Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e que leven a cabo actividades silvopastorís con gandería extensiva, contribuíndo deste xeito á prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia.
Tamén poderán ser beneficiarias as asociacións ou federacións nas que estas se integren, legalmente constituídas, de produtores de gando cabrún, ovino ou porcino que fomenten entre os seus asociados o silvopastoreo preventivo, mediante a formación e o asesoramento técnico.
As presentes bases teñen como obxecto a ordenación do procedemento para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, no marco do Programa “O que non arde”, de axudas dirixidas a persoas físicas e/ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras da provincia de Lugo, que leven a cabo actuacións de silvicultura preventiva de lumes, mediante silvopastoreo ou pastoreo en extensivo, para o que se incentivará a adquisición de elementos capaces de limitar os danos que poida ocasionar a fauna salvaxe ao gando, ao obxecto de contribuír a previr e minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción dos montes.
A Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo, que se pode consultar na web da entidade, no enderezo electrónico: https://www.deputacionlugo.gal/subvencions
EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data da publicación do extracto desta convocatoria no BOP.
