Extracto da Orde do 12 de maio de 2022 pola que se convocan as subvencións establecidas no artigo 6 da Real Decreto-lei 4/2022, do 15 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes de apoio ao sector agrario ante a perda de rendibilidade e por causa da seca.

Boletín Oficial del Estado, 19-05-2022, Núm. 119, Páx. 23978
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) Quen sexa titular de explotacións agrarias, que poderán ser persoas físicas ou xurídicas ou entes sen personalidade xurídica, inscritos no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras regulado por Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo, ou no Rexistro Xeral da Produción Agrícola regulado por Real Decreto 9/2015, do 16 de xaneiro, con domicilio social e fiscal en España, que teñan unha data de constitución anterior ao 1 de marzo de 2022 e cuxos ingresos proveñan polo menos nun 50 por cento da actividade agraria no ano anterior ao da presentación da solicitude, ou nos tres anos anteriores ao da solicitude tendo en conta o dato medio, salvo que iniciasen a actividade agraria dentro dos tres anos anteriores á convocatoria.
b) Quen sexa operadores económicos encadrados nas divisións A311 e A32 da Clasificación Económica de Actividades Económicas (CNAE 2009).
Obxecto
A axuda consistirá na bonificación do 7% do principal de operacións de financiamento formalizadas na "LINEA ICO-GARTANTIA SGR/SAECA 2022, cunha contía máxima de 10.000 € de axudas acumuladas para as operacións dun mesmo beneficiario.
Prazo
Finalizará o 1 de dicembro de 2022