Corrección de erros.- Orde do 22 de febreiro de 2006 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2006.

Diario Oficial de Galicia, 17-03-2006, Núm. 54, Páx. 3953
Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 41, do 28 de febreiro de 2006, cómpre publicar as correccións seguintes: Na páxina 3.045, no terceiro parágrafo do número 2 do artigo 3º, onde di: «... dimensión mínima 19 cm ou 21 cm, e cota de 8 exemplares por persoa e xornada», debe dicir: «... dimensión mínima 19 cm ou 21 cm, e cota de 10 e 8 exemplares por persoa e xornada, respectivamente». Na páxina 3.045, no cuarto parágrafo do número 2 do artigo 3º, onde di: «... dimensión mínima 23 cm e cota de 5 exemplares por persoa e xornada», debe dicir: «... dimensión mínima 23 cm e cota de 8 exemplares por persoa e xornada». Na páxina 3.045, no comezo do número 2 do artigo 4º, débese incluír o seguinte parágrafo: «Con carácter xeral, prohíbense aqueles engados e tamaños de anzol prohibidos para salmónidos na mesma masa de auga e no mesmo período». Na páxina 3.045, no artigo 5º e mais no artigo 6º, débese incluír un novo punto co seguinte contido: «Engados. Con carácter xeral, prohíbense aqueles engados e tamaños de anzol prohibidos para salmónidos na mesma masa de auga e no mesmo período». Na páxina 3.046, ao final do artigo 11º, débese incluír o seguinte parágrafo: «A partir do 15 de agosto, nos encoros autorizados todo o ano para ciprínidos e perca negra (anexo VI), serán hábiles todos os días da semana». Na páxina 3.047, no derradeiro parágrafo do artigo 14º, onde di: «... nos encoros que se relacionan nos anexos VII e VIII desta orde, ...», debe dicir: «... nos encoros que se relacionan nos anexos VI e VII desta orde, ...». Na páxina 3.047, no artigo 15º, onde di: «... só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos boiantes naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos anexos VII e VIII desta orde, ...», debe dicir: «... só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos boiantes nas zonas de desembocadura e naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos anexos VI e VII desta orde, ...». Na páxina 3.047, no artigo 18º, onde di: «Apróbase a normativa dos coutos de pesca que figura no anexo X desta orde», debe dicir: «Apróbase a normativa dos coutos de pesca que figura no anexo XI desta orde». Na páxina 3.049, nas masas de auga habitadas polo reo (anexo III), na ringleira correspondente ao río Uma, columnas encabezadas por «Límite superior» e «km», onde di: «Ponte Alta (Salvaterra de Miño)» e «6», respectivamente, debe dicir: «Nacemento (A Cañiza)» e «19». Na páxina 3.049, na táboa correspondente á bacía do Sil (anexo IV), na ringleira correspondente aos ríos San Miguel, San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, débese incluír o río Cernado. Na páxina 3.050, na cabeceira do anexo V, onde di: «... dimensión mínima da troita de 19 ou 21 centímetros e cota de captura de 8 exemplares por persoa e xornada ...», debe dicir: «...dimensión mínima da troita de 19 ou 21 centímetros e cota de captura de 10 e 8 exemplares por persoa e xornada, respectivamente ...». Na páxina 3.052, na táboa da bacía do Miño (anexo V), nas ringleiras correspondentes aos ríos Gaiola e do Grañal, onde di: «Rego Seco (Esgos)» e «Ponte Laioso (Paderne de Allariz)», debe dicir: «Rego Seco (Paderne de Allariz)» e «Ponte Laioso (Esgos)». Na páxina 3.054, no punto do anexo VIII correspondente ao río Lor e afluentes, onde di: «... a ponte da estrada Monforte de Lemos-Quiroga no km 503 (concellos de Bóveda e Quiroga) ...» e «... a desembocadura do regato Loureiro en Paramedela (concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Bóveda) ...», debe dicir: «... a ponte da estrada Monforte de Lemos-Quiroga no km 503 (concello de Quiroga) ...» e «... a desembocadura do regato Loureiro en Paramedela (concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e A Pobra do Brollón) ...». No anexo IX, nas masas de auga vedadas na provincia da Coruña, débese incluír a seguinte veda: Masa de auga: río Anllóns. Concello: A Laracha. Límite superior: ponte a 700 m augas arriba da área recreativa de Gabenlle (A Laracha). Límite inferior: Ponte Formigueiro (A Laracha). Lonxitude: 2,9 km. Na páxina 3.056, nas masas de auga vedadas na provincia de Lugo (anexo IX), na ringleira correspondente ao río Chamoselo, columnas encabezadas por «Límite inferior» e «km», onde di: «Desembocadura no couto das Pontes (As Pontes de García Rodríguez)» e «17,0», respectivamente, debe dicir: «Muíño da Casanova, aproximadamente a 1 km da desembocadura no couto das Pontes (As Pontes de García Rodríguez)» e «16,0». Na páxina 3.057, nas masas de auga vedadas na provincia de Ourense (anexo IX), debe suprimirse a ringleira correspondente ao río Búbal. Na páxina 3.058, nas masas de auga vedadas na provincia de Pontevedra (anexo IX), na ringleira correspondente aos ríos Gafos e Tomeza, debe incluírse na derradeira columna o texto «Afluentes». No anexo IX, nas masas de auga vedadas na provincia de Pontevedra, débese incluír a seguinte veda: Masa de auga: río do Con. Concello: Vilagarcía de Arousa. Límite superior: nacemento (Vilagarcía de Arousa). Límite inferior: presa do encoro do Con (Vilagarcía de Arousa). Lonxitude: 3,1 km. Afluentes: incluídos. Na páxina 3.059, no anexo X, débese incluír o seguinte réxime especial da provincia da Coruña: «-Lagoa da Frouxeira (Valdoviño). Autorízase a pesca de especies de esteiro (robaliza, muxo, solla...) e anguía durante todo o ano». Nas páxinas 3.061 e 3.062, nos coutos da provincia de Lugo (anexo XI), nas ringleiras correspondentes aos coutos de Begonte, Navia, Penamil-tramo 2 e San Martiño da Ribeira, columna encabezadas por «cm troita», onde di: «19», debe dicir: «21». Nas páxinas 3.060 a 3064, nas táboas do anexo XI, as cotas de captura de troita en cada un dos coutos deberán ser modificadas no seguinte sentido: os coutos con dimensión mínima 19 cm terán unha cota de 10 troitas por persoa e xornada, e os coutos con dimensión mínima 21 cm terán unha cota de 8 troitas por persoa e xornada. Na páxina 3.063, nos coutos da provincia de Ourense (anexo XI), nas ringleiras correspondentes aos coutos do Carballiño sen morte e O Carballiño-tramo 2, columnas encabezadas por «Límite superior» e «Límite inferior», onde di: «Presa da piscifactoría da Unión de Galicia», debe dicir: «Presa da piscifactoría da Xunta de Galicia». Na páxina 3.064, nos coutos da provincia de Pontevedra (anexo XI), na ringleira correspondente ao couto de Soutomaior, columna encabezada por «Cat», onde di: «Reo», debe dicir: «Troita».
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
CEO22022006.pdf Galego
CEO22022006.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles