Diario Oficial de Galicia, 19-07-2007, Núm. 140, Páx. 12474
Decreto 139/2007, do 28 de xuño, de aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello do Porriño (Pontevedra) no ámbito do polígono das Gándaras para a súa adecuación ao Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais.
O Concello do Porriño remite á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes o proxecto de modificación puntual referido, para a súa aprobación definitiva, conforme o artigo 85.5º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
I. Antecedentes.
I.1. O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Porriño foi aprobado definitivamente polo concello o 23-6-2003, ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 9/2002.
I.2. O Plan parcial do polígono industrial das Gándaras foi aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra no ano 1966 (BOE do 3 de xuño).
I.3. O PXOM do Porriño recolleu o ámbito do espazo natural das Gándaras de Budiño (incluído por Orde de 13-6-2002 da Consellería de Medio Ambiente entre os espazos da Rede europea Natura 2000), clasificando os terreos como solo rústico de especial protección de espazos naturais, en cumprimento da obriga imposta polo artigo 32.2º f) da Lei 9/2002. Unha parte destes terreos afectan o ámbito do Plan parcial do polígono industrial das Gándaras.
I.4. O Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais inclúe entre os espazos declarados a zona das Gándaras de Budiño, cunha delimitación que difire da que recollía a Orde do 13-6-2002 da Consellería de Medio Ambiente, deixando fóra do citado espazo diversas zonas, entre as que se atopan os terreos pertencentes ao ámbito do Plan parcial do polígono das Gándaras.
I.5. A modificación está formulada polo concello e con carácter previo á aprobación inicial a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes emitiu informe o 30-6-2005.
I.6. O concello a aprobou inicialmente o 12-9-2005 e a someteu a información pública mediante anuncios publicados nos diarios Atlántico Diario e Faro de Vigo do 30-9-2005 e no DOG do 6-10-2005, dándoselles audiencia aos concellos limítrofes. O concello aprobou provisionalmente o expediente o 21-11-2005.
I.7. Remitido para a súa aprobación definitiva en datas 19-12-2005 e 12-1-2006 á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes esta requiriu o concello que completase o expediente administrativo.
I.8. Pola súa incidencia no contido do expediente, solicitáronse informes ás consellerías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Cultura e Deporte.
-A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, por medio da súa delegación provincial, emitiu un informe o 16-1-2007, no que se expresan unha serie de cautelas para a utilización das parcelas lindeiras co espazo natural.
-A Consellería de Cultura e Deporte, por medio da súa delegación provincial, emitiu o 9-3-2007 un informe de carácter favorable, no que se sinala non obstante que a futura ordenación do Camiño Portugués poderá impoñer, nas zonas laterais do camiño, as limitacións ou restricións de usos e actividades que resulten necesarias.
I.9. O expediente foi sometido en consulta á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, que na súa sesión do 27-4-2007 emitiu un informe en sentido favorable.
II. Consideracións e fundamentación.
II.1. Con data do 4-6-2007 a Dirección Xeral de Urbanismo eleva un informe-proposta de resolución no que se fan as seguintes consideracións:
1. A modificación puntual formulada polo Concello do Porriño ten por finalidade axustar a clasificación do solo á realidade legal e fáctica dos terreos:
-Coa execución das obras de urbanización do Plan parcial do polígono industrial das Gándaras aprobado en 1966, ao seu ámbito aplícaselle o réxime legal de solo urbano.
-Non obstante, o PXOM aprobado o 23-6-2003 clasificou unha parte do citado polígono como solo rústico de especial protección de espazos naturais, como consecuencia da obriga imposta polo artigo 32.2º f) da Lei 9/2002, estendida á totalidade do ámbito do espazo natural das Gándaras de Budiño incluída na Rede Natura 2000 por orde da Consellería de Medio Ambiente do 13-6-2002.
