Boletín Oficial del Estado, 17-11-2020, Núm. 302, Páx. 55804
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Rango legal
Resolución
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas obxecto desta convocatoria, de conformidade co artigo 3 da orde de bases reguladoras, as universidades, os centros públicos de I+D+i, os centros tecnolóxicos e as entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro vinculadas á ciencia, a tecnoloxía, a investigación e a innovación, que teñan personalidade xurídica propia, estean validamente constituídas e teñan residencia fiscal ou un establecemento permanente en España. Tamén poderán ser entidades beneficiarias os centros de I+D a que se refire a disposición adicional décimo cuarta da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, e os centros públicos de I+D+i de investigación agraria ou alimentaria dependentes das Comunidades Autónomas, integrados no sistema INIA-CCAA.
Obxecto
Orde CNU/320/2019, do 13 de marzo, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas no marco do Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i e no marco do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade, do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020, destinadas a organismos de investigación e de difusión de coñecementos.
Prazo
Dende o 26 de novembro de 2020 ata o 17 de decembro de 2020
