Anuncio do 17 de febreiro de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental formulada por esta dirección xeral o 13 de xaneiro de 2005, relativa ao proxecto de planta de transferencia de residuos urbanos no Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), promovido por Sogama. (Clave 0210/2004).

Diario Oficial de Galicia, 07-03-2005, Núm. 45, Páx. 3827
Anuncio do 17 de febreiro de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental formulada por esta dirección xeral o 13 de xaneiro de 2005, relativa ao proxecto de planta de transferencia de residuos urbanos no Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), promovido por Sogama. (Clave 0210/2004). Pola presente faise público o contido da declaración de impacto ambiental do proxecto de planta de transferencia de residuos urbanos no Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), promovido por Sogama: Antecedentes. O obxecto do proxecto é a realización dunha estación de transferencia de residuos urbanos no Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), para minimizar a xestión do transporte dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU) ata o centro de tratamento. No anexo I resúmese o proxecto. Tendo sido cualificado o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental, en cumprimento do establecido regulamentariamente, con data de publicación no Diario Oficial de Galicia do 16 de setembro de 2004 (nº 181) publícase a Resolución do 3 de setembro de 2004 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental da planta de transferencia de residuos sólidos urbanos. O 7 de setembro de 2004 solicítase informe ao Concello de Santiago de Compostela indicando que, no caso de non emitirse informe no prazo legalmente establecido, entenderíase que por parte dese organismo non existen obxeccións a realización do proxecto, proseguindo coa tramitación administrativa. Transcorrido e superado o citado prazo e non tendo constancia da emisión do citado informe por parte do concello, proséguese coa tramitación do expediente, de conformidade co artigo 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. O 27 de outubro de 2004 recíbense os resultados do trámite de información pública enviados pola Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña, tendo constancia da presentación das alegacións por parte de diversos particulares, que son tidas en conta no que procede nesta declaración. O 5 de outubro de 2004 a Subdirección Xeral de Calidade Ambiental emite informe respecto do proxecto o 8 do mesmo mes recíbense os emitidos polas direccións xerais de Saúde Pública e Patrimonio Cultural. O 3 de xaneiro de 2005 recíbese un segundo informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Á vista das alegacións e dos informes, o 22 de novembro e 21 de decembro de 2004 e o 3 de xaneiro de 2005, Sogama presenta documentación que achega información adicional a EsIA. Formalizada a tramitación, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 106/2004, do 27 de maio, formula para os únicos efectos ambientais, a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de planta de transferencia de residuos no concello de Santiago de Compostela. Declaración de impacto ambiental Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última. Ademais do obrigado cumprimento das citadas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano poderá ditar para os sos efectos ambientais condicionados adicionais aos anteriores. As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor co obxecto de incorporar medidas que achegen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a esta declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral. a) Ámbito da declaración. Esta declaración de impacto ambiental refírese á construción e explotación á planta de transferencia de residuos urbanos definida no Proxecto Básico de Planta de Transferencia Santiago de Compostela (A Coruña). Xullo 2004 localizada de acordo co plano recollido no anexo ao EsIA do proxecto básico de construción da planta. Todo iso sen menoscabo do que se derive do cumprimento do exposto no punto B.5 desta DIA. b) Condicións xerais. 1. Sobre a protección da atmosfera. Co fin de evitar, tanto na fase de obra como na de funcionamento da planta de transferencia, a posible emisión po á atmosfera como resultado dos movementos de terra e da descarga dos camións de residuos, consideraranse as seguintes medidas: * Durante a fase de obras humectaranse as zonas con materiais pulverulentos. * Durante as obras, lavaranse as rodas dos camións de transporte, tanto á saída da zona de obra como no lugar de procedencia dos materiais. * Os camións que transporten materiais pulverulentos e/ou materiais de baixo peso que poidan ser transportados polo aire, deberán ir cubertos con lonas ou similar. * Os camiños de acceso á planta deberán estar asfaltados e realizaranse labores de mantemento para garantir o seu correcto estado de conservación. De acordo co recollido no estudo, no caso de deterioración dalgún camiño polo paso de maquinaria necesaria para a obra, este será reparado. Tanto na fase de realización das obras como na explotación da instalación, haberá que aterse ao disposto no título II do anexo á Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto de 1997), e o disposto, se é o caso, nas ordenanzas municipais ao respecto. As medicións de ruídos realizaranse conforme ao disposto, o Decreto 150/1999 polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica (DOG nº 100, do 27 de maio), debendo ser efectuadas por entidade homologada. Na planificación das rutas e horarios de recollida e transporte ata a planta de transferencia, primarase a minimización da afección aos habitantes das casas e núcleos do contorno. 2. Sobre as augas. Non estando definida no estudo presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón ou aglomerados asfálticos, estes necesariamente serán provistos desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións. Realizarase unha rede de drenaxe de augas pluviais que evite o seu contacto coa zona de operación. Esta rede deberá ser independente do sistema de tratamento de augas fecais e de limpeza. Nos puntos de vertedura das augas pluviais ao medio, disporanse disipadores de enerxía, co obxecto de evitar procesos erosivos. A captación de augas para utilización na planta de transferencia precisará título administrativo para o seu aproveitamento, autorización, ou o correspondente permiso de conexión con rede de abastecemento. 3. Sobre o solo. Durante a fase de construción separarase e amorearase a terra vexetal, que será empregada posteriormente na adecuación das zonas axardinadas, tomándose as medidas necesarias para o seu correcto mantemento durante o período de amoreamento. Nos movementos de terras equilibrarase ao máximo o volume de desmonte co de terraplén. En calquera caso, se tras a obra existise aínda material sobrante das escavacións, será levado e depositado en lugar autorizado por órgano competente, e no caso de non ser suficiente a terra vexetal amoreada, empregaranse solos reciclados. Localizaranse as zonas destinadas a instalacións auxiliares, amoreamentos de materiais, almacenamento de residuos, etcétera, primando o uso dos espazos ocupados pola traza fronte a calquera outro, procurando que se sitúen en áreas carentes de valores ambientais. Os residuos da obra de execución da planta xestionaranse de acordo coa súa natureza e a lexislación vixente. No caso de pertencer aos clasificados como non perigosos, disporanse os medios necesarios para a súa recollida selectiva e a reutilización no caso de que sexa posible. En calquera caso, estes residuos acumularanse diariamente nun lugar apropiado que deberá estar previamente definido e que deberá ter as características que garantan unhas adecuadas condicións de almacenamento. A periodicidade de baleirado deste almacenamento será semanal. Ao longo das fases de obra e explotación, as tarefas de mantemento, reparación e cambios de aceite da maquinaria móbil, farase en talleres autorizados. En ningún momento poderán acumularse no lugar materiais procedentes das máquinas e vehículos que serven para realizar as distintas obras. A xestión dos aceites provenientes de equipos e maquinaria da planta, deberá cumprir os requisitos da normativa vixente, para iso, aceites e graxas usadas resultado do mantemento da instalación, almacenaranse nunha zona previamente definida e destinada para tal fin, debendo incluír no programa de vixilancia e seguimento ambiental o control do seu correcto almacenamento e a súa entrega a xestor autorizado. 4. Sobre a fauna e a vexetación. A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ao estritamente necesario, efectuándose sempre mediante sistemas de roza. Será preciso xestionar a biomasa vexetal eliminada primando a súa valorización, e de non se posible, evitarase a queima destes restos no lugar. 5. Sobre o patrimonio arqueolóxico. Cumprirase co recollido no informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e en calquera caso, para fases posteriores haberá que estar ao que dispoña esa dirección xeral. 6. Plan de seguimento e vixilancia ambiental. Desenvolverase un novo programa de vixilancia ambiental, baseado nas liñas xerais expostas no EsIA e adaptándoo aos novos condicionantes xurdidos da presente declaración. Ademais, neste programa deberán constar a localización dos puntos de mostraxe, a metodoloxía que se vai empregar, a periodicidade dos controis e, se é o caso, os límites que se van a cumprir. O obxecto deste programa será garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras consideradas no estudo ambiental e no condicionado desta declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado desta DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas. Na realización do control e seguimento ambiental terase en conta que a toma de mostras, analíticas e medicións deberán ser realizadas por entidades homologadas e/ou acreditadas, e deberán ir acompañadas de informe asinado polo técnico competente. Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, designarase un responsable do seguimento deste plan e coordinación coa Administración. c) Condicións específicas. 1. Durante as obras e a explotación. Co fin de evitar o contacto dos residuos coa chuvia, cubrirase toda a superficie de transferencia de residuos: tolva, zona de descarga e área de compactación, tal e como vén indicado no proxecto. Realizarase un recubrimento de formigón da área de transferencia de residuos, protexendo ao subsolo de accidentais infiltracións de augas. Co fin de restaurar o lugar, como remate das obras executarase o axardinamento da parcela, que deberá ter asociado un plan de labores de mantemento que se van realizar. Terase en conta na realización do axardinamento que a parcela deberá quedar rodeada cunha sebe perimetral composto por árbores perennes e autóctonas que constituirán unha barreira visual. Tendo en conta a proximidade de vivendas habitadas a zona na que se vai instalar a planta, e co fin de minimizar o ruído emitido, adoptaranse as seguintes medidas na execución: * Illamento acústico de todos aqueles elementos da planta que produzan niveis elevados de ruído (xeradores de enerxía, sistemas de ventilación, ...). * Dotar a nave de capa sándwich (aceiro-poliuretano-aceiro). * Tendo en conta o horario de funcionamento previsto, que inclúe o período nocturno, naquelas zonas da parcela que se atopen máis próximas a zonas habitadas reforzaranse as barreiras arbóreas con pantallas acústicas. Debendo adoptarse este tipo de medidas protectoras, se os resultados das medicións de ruído así o aconsellan, nas zonas de tránsito de vehículos que se atopen fóra da nave. Extremaranse as medidas que se vaian adoptar co fin de evitar a posible xeración de po e olores que poidan ser percibidos polos habitantes da zona. Así: * Manterase en perfecto estado a cuberta da zona de traballo. * Respecto da tolva de descarga: - Atoparase sempre en depresión, mediante un sistema de aspiración e filtraxe de aire. - Realizaranse aos labores de mantemento necesarios para asegurar o correcto funcionamento do sistema de aspiración e filtraxe que se vai colocar sobre a cubrición individual da tolva. - Minimizaranse os tempos de permanencia dos residuos nesta tolva. * As comportas de acceso a nave manteranse abertas o menor tempo posible, sendo este o estritamente necesario para realizar a operación correspondente. Co fin de evitar a xeración de efluentes contaminados: * Non se permitirá a saída de lixiviados dos contedores pechados. * Os vehículos de transferencia de alta capacidade non se lavarán na planta de transferencia. As augas de lavado (producidas na limpeza diaria das explanadas) discorrerán a través dun circuíto pechado no que se incluirá unha depuradora. Namentres non se dispoña de conexión con rede de saneamento as augas de lavado da instalación e as augas fecais procedentes dos aseos que non sexan recirculadas, acumularanse nun depósito e entregaranse a un xestor autorizado, quedando prohibido expresamente a vertedura destas augas ao medio. No momento en que se realice a conexión coa rede de saneamento da futura ampliación do polígono industrial, as características destes efluentes deberán cumprir cos valores determinados na correspondente autorización desenvolvendo, se fose necesario, sistemas de tratamento. No caso de que se produzan lodos como consecuencia da recollida de efluentes (augas fecais e de limpeza) estes serán recollidos e entregados a xestor autorizado. Para evitar a aparición de especies asociadas ao lixo (roedores, insectos,...) deberán realizarse labores periódicos de desinfección e desratización da planta. Dentro do plan de vixilancia e seguimento ambiental terase en conta o seguinte: - Antes de dous (2) meses desde a finalización das obras remitirase a esta dirección xeral a seguinte documentación: a) cartografía de detalle onde aparezan os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras. b) reportaxe fotográfica das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos. c) certificación da calidade dos elementos e dos materiais empregados para as operacións de protección e corrección ambiental. d) definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras. - Co fin de comprobar a afección ou non da planta sobre os niveis sonoros do contorno, deberá realizarse unha medición do nivel de ruído no prazo dun (1) mes desde a posta en funcionamento da planta de transferencia. Para a realización destas medicións tomaranse como puntos de control os adoptados no informe de inspección de nivel de fondo e, no caso de detectar a superación dos límites legais ou un incremento significativo respecto do nivel de fondo, adoptaranse as medidas correctoras oportunas. - O programa de seguimento e vixilancia ambiental durante o funcionamento da planta deberá axustarse aos criterios establecidos no informe sobre a proposta de plan de control e vixilancia ambiental das instalacións propiedade de Sogama para o período xuño 2003 -xuño 2004, debendo integrar o resultado e conclusións deste programa no informe anual que inclúa todas as plantas de transferencia. 2. Previo ao abandono. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor elaborará no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da planta, un plan onde se describan todas as actualizacións necesarias para o desmantelamento. Este plan incluirá a desmontaxe e retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a un xestor autorizado para a súa correcta eliminación, e a restitución dos terreos e servizos afectados e das zonas afectadas pola desmontaxe. Así mesmo incluirá nesta documentación o cronograma estimado destas actuacións. 3. Durante o abandono. Na fase de abandono levaranse a cabo todas as actuacións necesarias para recuperar a zona ocupada polo proxecto conforme ao plan requirido no punto anterior desta DIA. 4. Posteriormente ao abandono. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor elaborará, no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono da planta, un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Esta documentación incluirá unha reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono. Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2005. José Manuel Álvarez-Campana Gallo Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ANEXO I - Resumo do proxecto O obxecto do proxecto é a realización dunha estación de transferencia de residuos urbanos no Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), para minimizar a xestión do transporte dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU) ata o centro de tratamento. Para iso, os RSU son descargados sobre unha tolva de recepción que alimenta un compactador, no que son empaquetados dentro de contedores estancos. Unha vez que estes estean cheos, procederase á súa carga e transporte ata o centro de tratamento. A planta situarase nunha parcela próxima á AP-9 na aldea de Formarís, e ocupará unha superficie aproximada de 800 m. A súa capacidade queda determinada pola capacidade do compactador que se atopa en 90 t/h, o que supón que, no caso de funcionamento en continuo durante as 24 h do día, a capacidade diaria máxima sexa de 2.170 toneladas. A parcela na que se instalará a planta e os terreos limítrofes están dedicados a cultivos, prados de sega ou teñen sido revexetados con especies artificiais (piñeiros e eucaliptos), sendo o seu destino futuro a inclusión na ampliación do Polígono Industrial de Tambre.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res17022005.pdf Galego
res17022005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles