coherentes coa normativa vixente. d) O material presentado non poderá incluír publicidade de empresas, produtos ou servizos comerciais. e) Os materiais presentados en que aparezan menores deberán acompañarse obrigatoriamente da correspondente autorización (anexo IV) para uso da súa imaxe asinada polos pais, nais, titores/as ou representantes legais das e dos menores. f) En todos os materiais educativos eliminaranse os estereotipos sexistas e/ou discriminatorios e fomentarase o igual valor de homes e mulleres. g) No caso de que os/as autores/as non dispoñan da plena titularidade dos dereitos do traballo presentado, terán que achegar un escrito asinado polas persoas posuidoras destes en que aceptan as bases deste concurso. O feito de que un produto necesite para o seu funcionamento e libre distribución software propietario-comercial e/ou dereitos que non poidan ser cedidos pola persoa concursante será motivo suficiente para a súa exclusión do concurso. Co fin de facilitar a publicación en web, recoméndase consultar a Guía de publicación en web, dispoñible no portal de contidos educativos (http://contidos.edu.xunta.es), en opcións, na sección de obradoiro. Artigo 8º.-Comisión de selección. Os traballos presentados que se axusten a esta convocatoria serán valorados por unha comisión integrada por: -A persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que actuará como presidenta. -A persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación Educativa que actuará como vicepresidenta. -A persoa titular da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior ou persoa en quen delegue. -A persoa titular do Servizo de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Obras Públicas. -O/A xerente do Instituto Galego de Consumo, ou persoa en que delegue. -A persoa titular da Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables ou persoa en quen delegue. -A persoa titular da Subdirección Xeral de Promoción de Igualdade ou persoa en quen delegue. -A persoa titular da Subdirección Xeral de Centros e Servizos á Xuventude, ou persoa en que delegue. -A persoa titular do Servizo de Educación para a Sostibilidade, ou persoa en que delegue. -A persoa titular do Servizo de Ordenación e Innovación Educativa. -A persoa titular do Servizo de Formación do Profesorado. -Un funcionario ou unha funcionaria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa que actuará como secretario con voz pero sen voto. A comisión, se é o caso, poderá contar co asesoramento de especialistas así como con informes da Inspección Educativa e/ou dos centros de Formación e Recursos, solicitados previamente pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Artigo 9º.-Criterios de valoración. A comisión valorará as experiencias presentadas atendendo ao grao de tratamento dos seguintes aspectos co alumnado: 1. Criterios xerais. (50%). a) O carácter innovador ou integrador de prácticas educativas novas, eficaces e sustentables. b) A calidade da investigación ou avaliación previa que dea fundamento ao traballo. c) A incidencia na mellora da práctica docente e na calidade da educación. d) A contribución á consecución por parte do alumnado da competencia social e cidadá. e) A adaptación do traballo ao alumnado, ás súas necesidades e capacidades, tomando en consideración a variedade de situacións educativas persoais e sociais. f) O nivel de accesibilidade da aplicación para as persoas con algunha discapacidade. g) A calidade do deseño didáctico, materiais e presentación gráfica. h) A transferibilidade a outros contextos educativos para a súa utilización por outro profesorado e alumnado do mesmo nivel, etapa ou curso. i) A capacidade para ser difundido. j) A adecuación ás últimas tecnoloxías e a calidade da documentación. 2. Criterios específicos. (50%). a) A elaboración e consenso de normas de convivencia (de centro, de aula, de uso de instalacións e materiais, nos regulamentos de actividades). b) O desenvolvemento de habilidades emocionais, comunicativas e sociais para potenciar a utilización de estratexias de resolución pacífica de conflitos. c) O coñecemento dos mecanismos fundamentais de funcionamento das sociedades democráticas así como o fomento de iniciativas de participación democrática e responsable no propio centro. d) O fomento dunha construción de xénero igualitaria. e) A identificación de situacións de abuso, de inxustiza e/ou de discriminación. f) A participación en iniciativas comprometidas e solidarias. g) O fomento de actitudes contrarias á violencia, aos estereotipos e aos prexuízos. h) O desenvolvemento de actitudes comprometidas coa conservación do contorno i) A asunción de comportamentos que contribúan á sustentabilidade tales como consumo responsable, seguridade viaria, etc. j) O fomento de estilos de vida saudables. Artigo 10º.-Resolución. 1. A proposta de concesión de premios emitida pola comisión elevaráselle á conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, para a súa resolución e publicación no Diario Oficial de Galicia. 2. Contra esa resolución, que lle pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Artigo 11º.-Pagamento dos premios. 1. O pagamento dos premios farase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria 09.02.423 A 640.1. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, 05.20.311A.640.0 e 05.32.313.640.7. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza 04.41.331.A640.0. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes 2007.08.03.512B.640.1. Consellería de Innovación e Industria 10.80.613B.640.0. Consellería de Sanidade 13.02413.640.1. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible 15.04.541.E.640.1 2. O pagamento do importe correspondente aos premios farase por transferencia bancaria a nome do autor ou autora se o traballo é individual. No caso de que sexa colectivo, o pagamento farase a todas as persoas integrantes do grupo segundo as porcentaxes de participación declaradas na solicitude. 3. Os premios estarán suxeitos á retención fiscal correspondente. 4. Os/as destinatarios/as dos premios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. 5. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión dos premios poderá dar lugar a modificacións da resolución das concesións. 6. Así mesmo, en caso de incumprimento de calquera das condicións establecidas para a súa concesión existirá a obriga de reintegro total ou parcial do premio percibido. Artigo 12º.-Difusión e publicación das experiencias e materiais. 1. A presentación a esta convocatoria implicará, no caso dos traballos premiados, a colaboración nas accións de difusión que se organicen, así como a cesión a favor das consellerías e organismos convocantes dos dereitos de edición. 2. Para concorreren, durante un período de dous anos, os traballos premiados a outros concursos convocados por outras administracións ou entes públicos ou privados, deberase contar coa autorización da consellería que efectuou o pagamento do premio, solicitude que se fará a través da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que dará traslado á consellería ou organismo correspondente. Unha vez acabado ese período non haberá incompatibilidade para concorrer a outras convocatorias, excepto as realizadas por esa consellería. 3. No caso de que os/as autores/as decidisen publicar por outras vías os traballos premiados, deberán solicitar o permiso correspondente á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa que, de ser o caso, trasladará á consellería ou organismo correspondente a petición para a súa autorización . De ser a resposta positiva, na publicación deberá constar expresamente o premio de que foi obxecto. 4. Os/as autores/as quedarán comprometidos a realizar as modificacións precisas nos documentos finais e/ou subministrar os arquivos de código fonte necesarios para que poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis adecuado. Artigo 13º.-Certificación. A Administración educativa recoñeceralle ao profesorado autor dos traballos premiados, mediante expedición de certificado persoal, as actividades de innovación realizadas no marco desta convocatoria. Así, aplicarase para cada premio a equivalencia de 20 horas e nas autorías colectivas (catro persoas como máximo) distribuiranse, segundo as porcentaxes declaradas na solicitude, entre o profesorado para o que se declare unha participación igual ou superior ao 25%, cunha certificación individual non inferior a 10 horas. Artigo 14º.-Retirada da documentación. As persoas interesadas ou quen as representan poderán retirar a documentación das experiencias e materiais non premiados, agás a requirida, na Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no prazo de catro meses a partir da publicación da resolución de concesión desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o citado prazo, procederase á súa destrución. Artigo 15º.-Réxime de recursos. Esta orde poderá ser recorrida potestativamente, mediante recurso de reposición perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Disposición adicional En aplicación do estipulado no artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas premiadas e os importes concedidos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web. Disposicións derradeiras Primeira.-Delegación de competencias. Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa a adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde. Segunda.-Entrada en vigor. Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2007. Laura Sánchez Piñón Anxo Quintana González Conselleira de Educación Vicepresidente da e Ordenación Universitaria Igualdade e do Benestar José Luis Méndez Romeu Mª José Caride Estévez Conselleiro de Presidencia, Conselleira de Política Administracións Públicas e Territorial, Obras Públicas Xustiza e Transportes Fernando Xavier Blanco Álvarez María José Rubio Vidal Conselleiro de Innovación Conselleira de Sanidade e Industria Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
EDUCACIÓN E FORMACIÓN AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O08062007.pdf Galego
O08062007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles