Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia

Data publicación

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería do Mar - Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Obxecto: tras o sometemento ao primeiro trámite de exposición pública do proxecto de decreto polo se modifica o Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma, no Portal de transparencia e Goberno aberto  realizado entre o 17 de setembro e 15 de outubro de 2025, incorporáronse modificacións sustanciais ao texto, como é a disposición derradeira primeira, que supón unha modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira, para permitir aos armadores de embarcacións ser titulares de concesións ou autorizacións administrativas para a explotacións dos recursos mariños en zona marítima ou marítimo-terrestre.

Por tal motivo, sométese a unha segunda participación pública o texto do citado proxecto normativo.

Prazo para remitir suxestións: 17/06/2026 - 10/07/2026

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0833/proxecto-decreto-polo-que-modifica-decreto-152011-28-xaneiro-polo-que-regulan