ACORDO do 5 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, do proxecto do parque eólico Xesteirón, nos concellos de Chandrexa de Queixa e Montederramo (Ourense), promovido por Engie Proyecto Xesteirón, S.L.U. (expediente IN408A 2020/032B).

Data publicación

Presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º andar, 32003 Ourense), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nos concellos afectados e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260727/AnuncioG0760-090626-0001_gl.pdf