Decreto 540/2005, do 13 de outubro, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Invernadoiro.

Diario Oficial de Galicia, 28-10-2005, Núm. 208, Páx. 17425
Decreto 540/2005, do 13 de outubro, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Invernadoiro. A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, crea a figura da Xunta Consultiva, un órgano colexiado de carácter asesor, para colaborar na xestión dos espazos naturais da Comunidade Autónoma de Galicia e canalizar a participación dos propietarios e os intereses sociais e económicos afectados. Esta figura vén substituír as antigas xuntas rectoras que, con carácter potestativo, existían na maior parte dos parques naturais galegos. A Xunta Consultiva estará composta, cando menos, polo presidente desta e o director do espazo natural protexido, e nela haberán de estar representados os concellos onde se sitúa o espazo natural protexido, os propietarios de terreos incluídos neste, as persoas ou entidades que representen intereses sociais, institucionais ou económicos relevantes implicados e as entidades que teñan obxectivos fundamentais coincidentes coa finalidade do espazo natural protexido. Por este motivo, créase esta Xunta Consultiva para colaborar coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na xestión e administración do dito espazo protexido, prestándolle a asistencia necesaria para o mellor cumprimento das súas funcións. En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de outubro de dous mil cinco, DISPOÑO: Artigo único. 1. Créase a Xunta Consultiva do Parque Natural do Invernadoiro, que colaborará coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na xestión e administración do citado espazo natural, prestándolle a asistencia necesaria para o mellor cumprimento das súas funcións. 2. Esta xunta estará integrada polos seguintes membros: Presidente: unha persoa de recoñecido prestixio social no ámbito provincial do parque. Será nomeado polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, por proposta do director xeral de Conservación da Natureza. Vicepresidente: o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Ourense. Vogais: - Un representante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. - O xefe do Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Ourense. - Un representante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. - Un representante da Consellería do Medio Rural. - O alcalde do Concello de Vilariño de Conso ou concelleiro en quen delegue. - O alcalde do Concello de Castrelo do Val ou concelleiro en quen delegue. - Un representante da Universidade de Vigo. - Un representante das asociacións, elixido por elas mesmas de entre as que figuren inscritas no Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente da Xunta de Galicia, por un período de catro anos. - Unha persoa de recoñecida competencia no eido da conservación da natureza ou de relevancia social, económica e institucional, designada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza por un período de catro anos. Secretario: actuará como secretario, con voz e sen voto, o director do Parque Natural. Disposición derradeira Única.- Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil cinco. Emilio Pérez Touriño Presidente Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
d540-2005.pdf Galego
d540-2005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles