Decreto 216/2006, do 9 de novembro, polo que se declara a utilidade pública e o interese social da Illa de Cortegada e dos bens e dereitos integrados nela.

Diario Oficial de Galicia, 28-11-2006, Núm. 229, Páx. 17491
Decreto 216/2006, do 9 de novembro, polo que se declara a utilidade pública e o interese social da Illa de Cortegada e dos bens e dereitos integrados nela. A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre, dispón no seu artigo 21 que: «A declaración e xestión dos parques, reservas naturais, monumentos naturais, paisaxes protexidas e zonas da Rede Ecolóxica Europea Natura 2000, corresponderá ás comunidades autónomas en cuxo ámbito territorial se atopen situados, sen prexuízo...», redacción dada pola disposición derradeira primeira da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes. A sentenza do Tribunal Constitucional 194/2004, do 4 de novembro (BOE do 2 de decembro) confirma as facultades de xestión das comunidades autónomas dos parques nacionais da súa competencia e neste sentido, procédese á declaración de inconstitucionalidade de parte do articulado da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre, en concreto, dos artigos 22.3º, 23, 23bis.3º referidos a un sistema de organización e xestión conxunta dos parques nacionais intrautonómicos e isto desde a perspectiva, como se apuntan nos seus fundamentos xurídicos, de que estes exceden da competencia básica do Estado e das súas facultades de coordinación ou de cooperación, invadindo con iso as competencias propias das comunidades recorrentes en relación con estes preceptos de espazos naturais. A Lei 15/2002, do 1 de xullo, declara o parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (BOE nº 157, do 2 de xullo). Esta lei considera a conservación do parque de interese xeral da nación e intégrao na rede de parques nacionais. Neste sentido, sinala no seu artigo 1.2º que esta declaración ten por obxecto, entre outros, o de protexer a integridade de ecosistemas ligados a zonas costeiras, asegurar a conservación e recuperación dos hábitats e as especies e asegurar a protección, recuperación, fomento e difusión dos seus valores ambientais e do seu patrimonio natural. Os límites do parque nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia descríbense no anexo á dita Lei 15/2002, do 1 de xullo, atopándose dentro destes a Illa de Cortegada. Así no anexo. «Límites do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia», sinálase expresamente: «1. Arquipélago das Illas Cíes. 2. Arquipélago das Illas Ons e Onza. 3. Arquipélago das Illas de Sálvora e illotes da súa contorna. 4. Illa de Cortegada, Malveires e outras illas próximas». A Illa de Cortegada pode considerarse coma o xardín botánico da Comunidade Autónoma galega; a súa riqueza botánica é, sen dúbida, o seu maior atractivo e sobre todo o bosque de loureiro (Laurus nobilis) que ocupa gran parte de todo o territorio da illa e que está considerado como o maior de Europa. É un dos lugares de Galicia máis interesantes que se conservan nun estado salvaxe e natural e onde apenas se nota a presenza do home. A Xunta de Galicia aprobou mediante o Decreto 88/2002, do 7 de marzo, o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Espazo Natural da Illa de Cortegada e o seu contorno (Diario Oficial de Galicia nº 62, do 1 de abril). A finalidade deste Decreto 88/2002, do 7 de marzo, residía na necesidade de adecuar a xestión dos recursos naturais deste espazo natural e das especies que se deben protexer, aos principios inspiradores da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, principios previstos no seu artigo 2 e referentes á conservación da biodiversidade, á subsidariedade e ao fomento da participación pública, á prevención e á planificación para impedir a deteriorización ambiental e ao desenvolvemento sustentable. A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, establece as categorías de espazos naturais protexidos no seu artigo 9, incluíndo entre estas, na letra a), a de parque nacional. Así mesmo, no artigo 10, número 1º desta lei créase a Rede Galega de Parques Nacionais, dispoñendo o parágrafo 2º deste artigo 10: «A Rede galega de espazos protexidos estará constituída por aqueles espazos protexidos que se declaren nalgunha das categorías do artigo 9.1º, excepto as das letras h) e i)». Na data do 5 de xullo de 2005 o director xeral de Conservación da Natureza resolve aprobar o informe proposta da dirección xeral relativo á necesidade de expropiar esta illa como o medio axeitado de conseguir os obxectivos motivadores da declaración do parque nacional e da aprobación do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais de Cortegada e acordar a súa incorporación ao patrimonio común de todos os galegos, solicitando deste xeito a expropiación desta illa. Así mesmo, por resolución do director xeral de Conservación da Natureza do 6 de xullo de 2006, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 137, do 17 de xullo, no BOP de Pontevedra nº 137, do 18 de xullo e nos diarios La Voz de Galicia e Faro de Vigo do 17 de xullo, procedeuse á apertura do trámite de información pública, recibíndose tan só alegacións da empresa Cortegada, S.A. As razóns da expropiación ou causa expropiandi da Illa de Cortegada atópanse na necesidade non só de acadar os obxectivos pretendidos coa declaración do parque nacional, en concreto, protexer a integridade dos ecosistemas ligados a zonas costeiras, asegurar a conservación e recuperación dos hábitats e as especies, dos valores ambientais e do seu patrimonio natural, compatibilizando coa súa conservación tanto a actividade investigadora e educativa como o acceso dos visitantes senón tamén dos propios obxectivos da aprobación do Plan de Ordenación dos Recurso Naturais, que se reflicten nos artigos 4.3º e 4º das leis 4/1989, do 27 de marzo e 9/2001, do 21 de agosto, respectivamente. É evidente que a consecución destes obxectivos se atopa limitada ao carácter privado da Illa de Cortegada, coas conseguintes limitacións de acceso á illa e dos actos de disposición sobre esta derivados da súa natureza de propiedade privada. Neste sentido, tanto a realización de actividades específicas (estudos de evolución e tratamentos conservadores silvícolas, roza, podas, axudas a rexeneración...) como o establecemento de equipamentos ou servizos (centro de interpretación,...), necesarios para acadar os obxectivos da Lei 15/2002, do 1 de xullo, resultan de imposible execución en tanto esta illa non está incorporada ao patrimonio da Comunidade Autónoma galega. Consecuentemente, cómpre a súa incorporación ao patrimonio común de todos os galegos, feito que non só posibilitará a consecución dos obxectivos fixados na Lei 15/2002, do 1 de xullo, senón tamén materializar a finalidade de aprobación do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da Illa de Cortegada, sinalada na parte expositiva do Decreto 88/2002, do 7 de marzo, «...para o que resulta necesaria a posta en vigor dun instrumento de planificación dos recursos naturais que permita acadar os obxectivos de conservación do ecosistema e harmonizar os distintos intereses implicados no uso e goce público destes espazos». O beneficiario da expropiación será a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Así mesmo e respecto á previa declaración de utilidade pública e interese social, cómpre sinalar o disposto no artigo 9 da Lei de expropiación forzosa de 1957, que dispón: «Para proceder á expropiación forzosa será preciso a previa declaración de utilidade pública e interese social do fin que ten que afectarse o obxecto expropiado». Neste mesmo sentido o artigo 5 da Lei 15/2002, do 1 de xullo, dispón: «Declárase a todos os efectos a utilidade pública e o interese social dos bens e dereitos afectados ao logro dos obxectivos pretendidos coa declaración do parque nacional»; pola súa parte, o artigo 26 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, dispón: «A declaración de espazo natural protexido incluído na Rede galega de espazos naturais protexidos comportará os efectos que se mencionan a continuación: 1) Declaración de utilidade pública e interese social para efectos expropiatorios de todos os bens e dereitos incluídos dentro do seu ámbito». Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de novembro de dous mil seis, DISPOÑO: Artigo único.-Declaración de utilidade pública e interese social. Declárase a utilidade pública e o interese social da Illa de Cortergada e dos bens e dereitos integrados nela que se relacionan no anexo a efectos da súa expropiación forzosa, actuando como beneficiario da expropiación a Xunta de Galicia. Disposición derradeira Entrada en vigor. A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, nove de novembro de dous mil seis. Emilio Pérez Touriño Presidente Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ANEXO Relación de bens e dereitos afectados: Titular catastral: Cortegada, S.A Predio: 36060A048000010000GB. Superficie: 50,5634 ha. Domicilio fiscal: Vilagarcía de Arousa.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
D216-2006.pdf Galego
D216-2006.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles