Decreto polo que se determinan as actuacións dirixidas a reducir e evitar a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias na Comunidade Autónoma de Galicia

Data publicación

O obxectivo deste decreto é a determinación das actuacións dirixidas a reducir e evitar a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a concreción do procedemento aplicable en Galicia e a determinación dos órganos autonómicos competentes en cada caso. En particular determinar o procedemento aplicable na Comunidade Autónoma para a designación das zonas vulnerables, a elaboración dos códigos de boas prácticas agrarias e dos programas de actuación, no marco establecido polo  Real decreto 47/2022, do 18 de xaneiro, sobre  protección das augas contra a contaminación difusa producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo para remitir achegas/opinións: 10/07/2026 - 24/07/2026

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/consulta-publica-previa/consultas-abertas/-/cpp/0281/decreto-polo-que-determinan-actuacions-dirixidas-reducir-evitar-contaminacion