ACORDO do 10 de xullo de 2026, do Servizo do Litoral da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento de concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre para o conxunto da EDAR e área recreativa de Lires, no concello de Cee (A Coruña).

Data publicación

Se somete a información pública a solicitude de concesión da referencia co fin de que no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia calquera persoa que se considere afectada pola dita solicitude formule por escrito as alegacións que considere convenientes.

A proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web, dentro da área temática de Litoral de Galicia: https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica

As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial da Coruña da Consellería Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03220).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260724/AnuncioG0760-100726-0005_gl.pdf