Solicitud de alta en la Plataforma
ALTA DUNHA CONTA DE EMPRESA. Requisitos previos:
1. Ter instalado un certificado electrónico válido para autenticarse perante o sistema.
Poderá dispor dalgún dos seguintes certificados electrónicos de usuario correctamente instalado no seu ordenador. Pinche nos enlaces para atopar máis información ó respecto.
- DNI electrónico (DNIe)

- Fábrica Nacional de Moeda e Timbre
(FNMT - Persoa física/FNMT - Persoa xurídica)
Despois da súa instalación pode utilizar a seguinte ferramenta para validar que ditos certificados funcionan correctamente: https://valide.redsara.es/valide/![]()
2. O certificado debe estar a nome dun representante legal da empresa ou a nome da empresa en si (pero sempre vencellado a unha persoa física que sexa representante legal).
Nota: En caso de que o representante legal non figure no Rexistro de Produción e Xestión de residuos, debe acreditalo documentalmente. Para iso debe dirixirse ao órgano perante o cal tramitou a súa inscrición e/ou autorización previamente á solicitude de alta da conta. Atope o órgano ao cal debe dirixirse aquí.
GaIA eResiduos. Quien tiene obligación de utilizar esta aplicación
Todos os OPERADORES de traslados (estén ou non inscritos no RXPXRG) deben presentar os documentos de traslado en GaIA eResiduos.
RD 553/2020. OPERADOR DO TRASLADO - Persoa que pretende trasladar ou facer trasladar residuos para o seu tratamento e en quen recae a obrigan de notificar o traslado.
1. Produtor do residuo
2.Novo produtor (que realice operacións de tratamento previo, mezcla, …)
3. Xestor de almacenamento en caso de recollida a varios productores, ou en caso de entrega a xestor de tratamento.
4. Negociante
5. Axente
6. Posuidor
ADEMAIS:
Artigo 26.2: Os suxeitos produtores de residuos perigosos, os suxeitos produtores de residuos non perigosos que produzan máis de 1.000 toneladas anuais e aqueles suxeitos pequenos produtores de residuos perigosos que se determinen regulamentariamente, cando produzan residuos en instalacións situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, están obrigados a levar o arquivo cronolóxico de xeito telemático a través da plataforma habilitada para ese efecto pola consellaría competente en materia de residuos.
Artigo 27.5: Os suxeitos xestores que leven a cabo operacións de tratamento, incluída a almacenaxe de residuos, en instalacións situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán levar o arquivo cronolóxico de xeito telemático a través da plataforma habilitada para ese efecto pola consellaría,
Así teñen deber de levar o arquivo cronolóxico a través da plataforma GAIA eResiduos:
- Produtores de residuos perigosos que xeren mais de 10 t/año.
- Produtores de residuos non perigosos que xeren mais de 1.000 t/año.
- Produtores de residuos sanitarios.
- Xestores de residuos que leven a cabo operacións de tratamento: almacenamento, eliminación ou valorización (incluídas as plantas móbiles).
¿Qué hay que hacer en el caso de cambio de domicilio social, NIF, baja de actividad, etc.?
A empresa debe comunicalo á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e achegar a documentación pertinente:
- No caso de nova razón social e mesmo NIF/CIF, achegarase a acta de constitución da nova empresa.
- No caso de nova razón social e novo NIF/CIF, achegarase a acta de constitución da nova empresa e novo CIF/NIF (copias compulsadas), e tramitarase como unha nova solicitude.
No caso de que teña depositada unha fianza ambiental, deberá constituír unha nova fianza e solicitar a devolución da que estaba depositada.
¿Quién es responsable del residuo mientras se realiza el transporte?
O produtor do residuo é responsable do mesmo ata que o entrega a un xestor autorizado, polo tanto o transportista non asume a responsabilidade do residuo senón que actúa como intermediario.
¿Qué es el registro telemático?
Mediante o Decreto 164/2005 creouse o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia para a recepción ou saída de solicitudes, escritos e comunicacións por vía telemática, e mediante sinatura electrónica, para aqueles procedementos que son obxecto de tramitación electrónica.
¿Qué es la signatura electrónica?
A sinatura electrónica permite identificar ao asinante e detectar calquera cambio posterior dos datos asinados. Cun certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT) o usuario poderá asinar telemáticamente os documentos de traslado.
O certificado dixital é totalmente gratuíto en la Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.
¿Quién puede ser usuario?
Todas as empresas produtoras de residuos perigosos que entreguen os seus residuos a xestores autorizados en Galicia.
Todos os xestores de residuos perigosos autorizados en Galicia.
Ventajas del procedimiento telemático
Cun único preaviso pode facer varios traslados.
Os datos do traslado so sé introducen unha vez, utilizando a mesma información tanto para a notificación previa como para a emisión do documento de control e seguimento.
Os documentos de traslado, unha vez asinados dixitalmente, preséntanse de forma inmediata ante a Administración e o xestor.
As notificacións previas (NPT) e os documentos de traslado emitidos quedan rexistrados no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, sen necesidade de presentalos periódicamente en formato papel ante a Administración.
Pode obter a relación de traslados realizados para incluír directamente na declaración anual.
¿Qué tipo de traslados se pueden tramitar telemáticamente?
Recollida dun mesmo residuo a varios pequenos produtores por parte dun xestor-recolledor (documento SXCR-1)
Recollida de varios residuos a un mesmo pequeno produtor por parte dun xestor-recolledor (documento SXCR-3)
Recollida dun residuo a un gran produtor por parte dun xestor (Documento de Control e Seguimento-DCS)
¿Cómo y dónde se deposita la fianza ambiental?
A fianza poderá constituírse de calquera das seguintes formas:
- En metálico
- En títulos da Débeda Pública do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia
- Mediante aval outorgado por un establecemento de crédito (banco, caixa de aforros, cooperativa de crédito ou sociedade de garantía recíproca, debidamente autorizados e inscritos no rexistro que lle corresponda)
Os documentos acreditativos dos avais depositaranse, ata a súa cancelación, na Caixa de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda ou en calquera das súas delegacións territoriais.
Dispón de máis información sobre a fianza ambiental no apartado trámites
