Diario Oficial de Galicia, 19-01-2007, Núm. 14, Páx. 808
Resolución do 9 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se designa o tribunal cualificador e se fixan o lugar e a data de realización da proba teórica tipo test para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante Resolución do 14 de xullo de 2006, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, convócanse as probas para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136, do 14 de xullo de 2006).
Na base sexta da dita resolución establécese que «O tribunal cualificador das probas será designado por resolución do director xeral de Conservación da Natureza, que se publicará no DOG. Nesta resolución fixarase, así mesmo, a data e o lugar de realización das probas».
En virtude da citada competencia,
RESOLVO:
Primeiro.- Proceder ao nomeamento dos membros do tribunal cualificador -titular e suplente-das probas para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:
Tribunal titular.
Presidente:
Jesús Santamarina Fernández, xefe do Servizo de Conservación da Biodiversidade
Secretaria:
Nuria Rodríguez Canabal, funcionaria pertencente á Sección Xurídica da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
Vogais:
Miguel Ángel Alonso Calvo, pertencente ao Servizo Cinolóxico da Garda Civil.
José Luis García Ruano, pertencente ao Servizo Cinolóxico da Compañía da Policía Naval do Terzo Norte.
Román Lewicky, veterinario.
Tribunal suplente.
Presidente:
Rogelio Fernández Díaz, subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade.
Secretario:
José Manuel Pena Regueiro, xefe da Sección de Espazos Naturais.
Vogais:
Luis Ferro Pego, pertencente ao Servizo Cinolóxico da Garda Civil.
José Martínez Núñez, pertencente ao Servizo Cinolóxico da Garda Civil.
Marta Prieto Rodríguez, veterinaria.
De conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, os membros do tribunal poderán ser recusados polos aspirantes por calquera das causas previstas no artigo 28 da dita lei.
Segundo.- A proba teórica realizarase no edificio central da Xunta de Galicia-San Caetano, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, planta soto, salón 2, en Santiago de Compostela, o día 25 de xaneiro de 2007, ás 11.00 horas.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2007.
Xosé Benito Reza Rodríguez
Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango legal
Resolución
Clasificación
PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS