IP da solicitude de autorización administrativa previa, da autorización administrativa de construción e do estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Ferroedo (Lugo).

Data publicación

Información pública

ACORDO do 18 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Ferroedo, sito nos concellos de Bóveda e O Saviñao (Lugo), promovido por Ferroedo Eólica, S.L.U. (expediente IN408A 2024/016).

Ligazón

Prazo: trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.