Anuncio do 1 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a resolución que modifica unha anterior do 4 de febreiro de 2002, pola que se determina a documentación precisa para obter a certificación de validación de investimentos destinada á proteción do medio.

Diario Oficial de Galicia, 14-06-2005, Núm. 113, Páx. 10362
Anuncio do 1 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a resolución que modifica unha anterior do 4 de febreiro de 2002, pola que se determina a documentación precisa para obter a certificación de validación de investimentos destinada á proteción do medio. O Real decreto 1777/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre socie dades establece no seu artigo 33, punto a, que os suxeitos pasivos poderán deducir da cota íntegra o 10% do importe dos investimentos realizados en elementos patrimoniais do inmobilizado material destinados á protección do medio, consistentes en instalacións que teñan por obxecto algunha das seguintes finalidades: 1ª Evitar ou reducir a contaminación atmosférica procedente das instalacións industriais. 2ª Evitar ou reducir a carga contaminante que se verta ás augas superficiais, subterráneas e mariñas. 3ª Favorecer a redución, recuperación ou tratamento correctos desde o punto de vista ambiental dos residuos industriais. A base do cálculo da dedución será o prezo da adquisición ou custo de produción. O artigo 38 define os requisitos da dedución por instalacións destinadas á protección do medio e á certificación de validación do investimento ambiental, indicando que para practicar a dedución deberán cumprirse os seguintes requisitos. Que os investimentos teñan por obxecto específico algunha das finalidades descritas no citado artigo 33. No caso de que os investimentos non teñan por obxecto exclusivo algunha das citadas finalidades, deberá poderse identificar a parte deles destinados á protección do medio. Que o investimento se realice para dar cumprimento á normativa vixente en materia de ambiente sobre emisións á atmosfera, verteduras ás augas e produción, recuperación e tratamento de residuos industriais ou para mellorar as exixencias establecidas na dita normativa. Entenderase que o investimento cumpre este requisito sempre que se efectúe dentro dos prazos e nas condicións previstas na citada normativa. Que o investimento se leve a cabo en execución de plans, programas, convenios ou acordos aprobados ou celebrados coa Administración competente en materia ambiental. A proba do cumprimento deste requisito realizarase mediante a certificación de validación do investimento expedida pola referida Administración. Para poder realizar a certificación, a Administración deberá comprobar que se cumpren os citados requisitos, e para iso, por Resolución do 4 de febreiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental determinou a documentación precisa que deben presentar as empresas que con carácter voluntario queiran solicitar a certificación de validación de investimentos destinados á protección do ambiente. A experiencia acumulada recomenda a revisión de tal resolución para acadar unha exixencia sufi ciente pero ponderada, á vez que optimizar a xestión administrativa, por iso, RESOLVO: Primeiro.-A documentación precisa para obter a certificación de validación de investimentos destinados á protección do medio para os efectos de aplicar a dedución correspondente, regulada no Real decreto 1777/2004, do 30 de xullo, e co fin de determinar a idoneidade dos investimentos realizados coa función protectora do medio, será a que se relaciona no anexo desta resolución. Segundo.-A Administración de ter coñecemento dos investimentos realizados por unha empresa en inmobilizado material coa función protectora do medio, segundo o establecido no Real decreto 1777/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o imposto de sociedades, poderá de oficio pórse en contacto coa dita empresa para comunicarlle a posibilidade de validar os investimentos mencionados. Terceiro.-Esta resolución deixa sen efectos a anterior de data 4 de febreiro de 2002, DOG nº 35, do luns 18 de febreiro de 2002. Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2005. José Manuel Álvarez-Campana Gallo Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ACTIVIDADES INDUSTRIAIS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
11300DGal.pdf Galego
11300D042PCast.PDF Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles