Diario Oficial de Galicia, 30-12-2011, Núm. 249, Páx. 40692
CAPÍTULO IV
Medio ambiente
Modifícase a letra a) do artigo 5 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, que queda redactada como segue:
«a) Os instrumentos de ordenación do territorio regulados na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, agás os proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, que serán obxecto de avaliación ambiental cando así o decida o órgano ambiental mediante decisión motivada, pública e axustada aos criterios establecidos polo anexo II da Lei 9/2006, do 28 de abril».
Artigo 27. Clasificación do grao de protección dos proxectos, das obras e das actividadessuxeitas a trámite de avaliación da incidencia ambiental.
Modifícase a alínea 2 do artigo 5 da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambientalde Galicia, que queda redactada como segue:
«2. A clasificación do grao de protección para determinar o procedemento poderá ser:
a) De avaliación do impacto ambiental.
b) De avaliación da incidencia ambiental».
Disposición transitoria primeira. Procedementos de avaliación de efectos ambientais en curso.
Os procedementos de avaliación de efectos ambientais que se atopasen en curso á entrada en vigor desta lei continuarán a súa tramitación ata a formulación da declaración de efectos ambientais.
Disposición derrogatoria única.
Un. Queda derrogado o artigo 13 da Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo.
Dous. Queda derrogada a Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como a súa normativa de desenvolvemento.
No prazo dun ano, a Xunta de Galicia deberá aprobar un decreto no que se incorpore ao dereito autonómico a normativa europea e estatal básica en materia de contaminación acústica e se establezan as normas adicionais de protección que sexan oportunas.
Tres. Queda derrogado o capítulo III do título II «Da avaliación de efectos ambientais», artigos 10 a 12, ambos incluídos, da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.
Catro. Quedan derrogadas a alínea 1 da disposición adicional primeira e as disposicións adicionais cuarta, quinta e sétima da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.
Cinco. Queda derrogado o artigo 23 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras.
Disposición derradeira segunda. Modificación da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Un. Modifícanse as alíneas 2, 3 e 4 do artigo 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, que quedan redactadas como segue:
«2. Unha vez aplicado o disposto na alínea anterior, a maior parte da contía dispoñible do fondo para cada exercicio, no importe que se fixe a través da orde reguladora, destinaráselles ás entidades cuxo termo municipal se atope dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico ou resulten afectadas polas correspondentes instalacións de conexión para a realización de:
a) Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.
b) Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.
c) Outras actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural.
3. Os custos elixibles, para efectos de distribución do fondo, son os seguintes:
a) Investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipos e instalacións.
b) Custos de proxecto e dirección de obra, se se trata de contratacións externas.
c) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do medio ambiente e do espazo natural.
4. A cantidade asignada a cada proxecto destinarase en función do orzamento presentado pola entidade local solicitante e non poderá superar o 100% do devandito orzamento».
Dous. Modifícase a disposición adicional segunda da Lei 8/2009, do 22 de decembro,pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, que queda redactada como segue:
«Disposición adicional segunda. Creación da comisión de seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial e do resto de criterios de selección vinculados aos parques eólicos adxudicados dentro das ordes de convocatoria que regula esta lei.
Co fin de levar a cabo o seguimento da execución dos proxectos de natureza industrial e do resto de criterios de selección vinculados aos parques eólicos adxudicados dentro das ordes de convocatoria que regula esta lei créase unha comisión de seguimento e control que garantirá a execución das actuacións polas que os proxectos eólicos foron seleccionados.
A comisión de seguimento e control estará integrada por seis membros, e funcionará en pleno e por seccións. Exercerá a súa presidencia a persoa titular da dirección do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), que nomeará os cinco membros restantes. Será designada como persoa titular da secretaría da comisión un dos seus membros, distinto do que exerza
a presidencia.
A concreción dos fins da comisión, a súa organización e o seu funcionamento desenvolveranse regulamentariamente mediante orde da consellaría con competencias en materia de enerxía.
A constitución e posta en funcionamento desta comisión non supoñerán incremento do gasto público».
Tres. Engádese unha nova disposición transitoria quinta á Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, co seguinte contido:
«Disposición transitoria quinta. Suspensión da tramitación de parques eólicos na ampliación da Rede Natura.
1. O anuncio de exposición pública da proposta de ampliación do ámbito da Rede Natura 2000 determinará por si mesmo a suspensión do procedemento de autorización dos parques eólicos que se sitúen, en todo ou en parte, no ámbito territorial obxecto de ampliación, ata a aprobación da proposta de ampliación polo Consello da Xunta de Galicia.
2. Aprobada, se é o caso, a proposta de ampliación da Rede Natura 2000, estarase ao disposto no artigo 31 desta lei.
3. Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas para ditar cantas disposicións sexan precisas co fin de garantir a finalidade desta disposición».
Data norma
Organismo
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Lei
Clasificación
MEDIO AMBIENTE XERAL
NORMATIVA XERAL

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN |
|---|---|
| Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. | 29/12/2009 |