Sométese a información pública a solicitude de concesión da referencia co fin de que no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia calquera persoa que se considere afectada pola dita solicitude formule por escrito as alegacións que considere convenientes.
As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 9/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03222).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260715/AnuncioG0760-070726-0007_gl.html
