Extracto da Resolución 28 de setembro de 2021 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F.S.P., pola que se aproba a publicación da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o reforzo de redes de varados e rescate de especies mariñas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia correspondente ao ano 2021.

Boletín Oficial del Estado, 02-10-2021, Núm. 236
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) Entidades e organizacións sen ánimo de lucro debidamente autorizadas por parte da Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ou pola Comunidade Autónoma onde se vaia a xerar a rede.
b) As administracións das Comunidades Autónomas.
c) As universidades públicas e os seus institutos universitarios, que estean rexistradas no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
Obxecto
Axudas para o cofinanciamento de proxectos vinculados coa xeración e reforzo de redes de varados e rescate de especies mariñas, que permitan unha atención adecuada aos animais varados vivos para a súa recuperación e/ou posterior liberación, ou mantemento en caso de non poder ser liberados en centros adecuados que aseguren a súa supervivencia e benestar, e realizar a toma de datos necesarios co obxecto de ampliar o coñecemento científico-técnico sobre o estado no que se atopan as poboacións das distintas especies co fin de implementar unha correcta e fundamentada xestión e protección das mesmas.
Orde TED/1017/2021, do 20 de setembro, pola que se aproban as bases reguladoras.
Prazo
Trinta e cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Res 28-09-2021 especies marinas.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles