Sobre GaIA

Solicitude de alta na Plataforma

GaIA


A Plataforma GaIA permite que sexa a propia empresa a que teña a capacidade de xestionar os seus propios usuarios á par que permitirá un control de acceso mediante certificado electrónico ou usuario e contrasinal persoal para cada usuario. Para poder traballar axeitadamente coa plataforma GaIA a empresa debe ter activa unha conta de empresa e dar de alta, como mínimo, un usuario con permiso de asinante. Se a súa empresa ten inscricións no Rexistro de produción e xestión de residuos como xestor ou produtor de residuos, o representante legal da empresa poderá solicitar a alta na nova plataforma. Automaticamente xerarase a nome deste representante un usuario asociado a esa conta que será a partir dese momento o administrador da mesma e será o único que poderá crear novos usuarios e dar de baixa os existentes.


ALTA DUNHA CONTA DE EMPRESA. Requisitos previos:

1. Ter instalado un certificado electrónico válido para autenticarse perante o sistema.

Poderá dispor dalgún dos seguintes certificados electrónicos de usuario correctamente instalado no seu ordenador. Pinche nos enlaces para atopar máis información ó respecto.

Despois da súa instalación pode utilizar a seguinte ferramenta para validar que ditos certificados funcionan correctamente:  https://valide.redsara.es/valide/

2. O certificado debe estar a nome dun representante legal da empresa ou a nome da empresa en si (pero sempre vencellado a unha persoa física que sexa representante legal).

Nota: En caso de que o representante legal non figure no Rexistro de Produción e Xestión de residuos, debe acreditalo documentalmente. Para iso debe dirixirse ao órgano perante o cal tramitou a súa inscrición e/ou autorización previamente á solicitude de alta da conta. Atope o órgano ao cal debe dirixirse aquí.

GaIA eResiduos. Quen ten obriga de utilizar esta aplicación

GaIA eResiduos


O artigo 29 da Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia indica que TODOS os documentos relacionados cos traslados de residuos dentro do ámbito da comunidade autónoma serán presentados ante o órgano competente da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en formato electrónico a través da plataforma habilitada para o efecto, de conformidade co previsto nesta lei e na normativa que a desenvolva, neste caso a plataforma GaIA eResiduos.


Todos os OPERADORES de traslados (estén ou non inscritos no RXPXRG) deben presentar os documentos de traslado en GaIA eResiduos.

RD 553/2020. OPERADOR DO TRASLADO - Persoa que pretende trasladar ou facer trasladar residuos para o seu tratamento e en quen recae a obrigan de notificar o traslado.
1. Produtor do residuo
2.Novo produtor (que realice operacións de tratamento previo, mezcla, …)
3. Xestor de almacenamento en caso de recollida a varios productores, ou en caso de entrega a xestor de tratamento.
4. Negociante
5. Axente
6. Posuidor

ADEMAIS:

Artigo 26.2: Os suxeitos produtores de residuos perigosos, os suxeitos produtores de residuos non perigosos que produzan máis de 1.000 toneladas anuais e aqueles suxeitos pequenos produtores de residuos perigosos que se determinen regulamentariamente, cando produzan residuos en instalacións situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, están obrigados a levar o arquivo cronolóxico de xeito telemático a través da plataforma habilitada para ese efecto pola consellaría competente en materia de residuos.
Artigo 27.5: Os suxeitos xestores que leven a cabo operacións de tratamento, incluída a almacenaxe de residuos, en instalacións situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán levar o arquivo cronolóxico de xeito telemático a través da plataforma habilitada para ese efecto pola consellaría,

Así teñen deber de levar o arquivo cronolóxico a través da plataforma GAIA  eResiduos: 

  •  Produtores de residuos perigosos que xeren mais de 10  t/año.
  • Produtores de residuos non perigosos que xeren mais de 1.000  t/año.
  • Produtores de residuos sanitarios.
  • Xestores de residuos que leven a cabo operacións de tratamento: almacenamento, eliminación ou valorización (incluídas as plantas móbiles).
Que hai que facer no caso de cambio de domicilio social, NIF, baixa de actividade, etc?

A empresa debe comunicalo á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.


A empresa debe comunicalo á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e achegar a documentación pertinente.


A empresa debe comunicalo á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e achegar a documentación pertinente:

  • No caso de nova razón social e mesmo NIF/CIF, achegarase a acta de constitución da nova empresa.
  • No caso de nova razón social e novo NIF/CIF, achegarase a acta de constitución da nova empresa e novo CIF/NIF (copias compulsadas), e tramitarase como unha nova solicitude.

No caso de que teña depositada unha fianza ambiental, deberá constituír unha nova fianza e solicitar a devolución da que estaba depositada.

Quen é responsable do residuo mentras se realiza o transporte?

O transportista non asume responsabilidad.


O transportista non asume responsabilidad, so actúa como intermediario.


O produtor do residuo é responsable do mesmo ata que o entrega a un xestor autorizado, polo tanto o transportista non asume a responsabilidade do residuo senón que actúa como intermediario.

Que é o rexistro telemático?

É quen recibe a entrada ou saida de tramites electrónicos.


Mediante o Decreto 164/2005 creouse o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia para a recepción ou saída de solicitudes, escritos e comunicacións por vía telemática.


Mediante o Decreto 164/2005 creouse o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia para a recepción ou saída de solicitudes, escritos e comunicacións por vía telemática, e mediante sinatura electrónica, para aqueles procedementos que son obxecto de tramitación electrónica.

Que é a sinatura electrónica?

O certificado dixital é totalmente gratuito en la Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.


A sinatura electrónica avanzada substitúe a sinatura manual.


A sinatura electrónica permite identificar ao asinante e detectar calquera cambio posterior dos datos asinados. Cun certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT) o usuario poderá asinar telemáticamente os documentos de traslado.

O certificado dixital é totalmente gratuíto en la Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.

Quen pode ser usuario?

Quien usa GaIA.


Nesta páxina encontrará información sobre quenes son os usuarios de GaIA.


Todas as empresas produtoras de residuos perigosos que entreguen os seus residuos a xestores autorizados en Galicia. 

Todos os xestores de residuos perigosos autorizados en Galicia.

Vantaxes do procedemento telemático

O procedemento telemático é máis rápido.


O procedimiento telemático axiliza os trámites.


Cun único preaviso pode facer varios traslados. 

Os datos do traslado so sé introducen unha vez, utilizando a mesma información tanto para a notificación previa como para a emisión do documento de control e seguimento. 

Os documentos de traslado, unha vez asinados dixitalmente, preséntanse de forma inmediata ante a Administración e o xestor. 

As notificacións previas (NPT) e os documentos de traslado emitidos quedan rexistrados no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, sen necesidade de presentalos periódicamente en formato papel ante a Administración. 

Pode obter a relación de traslados realizados para incluír directamente na declaración anual.

Que tipo de traslados se poden tramitar telemáticamente?

Listado de traslados que se pueden tramitar telemáticamente.


Nesta páxina encontrará a lista de traslados que se poden tramitar telmáticamente e os documentos asociados.


Recollida dun mesmo residuo a varios pequenos produtores por parte dun xestor-recolledor (documento SXCR-1) 

Recollida de varios residuos a un mesmo pequeno produtor por parte dun xestor-recolledor (documento SXCR-3) 

Recollida dun residuo a un gran produtor por parte dun xestor (Documento de Control e Seguimento-DCS)

Como e onde se deposita a fianza ambiental?

Os documentos acreditativos dos avais depositaranse, ata a súa cancelación, na Caixa de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda.


A fianza pode entregarse en metálico, en títulos de débeda pública ou mediante aval outorgado por un establecemento de crédito.


A fianza poderá constituírse de calquera das seguintes formas:

  • En metálico
  • En títulos da Débeda Pública do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Mediante aval outorgado por un establecemento de crédito (banco, caixa de aforros, cooperativa de crédito ou sociedade de garantía recíproca, debidamente autorizados e inscritos no rexistro que lle corresponda)

Os documentos acreditativos dos avais depositaranse, ata a súa cancelación, na Caixa de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda ou en calquera das súas delegacións territoriais.

Dispón de máis información sobre a fianza ambiental no apartado trámites