Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Plan: Modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal: condicións de posición das edificacións en solo de núcleo rural, concello de Sarria. Promotor: Concello de Sarria. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas). Expediente: 2025AAE2981. O prazo para esta consulta está aberto dende o día 28.2.2025 ata o día 11.4.2025.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 28.2.2025 ata o día 11.4.2025.
