ACORDO do 3 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental dos proxectos do parque eólico Repotenciación Barbanza I (expediente IN408A 2025/007) e do parque eólico Repotenciación Barbanza II (expediente IN408A 2025/006), situados nos concellos do Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Boiro (A Coruña).

Data publicación

Polo exposto, sométese a información pública para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. 

A documentación estará á disposición para a súa consulta nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 82 e 981 18 49 83), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nos concellos afectados. Así mesmo, tamén se poderá consultar no portal web desta consellería a través da seguinte ligazón: https://medioambiente.xunta.gal/ enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260805/AnuncioG0760-060726-0001_gl.pdf