Boletín Oficial del Estado, 29-05-2020, Núm. 152, Páx. 19700
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Rango legal
Resolución
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas obxecto desta convocatoria, de acordo co establecido no artigo 5 da resolución de convocatoria, os organismos públicos de investigación, as universidades públicas e privadas, as entidades e institucións sanitarias públicas e privadas sen ánimo de lucro, os Institutos de investigación sanitaria acreditados, os Centros Tecnolóxicos e Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica de ámbito estatal, e outros centros de I+D+i, públicos e privados sen ánimo de lucro.
Obxecto
O obxecto das axudas é promover e mellorar a participación española en iniciativas europeas en ciencia e tecnoloxía, incrementando o número de coordinadores españois participantes en proxectos das convocatorias do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea para o período 2021-2027 (Horizonte Europa), recollidas no anexo IV da resolución de convocatoria.
Prazo
Desde o 3 de xuño ata o día 17 de xuño de 2020 ás 14:00 horas (hora peninsular española).
