Sométese a información pública a solicitude de concesión da referencia co fin de que no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG calquera persoa que se considere afectada pola dita solicitude formule por escrito as alegacións que considere convenientes.
A proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web, dentro da área temática de Litoral de Galicia:
https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica
As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Ley 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03222).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260720/AnuncioG0760-080726-0002_gl.pdf
