Diario Oficial de Galicia, 25-02-2005, Núm. 39, Páx. 3210
Decreto 31/2005, do 10 de febreiro, polo que se regula o premio Galicia-Medio Ambiente e se establecen as súas categorías.
O premio Galicia-Medio Ambiente, creado mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de xuño de 2003, a través do Decreto 293/2003, ten como finalidade potenciar unha cultura ambiental na comunidade autónoma, mediante o recoñecemento de empresas, concellos, universidades e centros de investigación e centros educativos non universitarios que traballen e destaquen na defensa dos valores ambientais en diferentes ámbitos da Comunidade Autónoma galega, así como promover a difusión de tales valores pola repercusión que estes premios teñen nos medios de comunicación e sobre a opinión pública.
Non obstante o anterior, a importancia que no eido ambiental veñen a ter as asociacións ecoloxistas e naturalistas no seu importante labor de colaboración na protección do medio e a necesidade de introduciren unha nova clasificación das categorías do premio, fan necesario un axuste desta norma, tanto no relativo aos destinatarios, procédese a incluiren ás asociacións ecoloxistas e naturalistas, como ás categorías do premio, que se diversifica nas diferentes parcelas ambientais. En virtude do exposto e para evitaren a existencia dunha pluralidade de normas con respecto a un tema específico ou concreto, resulta oportuno elaborar unha disposición que recolla nun só texto todas as previsións normativas do premio Galicia-Medio Ambiente.
En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de febreiro de dous mil cinco,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Obxecto.
Este decreto ten por obxecto regular o premio Galicia-Medio Ambiente en recoñecemento ao traballo das empresas, concellos, universidades, centros de investigación e centros de educación non universitaria e asociacións ecoloxistas e naturalistas, que desenvolvan un labor significativo no estudo, coidado e promoción do medio natural.
Artigo 2º.- Categorías e destinatarios.
1. O premio Galicia-Medio Ambiente outorgarase nas seguintes categorías:
a) Forestal e montes.
b) Sostibilidade e educación ambiental.
c) Calidade ambiental.
d) Conservación da natureza.
e) Augas.
2. Os destinatarios do premio serán as empresas, concellos, universidades, centros de investigación e centros de educación non universitaria e asociacións ecoloxistas e naturalistas, que poderán presentarse simultaneamente ás diversas categorías do premio.
Artigo 3º.- O premio.
O premio, en todas as súas convocatorias, dará dereito a unha placa acreditativa e levará consigo unha dotación económica que se fixará na orde de convocatoria. O importe mínimo deste premio nas súas distintas modalidades será de 6.000 euros.
Artigo 4º.- Convocatoria.
Os premios serán convocados por orde da Consellería de Medio Ambiente e terán unha periodicidade anual.
Estas ordes establecerán, dentro das categorías que se van premiar, as materias específicas sobre as que versará a materia que se vai valorar e os demais aspectos procedementais para a súa adxudicación.
Artigo 5º.- Candidaturas.
As candidaturas serán libres, sempre que cumpran os requisitos establecidos neste decreto e na orde de convocatoria.
As candidaturas irán acompañadas dunha memoria explicativa sobre os méritos dos candidatos, que lles permita aos membros do xurado avaliar cada proposta.
Artigo 6º.- Xurado e concesión dos premios.
1. O exame das memorias e a proposta do premio corresponderán a un xurado que estará presidido polo conselleiro competente en materia de ambiente ou persoa en que delegue e no que figurarán como vogais os directores xerais da Consellería de Medio Ambiente e representantes das consellerías sectoriais con competencia na materia, con rango de director xeral, segundo as categorías e destinatarios do Premio Galicia-Medio Ambiente. A concreción e designación dos vogais e do secretario realizarase a través da orde anual de convocatoria.
2. O xurado tomará o acordo de concesión dos premios, que porá fin á vía administrativa, ademais poderá deixar deserta total ou parcialmente a convocatoria, e outorgar os accesits que considere oportunos.
Artigo 7º.- Concesión e entrega do premio.
1. O conselleiro de Medio Ambiente outorgará o premio ás candidaturas seleccionadas polo xurado. O acordo de concesión do premio publicarase no Diario Oficial de Galicia.
2. Os premios, unha vez resoltos, serán entregados en acto público que se anunciará oportunamente.
O nome dos gañadores será publicado e difundido nos medios de comunicación social que se determinen.
Disposición derrogatoria
Única.- Derrógase o Decreto 293/2003, do 4 de xuño, polo que se crea o premio Galicia-Medio Ambiente e se establecen as súas modalidades.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Facúltase o conselleiro de Medio Ambiente para convocar anualmente mediante orde o premio Galicia-Medio Ambiente e ditar as disposicións necesarias para o seu desenvolvemento e aplicación.
Segunda.- Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, dez de febreiro de dous mil cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Decreto
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
EDUCACIÓN E FORMACIÓN AMBIENTAL