-Coa entrada en vigor do Decreto 72/2004 supérase a situación de provisionalidade derivada das ordes da Consellería de Medio Ambiente do 7-6-2001, 13-6-2002 e 9-6-2003, que quedan derrogadas, e polo que se refire ao presente caso, os terreos afectados pola modificación puntual quedan excluídos do perímetro do espazo As Gándaras de Budiño, de maneira que sobre eles non recae xa a circunstancia que, conforme o artigo 32.2º f) da Lei 9/2002, exixe a súa clasificación como solo rústico de especial protección de espazos naturais.
2. No momento de aprobarse o plan xeral vixente, concorrían nos terreos dúas circunstancias que conducían, dun xeito regrado, a dúas clasificacións diferentes de conformidade coa lexislación aplicable:
-Por unha banda tratábase dun ámbito urbanizado segundo as previsións dun Plan parcial (artigo 64.1º b) da Lei 1/1997, e artigo 11 da Lei 9/2002).
-Por outra, os terreos respondían á situación que expresan os artigos 15 a) e 32.2º f) da Lei 9/2002 (á que debía axustarse o PXOM no solo rústico en virtude da súa disposición transitoria terceira, ao abeiro da cal o PXOM se aprobou definitivamente).
De entre estas dúas posibles clasificacións (ambas as dúas regradas), e como consecuencia do informe preceptivo e vinculante emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes con carácter previo á aprobación definitiva do PXOM, optouse pola máis congruente cos principios de protección do medio e preservación dos espazos sometidos a especial protección.
Unha vez que a delimitación do espazo natural foi alterada polo organismo competente e xa non afecta os terreos en cuestión, decae unha das dúas razóns anteriormente analizadas, e polo tanto só cabe aplicar a outra, é dicir, recoñecer que os terreos reúnen os requisitos para a súa clasificación como solo urbano.
O expediente, xa que logo, non é o resultado dun acto de vontade municipal de establecer unha nova ordenación ou determinación urbanística, e por tal motivo non pode entenderse suxeito á prohibición que impón o punto 1 do artigo 95 da Lei 9/2002.
3. Non obstante, atendendo ao contido do informe que emitiu a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o 16-1-2007 cómpre establecer unha serie de cautelas ou limitacións, orientadas a minimizar os posibles impactos do uso das parcelas que se recoñecen como solo urbano, e así garantir que a transición entre a zona industrial e o espazo natural se faga de xeito gradual:
-Para a implantación de usos industriais nestas parcelas deberá presentarse un estudo do impacto sobre o espazo natural, de acordo co establecido na lexislación sobre impacto ambiental.
-Deberán estabilizarse e revexetarse as superficies susceptibles de erosión.
-Deberán establecerse zonas verdes e pantallas vexetais no límite co espazo natural, prohibíndose a utilización de especies exóticas que se comportan como invasoras nestas zonas.
-Construír un sistema de gabias de garda e balsas de decantación. As gabias de garda conducirán as augas de escorrega ás balsas de decantación antes da súa evacuación ao espazo protexido.
-Utilizar camións tipo bañeira estanca para o transporte de materiais e establecer lugares adecuados para o lavado da maquinaria, lonxe das correntes de auga.
-Respectar ao máximo posible as drenaxes e liñas de evacuación natural das augas de escorrega, alterando o mínimo posible a rede de drenaxe natural, non concentrando pequenas correntes que antes non provocaban erosión en puntos que poden non ser resistentes a esta.
II.2. Visto canto antecede, de acordo co disposto no artigo 95.4º da vixente Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no artigo 37 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, e co informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo do 27 de abril deste ano, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de xuño de dous mil sete,
DISPOÑO:
Artigo único.-Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello do Porriño (Pontevedra) no ámbito do polígono das Gándaras para a súa adecuación ao Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais, coas condicións expresadas no punto II.1.3 do preámbulo.
Disposición derradeira
Recursos.-Segundo o disposto no artigo 85.9º da citada Lei 9/2002, contra este decreto non cabe recurso en vía administrativa; non obstante, contra el poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, vinte e oito de xuño de dous mil sete.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
María José Caride Estévez
Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas
e Transportes
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango legal
Decreto
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL
ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO